Resulta que esta semana, aproveitando que estamos no entroido, decidimos buscar a relación entre este festexo tan típico en Galicia e o noso proxecto "Protexe os animais", e despois de darlle unhas voltas...chegamos a seguinte conclusión:
Os peliqueiros!
Este é o traxe típico do entroido de Laza (moi similiar ao cigarrón de Verín). E por qué ten relación co noso proxecto? Pois porque si nos fixamos ben no seu elaborado traxe, podemos comprobar que nas súas máscaras todos levan animais!
Así pois, puxémonos a ver diferentes imaxes e a identificar que animais aparecían nelas:
E tamén creamos as nosas propias máscaras, poñendo en cada unha o animal que máis nos gustou:
Descubrimos de todo...animais que xa traballamos como os domésticos e os da granxa, e animais que coñecíamos pero dos que aínda temos que coñecer moitas cousas máis, como é o caso dos animais salvaxes! E foi así como abrimos un novo camiño:
Adentrámonos no mundo dos animais salvaxes!
Na nosa primeira sesión comezamos co visionado dun video:
E acto seguido tocou: actividade de discriminación visual:
Algúns dos animais vémolos perfectamente..outros en cambio, están máis agochados, atoparémolos????
Pois si, e resulta que hai tantos coma nen@s na nosa aula! Escribimos os nomes, analizamos cales con máis longos e cales máis curtos, falamos das cousas que coñecemos de cada un deles e... deixamos todo no aire, para continuar a semana que ben!
Que nos estará agardando?
Ata a semana!
No hay comentarios:
Publicar un comentario