Dentro dos contidos deste trimestre, traballamos as profesións. A todos nos pasa que dende que somos nen@s, soñamos co que seremos cando seamos maiores. Pola nosa cabeza pasan mil ideas: astronauta, cantante, cociñeir@, científic@...e incluso as 4 cousas xuntas!
O avoíño Rancañán falounos dun bo amigo seu que era fareiro e claro, nos quixemos saber máis e puxémonos a investigar. Despois da investigación, rexistramos os datos máis importantes e elaboramos o noso propio faro.
O que máis molou foi prender á lámpada dos nosos faros,con achegalos á fiestra...listo!
O seguinte paso, foi investigar sobre aquelas profesións que máis coñecemos: as das nosas familias! Foi moi chulo falar de todas elas.
A través deste tema podemos traballar diferentes valores como a igualdade entre homes e mulleres, pois tod@s podemos adicarnos a aquela profesión que desexemos, e para demostralo, ahí vai o noso traballo (sempre rexistrando datos):
1: Perruqueir@s
Un dos perruqueiros máis coñecidos no noso país é un home chamado LLongueras! Aproveitamos que na aula temos un maletín con todos os utensilios que se precisan para levar a cabo este oficio, e ademáis, creamos os nosos propios peiteados empregando diferentes técnicas e materiais.
2: Pilotos de carreiras
Coñecedes a Carmen Jordá? Esta moza é das mellores pilotos de carreiras que existen!!
Con este oficio aproveitamos para traballar á Educación Vial. Puxemos en práctica os nosos coñecementos a través de xogos:
E o avoíño Rancañán presentounos a outro vello amigo: Seguriño, un semáforo rapeiro:
3- Futbolistas
Verónica Boquete! Si, si, unha muller!! e non vexades como corre e os goles que marca!
Para indagar máis nesta profesión aproveitamos a clase de psicomotricidade para facer un auténtico adestramento de fútbol, co seu quentamento, os seus circuitos, os tiros a porta....foi moi divertido!
4- Cociñeir@s
Quen non coñece a Chicote? O alumnado de Granxa xa o coñecía pero polas campanas de fin de ano! jeje.
Este cociñeiro é moi coñecido polo estilismo dos seus mandilóns, que orixinais! E claro...nos tamén lle diseñamos algún. E ademáis, fixemos un concurso de galletas de plastilina.
Como podedes observar, est@s nen@s traballan un montón e ahora entre tanta profesión interesante...xa non saben por cal decatarse! Menos mal que aínda teñen moito tempo por diante para decidilo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario