Si hai algo que lle gusta facer ao avoíño Rañcañán no seu tempo libre é pintar. Pode pasar horas e horas retratando aos seus amigos e pintando fermosas paisaxes mariñeiras.
É por iso que o noso alumnado, decideu sumerxirse no mundo da arte e o primeiro que fixemos foi investigar sobre un dos seus mellores amigos, un tal Vincent Van Gogh...
O que tal aprendemos...o seu país de orixe, como era coñecido pola xente, cantos cadros pintou...e incluso analizamos algunhas das súas obras máis coñecidas. Despois fixemos unha votación para saber cal era a que máis nos gustaba e comprobados os resultados...decidimos facer as nosas propias réplicas de "Noche estrellada" empregando só os nosos dedos:
Unha cousa leva a outra e planteousenos unha dúbida sobre as cores....que pasa se as mezclamos? En menos de 5 minutos xa o estabamos comprobando:
O noso gusto polo tema foi tal, que decidimos convertir a nosa aula no escenario perfecto para pintar as nosas obras, e si temos que darlle a volta as mesas para crear os nosos lienzos....dámoslla!
O resultado....espectacular!
Isto continúa amig@s! ;)
No hay comentarios:
Publicar un comentario