Esta semana algo moi grave pasou na nosa comarca: Incendios forestais!
Ao nose cole chegaba o fume, o ceo estaba gris e incluso de vez en cando caía algunha charamusca.
Isto espertounos moita curiosidade e ao día seguinte aparecía na portada do xornal:
Era hora de investigar o motivo de por qué isto estaba a pasar.
A profe comezou poñéndonos uns videos:
E despois falamos das diferentes causas polas que se pode producir un incendio:
o vidrio que se arroxa ao chan, as fogueiras, as colillas, os raios producidos polas tormentas e incluso, a intención dalgunhas persoas! Algo que nos enfadou moitísimo!
Despois desta asamblea, chegamos a conclusión de que é moi importante manter os nosos montes limpos e estar moi atentos ao tipo de actividades que non debemos facer para evitar así, que un lume poda prender.
Por qué relacionamos isto con "Protexe os animais"?
Pois porque nos montes viven moitísimos animais e por suposto, tamén falamos deles:
Que pasa se os montes desaparecen? Os coellos perden as súas madrigueras, os paxariños as súas árbores, os ourizos os seus arbustos...e incluso poden perder a súa vida, as súas familias...etc.
Pensar nisto preocupounos moito e como non queremos que iso pase, decidimos facer algo.
De momento deixámosvos unha pequena pista....pero moi pronto, saberedes de qué se trata:
Hoxe toca nova entrada, posto que rematamos o noso último proxecto.
Todo comezou unha mañá ca aparición dunha misteriosa botella no noso patio:
No seu interior, podía verse un papeliño enroscado e claro...nos que somos moi curiosos...puxémoslle fin ao misterio. O que albergaba esta botella era unha mensaxe! Aparentemente dun pirata...e nela contábanos que antigamente ademáis desta forma de comunicación, existían outras moitas como por exemplo as pombas mensaxeiras. Oichedes falar algunha vez delas? Disque a xente amarráballe nunha pata os seus mensaxes, e veña a voar e voar ata chegar ao seu destinatario. Quedamos abraiados!
Pero a carta gardaba algo máis....un reto sobre medios de comunicación antigos e modernos. Comezamos!
O primeiro que fixemos foi elaborar as nosas propias mensaxes na botella:
Pero como a nosa curiosidade non entende de barreiras, falamos co avoíño Rancañán , para ver si él sabía algúnha outra forma de comunicarse tan chula como esta...e vaites si sabía!
Señais de fume!
Os que máis as usaban eran os indios, sobre todo, para coñecer a ubicación dos seus compañeiros e non perderse. Miradeo neste video:
Aproveitamos as actividades impresas para traballar diferentes contidos. Neste caso, cada un de nós, tivo que localizar as letras do seu nome.
Para poder comunicarse así, utilizaban madeira, lume e unha manta.....pero claro, nunha escola é un pouco perigoso poñelo en práctica, así que o avoíño propúxonos dous estilos propios, ahí van:
1- Saír a observar as nubes como si de señais de fume se tratasen
Vimos un montón de cousas...pero a maís emocionante, foi a boca aberta dun dragón!
2- Construímos un invento para facer señais de fume.
Primeiro rexistramos os datos ...
E despois...voilá
Outra das cousiñas que descubrimos, foi que o xornal, xa existía fai mooooitos anos, pero antes non era como ahora e aproveitando que o noso proxecto coincideu coa semana da prensa, decidimos levar a cabo un obradoiro de papel reciclado:
Quedáronnos unhas follas espectaculares e con elas elaboramos o noso propio xornal.
E chegou o momento de transportarnos aos tempos modernos. Comezamos cun xogo de robótica onde tiñamos que ir descubrindo cales se escondían en cada tarxeta.
Cada un dos que descubrimos, dou pé a unha asamblea na que fomos comentando cales temos na casa, para que os utilizamos, cal é o noso favorito....
E ademáis, utilizámolos para facer actividades de asociación:
De conteo:
De comparación:
E para rematar....aproveitamos que a TVG veu a nosa escola e pudemos ver unha cámara de preto e como funciona!
Esta semana mergullámonos no mundo da saúde animal, pois como nos pasa as persoas, os animais tamén collen gripes e fanse feridas, e por iso, precisan un doutor/a especialista, que lles recete o mellor tratamento para sanar.
É por este motivo, que decidimos cambiar a nosa aula por unha clínica veterinaria, onde nos puderan ensinar de primeira man todo o que alí pasa no día a día.
Alí coñecemos a Sara, unha veterinaria que nos ensinou dunha forma moi práctica e divertida en que consiste o seu traballo. E con ela, convertímonos en veterinari@s por un día! Que emocionante!
O primeiro que precisamos, foi ter a nosa tarxeta identificativa:
E unha vez identificados....sorpresa! Abriuse unha porta e varios canciños estaban agardándonos para pasarlles a revisión.
Así que non quixemos demorarnos máis. Repartímonos en dous grupos e puxémonos mans á obra:
Comezamos comprobando o seu peso...
Escoitamos o seu corazón...
Mirámoslle as patas...
Observamos os seus oidos, ollos e boca...
Localizamos o seu chip...
...
Fomos rexistrando todos os datos nunha folla, para poder facer ao final unha diagnose. E sabedes cal foi o resultado? Todos estaban super sans!
Despois de tanto traballo, tocou acariñalos e xogar!
E ao final da nosa visita, e por ser tan traballadores e ter un comportamento exemplar, recibimos unha grata sorpresa: un diploma e unhas pegatinas de animais para cada un!
O que Sara non sabía e que nos tamén lle tíñamos un agasallo. Fixémolo como todo o noso cariño para que nunca se esqueza de nós!
Tanto nos gustou esta saída e tan namorad@s quedamos dos peludiños que... a nosa intención foi traelos para a nosa escola pero....pilláronnos! jeje
Como sabedes estamos totalmente inmersos na vida salvaxe, e polo camiño, ademáis de ir descubrindo novos animais, imos coñecendo personaxes moi interesantes.
Nesta ocasión coñecemos a un tal Fran Cuesta, máis coñecido como "Frank de la jungla".
Frank é un explorador de moito coidado! Non lle teme a nada, sube polas árbores, métese en pantanos, e mesmo se fai un selfie cun armadillo!
Todo iso, vímolo nun video:
Sabemos que vive en Thailandia (un lugar que está lonxe de Galicia), que normalmente leva gorra e camiseta branca (ainda que sempre acaba doutra cor...) e que a súa especialidade son os animais salvaxes. Así que decidimos rexistrar todos os datos:
Descubrimos ademáis que fixo varios programas de televisión como o propio "Frank de la jungla", "La selva en casa" ou "Wild Frank" e que en todos eles, fala do respecto polos animais e recalca o importante que é que estes, vivan en liberdade. Sabedes que incluso os rescata das mans de cazadores furtivos e de traficantes de animais??? Si, si, ahora sabemos o significado destas palabras e a súa gravedade. Que fixemos para entendelas? pois moi doado, a profe e a teacher contaronnos un conto chamado:
Neste conto podemos ver a diferentes animais en dúas situacións ben distintas e debemos elexir a mellor opción para cada caso, ahí vos van varios exemplos:
Hai cazadores furtivos que persiguen elefantes polos seus colmillos de marfil; outros queren o pelo dos raposos para facerse unha bufanda ou a pel dos cocodrilos para facerse un par de botas e incluso hai algúns,que simplemente queren poñer a súa cabeza como si fose un trofeo enriba da chimenea! 0_0
Isto a nós, non nos gustou nada...estanche toliños de vez...
Despois da nosa reflexión, a profe contounos que Frank, coma nós, tamén ten unha páxina web onde vai contando cousiñas que fai no día a día e sabedes que fixemos....?
Escribirlle unha mensaxe!!! Quen sabe....igual nos contesta, por probar que non sexa!
Esta semana en inglés
convertémonos en exploradores. Fomos á nosa
jungle particular a descubrir novos animais. Pasámolo pipa!
Equipámonos co gorro e a lupa, imprescindibles nesta aventura, e recorremos o patio en busca de animais salvaxes. Observámolos moi ben ca nosa lupa e aprendemos un montón de cousiñas novas!
Despois de tan intensa aventura, aprendemos unha nova canción e recreámola: