Non queríamos pechar o curso sin amosarvos os avances da nosa hortiña.
Como sabedes, nos últimos meses transformamos un cachiño da nosa escola, convertíndoo nun fermoso horto.
Alí cultivamos leitugas, tomates, pementos e fresas.
Cada mañá unhas das nosas rutinas consistía en coidalo: comprobábamos o tempo (algo que nos indicaba si era preciso regar ou non), observamos o que medrou cada planta, recollemos os froitos, anotamos a recolecta e estivemos moi atentos por si algún animaliño anda á "roubacha" (non é o primeiro caracol que atopamos roendo as nosas leitugas, nin a primeira toupa que decide facer o seu túnel debaixo das nosas fresas...).
Mirade o antes..
O despois...
E o agora!
O que tal medraron as nosas platiñas. Tivemos que poñerlle unhas canas para que medraran dereitiñas:
Todo isto é o reflexo dun duro traballo no que tivemos que regar a diario...
Arrancar as malas herbas...
E vixiar que tódalas plantas estiveran sans...
Mentres traballamos no horto tamén temos tempo de facer xogos...que tal si buscamos as diferenzas?
E mirade que colleitas tan xeitosas!
Encántanos involucrar ás familias nas nosas aventuras e esta vez o reto foi o seguinte:
Cada un levou unha leituga para a casa e tivo que preparar unha rica ensalada con seus ingredientes favoritos...Que pintaza!!
Ao longo do trimestre, fomos engadindo cousiñas novas: xirasoles...
E ata unha palmera a que lle fixemos un cerradiño la mar de bonito. O obxectivo e que cando medre, lle dé un pouquiño de sombra ao noso horto.
O vindeiro curso continuarán as nosas aventuras de horticultores, mentres tanto....
Como dín as nosas avoas e os nosos avós: O saber non ocupa lugar!
E esta vez o que vos traemos vai un paso máis alá...
Chega o verán, unha época na que todos disfrutamos de máis tempo libre, do sol (si é que se instala dun vez por todas 😅), d@s amig@s, da praia.... ai! como nos gusta a praia...pero ollo! As vacacións non implican non ser caut@s, por iso, neste último trimestre recibimos na nosa escola a visita dunha enfermeira: Paula.
Paula non veu soa...venche moi ben acompañada:
Para que era todo iso? Fixemos as nosas apostas...e por algún lado se escoitou un: salvar vidas. Pois non che ía nada mal encamiñado.
Paula dounos unha auténtica clase de primeiros auxilios.
Primeiro, presentounos a este simpático homiño:
Entre todos bautizámolo como: Doctor urxencia, pois si vos fixades na súa camiseta leva un número moi sinxelo de recordar: o 112. Ese número marcarémolo, e será o primeiro que fagamos, sempre que nos atopemos cun accidente.
E que toca despois? Atent@s!
1º Chamalo para intentar despertalo:
2º Arrimar a nosa meixela ao seu nariz para ver se respira:
E nese intre, podemos atoparnos con dúas situacións: que respire ou que non.
Si respira....posición de seguridade! Pero si non....comezamos a reanimación!
- Buscamos o punto no que temos que facer a forza:
- Colocamos as mans e...
Comezamos!
Isto temos que intercalalo co "boca a boca", xa que é a forma de pasarlle aire á persoa que está inconsciente:
Que ben nos sae! Fixádevos no seu peito!
Cantas cousas que recordar, verdade? Pero tranquil@s! Temos un truquiño...que mellor que cunha canción? Está tan de moda na rede que nós tamén quixemos unirnos a este movemento:
Moitas grazas pola túa visita Paula! Agardamos que volvas pronto! Mentres tanto...nós xa temos hit do verán! 😎
Presentámosvos o noso último proxecto: A mitoloxía galega. Un proxecto no que fantasía foi a principal protagonista.
Todo comezou a partir dun conto:
Os troles e as trolesas, son seres desaliñados con moi poucos modais. Pero ademáis diso, cabe destacar que a pillería non é algo que os caracterice, algo que podemos comprobar neste conto.
Grazas a esta lectura, cada un de nós, diseñou ao seu propio trol ou trolesa:
O avoíño Rancañán propúxonos un xogo para coñecer a algúns dos seus amigos do bosque: as fadas.
A través dunhas pistas, tíñamos que ir buscando en que parte do cole estaban agochadas. Ahí vai un exemplo:
O avoíño contounos un montón de cousas sobre elas e nós rexistramos todos os datos:
Pero o máis asombroso foi saber que si conseguíamos polvo de fada auténtico e o esparcíamos por riba das fotos...unha fada en persoa podería aparecer na nosa clase. E sin saber aínda como, atopamos un cofre con....
Polvo de fada!
Fixemos o que nos dixo o avoíño e isto foi o que pasou ao día seguinte:
As fadas cando están diante das persoas, petrifícanse porque é a forma que teñen para protexer os seus poderes. Con ela, traía unha nota na que nos contaba que se chamaba Natura, a fada dos paxariños e que nos traía dous niños para decorar o noso hortiño.
Ao día seguinte...nin rastro de Natura. Sin embargo, o cofre máxico volveu a aparecer, esta vez cheo de estreliñas, pero que podíamos facer?
Variñas máxicas!
A aventura continuou e a nosa seguinte parada foron os trasnos.
É moi dificil ver a un trasno, xa que son moi rápidos, pero si algunha vez oídes o son dun cascabel, estade seguros de que algún anda cerca.
E de súpeto o cofre máxico volveo a aparecer, esta vez cargado de cascabeles cunha nota que decía:
"Este cascabel na mochila amarrarás e boa sorte por sempre ti terás"
Agora tod@s levamos un na nosa mochila e a verdade é...que nos vai moi ben!
Outro dos seres fantásticos sobre os que investigamos foron os unicornios. Conta a lenda que os unicornios aparecen as noites de lúa chea, xa que é a forma de encher os seus cornos de maxia. Atopalos é sumamente complicado, xa que son super silenciosos, pero si tes a sorte de facelo, concederache un desexo!
E como son as casualidades que unha das nosas compañeiras tiña un na mochila.
A nosa investigación continuou polas sereas e os tritóns:
O que máis nos chama a atención son as súas espectaculares colas cheas de escamas brillantes. Pero onde recaen os seus poderes é na súa voz! Así que abre ben as túas orellas cada vez que estes preto do mar, porque a unha serea ou a un tritón, ti poderás escoitar.
Estamos seguros de que a esta, xa a coñecedes:
Adentrámonos nos bosques galegos en busca dalgunha fermosa fervenza, pois alí camuflada, entre as súas augas, habitan as mouras peiteando os seus longos cabelos, agardando para darche moi bos consellos.
A última das nosas investigacións levounos a coñecer ao mellor amigo do avoíño Rancañán: Panoramix o druida.
Os druidas, saben facer apócemas de todo tipo, teñen remedios para tódolos males e quíxonos amosar un relacionado co San Xoán, pero antes foi preciso coñecer un pouquiño máis da historia deste festexo, aquí podedes velo:
E agora si, a apócema! Disque si as meigas queres espantar estas herbas no monte tes que buscar e con elas un brebaxe para lavar a cara, elaborar.
Nós con todas elas, fixemos un libriño:
E despois....mans a apócema!
Con este proxecto, pechamos o curso escolar!
Agardamos que o traballo realizado vos guste tanto como a nós!!