Nova semana, nova aventura!
Como sabedes estamos totalmente inmersos na vida salvaxe, e polo camiño, ademáis de ir descubrindo novos animais, imos coñecendo personaxes moi interesantes.
Nesta ocasión coñecemos a un tal Fran Cuesta, máis coñecido como "Frank de la jungla".
Frank é un explorador de moito coidado! Non lle teme a nada, sube polas árbores, métese en pantanos, e mesmo se fai un selfie cun armadillo!
Todo iso, vímolo nun video:
Sabemos que vive en Thailandia (un lugar que está lonxe de Galicia), que normalmente leva gorra e camiseta branca (ainda que sempre acaba doutra cor...) e que a súa especialidade son os animais salvaxes. Así que decidimos rexistrar todos os datos:
Descubrimos ademáis que fixo varios programas de televisión como o propio "Frank de la jungla", "La selva en casa" ou "Wild Frank" e que en todos eles, fala do respecto polos animais e recalca o importante que é que estes, vivan en liberdade. Sabedes que incluso os rescata das mans de cazadores furtivos e de traficantes de animais??? Si, si, ahora sabemos o significado destas palabras e a súa gravedade. Que fixemos para entendelas? pois moi doado, a profe e a teacher contaronnos un conto chamado:
Neste conto podemos ver a diferentes animais en dúas situacións ben distintas e debemos elexir a mellor opción para cada caso, ahí vos van varios exemplos:
Hai cazadores furtivos que persiguen elefantes polos seus colmillos de marfil; outros queren o pelo dos raposos para facerse unha bufanda ou a pel dos cocodrilos para facerse un par de botas e incluso hai algúns,que simplemente queren poñer a súa cabeza como si fose un trofeo enriba da chimenea! 0_0
Isto a nós, non nos gustou nada...estanche toliños de vez...
Despois da nosa reflexión, a profe contounos que Frank, coma nós, tamén ten unha páxina web onde vai contando cousiñas que fai no día a día e sabedes que fixemos....?
Escribirlle unha mensaxe!!! Quen sabe....igual nos contesta, por probar que non sexa!
Para o próximo venres...algo se está cocendo!
Vémonos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario