jueves, 31 de octubre de 2019

Sapos, bruxas e curuxas!


Despois dunha longa espera... por fín chegou o Samaín! Esta festa de orixe celta, esperta cada ano o interese e a ilusión dos máis cativos.

Pero, sabedes cales son os beneficios de festexala na escola? Ahí van algunhas das razóns:

- Trabállanse a multiculturalidade e diferentes valores.
- Adquírese novo vocabulario.
- Foméntanse a creatividade e a curiosidade.
- Trabállase directamente sobre os aspectos máis característicos do noso contorno.

E un largo etc...

Este ano, quero amosarvos algunhas propostas para traballalo:

- Contos:
Sen dúbida existe unha gran variedade de contos adicados a esta temática, pero hoxe deixovos esta pequena selección, perfecta para traballar co alumnado de 3 anos.

 

"Corre, corre, cabaciña": Unha divertida historia sobre unha avoa que vai a voda da súa neta e que polo camiño se atopa con algún que outro tropezo, algo que fará que a súa volta a casa, sexa ben distinta.
Para este conto, atopamos ademáis unha canción que nos encantou:



"Un, dous, tres, vampiro ti es!": Este conto combina vocabulario relacionado co samaín, a través de diferentes rimas. No meu caso, empregueino como un auténtico libro de bruxa, cheo que conxuros e feitizos. Feitizos que causaron efecto porque despois de decir cada un deles, o meu alumnado convertíase nos diferentes personaxes.

"Que susto!":  Os protagonistas deste conto son dous caracois moi asustadizos que durante un paseo pola horta levan varios sustos. Isto serviunos para traballar o medo. Que cousas nos asustan?

Ao igual que pasa cos contos, as cancións teñen moito éxito. Aquí vos deixo, sen dúbida,  dúas das cancións estrela desta época....



                                           

Nada que envidiarlle ao baby shark! 😂 Igual de pegadizas e donde, sin ser moi conscientes, estamos traballando o conteo e vocabulario moi galego!

Outro dos aspectos que máis caracteriza o Samaín na escola é a decoración da aula. Aos máis pequenos encántalles participar e este foi o resultado:

Portas con pantasmas, morcegos e arañas...


Fiestras cheas de cabazas que ca luz do sol, alumean pola boca e polos ollos...


E algunha que outra pantasma sobrevoando as nosas cabezas...


Os xogos no Samaín tamén son moi importantes, aquí vos amoso tres deles:

- A búsqueda de personaxes de Samaín: Se os queres atopar, a nosa lanterna máxica terás que empregar!


- O alboio de Frankenstein: Un libro magnético que conta con diferentes pezas nas que podemos observar as partes do corpo. Podemos deixar que cada un invente o seu propio monstro ou que copien diferentes patróns.


- O baile das pantasmas: cun globo cheo de enerxía procedente das cabezas do noso alumnado, podemos facer que as pantasmas bailen ou desaparezan.



Non esquezades que nunha boa festa de Samaín, non pode faltar unha exposición de cabazas, pois ahí refléxase o inxenio do alumnado e o traballo conxunto coas familias:




Esta é só unha pequena mostra do traballo que levamos a cabo durante varias semanas, nas que rimos e nos asustamos a partes iguais, pois...

 ahí está a maxia do Samaín galego!!!!

👻👻Que o disfrutedes!👻👻