viernes, 26 de abril de 2019

Easter

Esta semana a teacher falounos de Easter e da figura do Easter bunny. 

Menudo sorpresón levamos cando nos dixo que Easter bunny viñera ao cole pola noite e que íamos a facer unha egg hunt para localizar todos os ovos que deixara agochados.

Fomos ao ximnasio correndo, abrimos ben os nosos ollos e puxémonos  a buscar por cada recuncho. O que tal atopamos! Ovos de chocolate e chuches por tódolos lados! 😍



Cando xa non quedaba ningún máis por descubrir, voltamos a aula coas nosas cestiñas e decidimos pintar uns ovos para decorar as paredes.


See you later, alligator!

Aves rapaces


O desta semana non vai deixar indiferente a ninguén...

Nós, só podemos decir que foi: ESPECTACULAR.

Estades listos para descubrilo?

 Como ben sabedes, na Granxa gústanos moito recibir todo tipo de visitas...e claro, xa tocaba... Así pois e aproveitando que unha das últimas cousiñas que estivemos  investigando foi todo o relacionado coa natureza,  o avoíño Rancañán falounos de Fran, un profesional da cetrería.

Este termo, chamounos moitísimo a atención! De que falaba o avoíño?
Despois dunhas cantas consultas....descubrímolo: a cetrería está relacionada coas aves rapaces: falcóns, aguias, azores... que son aqueles paxaros que cazan as presas para alimentarse empregando o seu pico e as súas afiadas garras. Co que nos gustou ese dato, non podía quedar a cousa así e, hoxe venres, o propio Fran apareceu en persoa na nosa escola!


E como vedes, ven acompañado! 

O que tal de cousiñas nos ensinou:

1-  Falcón peregrino:
Sabiades que é a ave máis veloz do mundo? Si si, pode chegar aos 300 km/h e para dar caza as súas presas, baixan en picado sin quitarlle ollo.


2- Curuxa:
Sabedes como se chama? Maruxa! Que casualidade, nós no primeiro trimestre coñecemos á bruxa Maruxa e a súa mascota...unha curuxa! 
Esta preciosa curuxa ten as plumas brancas e pudemos acariciala. Non imaxinades o suaviña que era.


3-  Aguia:
A máis grande de todas. Traía posta unha caperuza que é un gorriño de coiro que lle tapa os ollos para que así non se asuste cando vai de viaxe en furgoneta. 
Tiña cara de poucos amigos e a súa mirada era moi penetrante, pero polo visto...todo é postureo, no fondo é moi boíña.


4- Cernícalo:
Este cernícalo chámase Pinky. É o falcón máis pequeniño que existe e pesa tan só 90 gramos. A Pinky encántalle xogar e Fran amosounos como pode voar dunha cabeza a outra.




Despois de tan interesantísima charla, Fran díxonos que traía 3 sorpresas máis pero para ver a primeira delas, tíñamos que pechar os ollos (non quixemos oir máis: ollos pechados en 3, 2, 1...)
E ao abrilos.....tachán!


É Maruxa? En qué momento se fixo tan grande? Non, non... Este é un búho siberiano chamado Siberio. Quedamos abraiados cos seus enormes e alaranxados ollos e as súas fermosas e longas plumas. 
Pero o que máis nos chamou a atención é que Siberio ten unhas plumiñas na cabeza que semellan uns corniños e sírvenlle para camuflarse cando están agochados nas árbores, semellando ponliñas. Agora xa o sabedes...se ides de excursión ao monte, debedes estar atentos...igual Siberio anda xogando por alí ao escondite.

A seguinte sorpresa era un concurso, onde comprobamos todo o que aprendemos. Por cada resposta correcta, tíñamos premio: unha exclusiva pluma de falcón peregrino.



E chegou a última das sorpresas....mi madriña querida, esta foi unha auténtica revolución!
Se queredes descubrila...dádelle ao play!


Estes falconciños só teñen unha semana de vida pero como comen moito están medrando un montón. Fran propúxonos darlles de comer, e como somos moi participativos....alá fomos!





Vaia forma tan chula de pechar a semana! Estou segura de que este finde o tema de conversación nas casas d@s cativ@s vai ser a visita de Fran.

Se queredes coñecer máis o seu traballo, velaquí un breve documental:




E si queredes contactar con él, non dubidedes en visitar Falcóns Galicia:


Experiencia 100% recomendable!


Moitísimas grazas por vir a pasar connosco a mañá! 

Un bico moi grande para Fran e Moncha 😘










viernes, 12 de abril de 2019

Peche de trimestre

Qué mellor forma de pechar o trimestre que facendo unha saída cos nosos compis de Caamaño?

Troula asegurada!

O noso destino: Pontevedra.


A nosa primeira misión foi ir en busca de "Ravachol". Coñecédelo? Ravachol é un loro que era o fiel acompañante dun boticario moi coñecido na cidade. Era tan grande a estima que lle tiñan os veciños, que decidiron facer unha estatua na súa honra.

E camiñando, camiñando.....


Atopámolo!! Era máis grande do que pensábamos!

Para poder facer a seguinte misión era necesario que cargásemos as nosas pilas, por iso fomos a un parque cercano a merendar e a xogar, e xusto despois....

Segunda misión! Salón do libro... imos alá!
Vaia recibimento: Orbil a mascota do salón estaba agardándonos:


Cóntovos un segredo?Si ledes o seu nome ao revés.....descubriredes algo...jejeje.

No salón do libro asistimos a un contacontos:


Estivo super entretido e tod@s participamos.

Terceira misión: visita guiada polo salón da man da nosa monitora Paula. O que tal de cousiñas nos ensinou:

- Traballos impresionantes feitos por outros coles:



- A evolución da escritura:


- Paredes con miles de aventuras e xogos: alguén localiza a escola? E o gato branco? Seremos capaces de conducir un coche ata a ponte?

- Xogos no chan mentres se recita poesía da nosa Rosalía!
 Recordades a famosa estrícula?


- Ilusións ópticas:



E para rematar a visita, unha saída triunfal! Non sabía un/unha a que atender!


Unha vez máis, a quedada conxunta de Caamaño e A Granxa foi un éxito!

Quen sabe si Rato Lura e o avoíño Rancañán, xa andarán a argallar algunha outra aventura...teremos que agardar para velo!

Boas noites!






A unión fai a forza!


Esta semana véñovos amosar o traballo que estivemos realizando en colaboración coas familias ao longo deste segundo trimestre.
Como ben saberedes, familia e escola temos o mesmo obxectivo, facer que @s cativ@s desenvolvan todas as súas capacidades e, qué mellor forma que facelo conxuntamente e traballando en armonía?
Este foi o motivo principlal para facelas partícipes de "Protexe os animais".

O avoíño Rancañán é un home de recursos e un dos seus favoritos é o "Kit de supervivenvia a fin de semana". 


Este maletín viaxa cada semana cun dos alumn@s e dentro podemos atopar o caderno de bitácora no que  o avoíño anota todas as súas aventuras de mariñeiro. Pero esta vez, quixo facer algo distinto e propúxolle ao noso alumnado engadir algunhas das súas páxinas. As instruccións foron as seguintes: 

- Eu douvos unha letra e vos tendes que pensar un animal que empece por esa inicial. Ca axuda das vosas familias debedes plasmar cousiñas sobre él: características, curiosidades, hábitat, imaxes...etc.

O resultado?
9 páxinas repletas de datos moi interesantes, velaí o tendes:


Pero neste kit, agóchase algo máis...un tarro con varias actividades que podemos facer coas nosas mascotas, para que nunca nos quedemos sin ideas:


...darlle unha masaxe, contarlle un segredo, sacalas de paseo...
mimalas moito!!

Xunto co kit sempre levamos un conto da nosa biblioteca de aula e neste caso, como non podía ser doutra forma, as nosas estanterías conteñen contos onde @s protagonistas son animais!
Aquí tendes un pequeno exemplo:


O obxectivo? Ollar as súas páxinas, saber identificar si os protagonistas son animais domésticos ou salvaxes, coñecer a súa historia e á volta, contarlle aos compis de que trataba.

Moitas grazas familias pola vosa colaboración e interese!

😍

A sailor went to sea

Esta semana ca nosa teacher traballamos en base a unha canción chamada:

"A sailor went to sea"


Grazas a ela fixemos un pequeno traballo onde practicamos a motricidade fina e repasamos contidos xa vistos como os animais e as cores. Estamos desexando que o vexades! 😊
Pero como queremos ir pasiño a pasiño....de momento deixámosvos constancia do noso traballo a través desta imaxe:


Vémonos á volta de vacacións! Have fun!

See you later, alligator! 




jueves, 11 de abril de 2019

Saúde


Rematado un novo proxecto, toca plasmar o noso traballo para que todos e todas podades ollalo.
Esta vez encamiñamos a nosa curiosidade ata o mundo da saúde. Un mundo que engloba moitísimas cousas, estades preparados? Comezamos!

A nosa primeira parada foi o deporte, pois si queremos ter unha boa saúde é necesario que fagamos actividade física, cada un pode elexir a que máis lle gusta: baile, natación, tenis, patinaxe, atletismo... Sabemos que hai infinidade de deportes e para axudarnos coa nosa elección, decidimos investigar sobre as olimpiadas!
O que tal de cousiñas aprendemos:

1- A súa bandeira, formada por 5 aros de 5 cores diferentes que representan os 5 continentes.



2- Os seus elementos máis característicos:


3- As mascotas das Olimpiadas celebradas no ano 92 en España, concretamente en Barcelona: Cobi e Petra. 


Grazas a eles ahora sabemos que independientemente das nosas características físicas, todos e todas podemos practicar todo tipo de deportes.  

Con eles fixemos as nosas "olimpiadas robóticas":


...marcamos o camiño dende a saída ata a meta, contamos as casillas a percorrer, programamos e despois collemos unha tarxeta onde temos que identificar a Cobi ou a Petra e decir o deporte que están practicando:

                                             

Aproveitamos tamén a nosa clase de psicomotricidade para poñer en práctica os contidos traballados: fixemos varios circuitos e xogos e o que máis rápido os completaba...subía ao podium!





A nosa segunda parada foi todo o relacionado ca alimentación, que ao igual ca o deporte, resulta importantísima para ter unha boa saúde.
Comezamos cun conto moi entretido:


E acto seguido coñecemos a pirámide dos alimentos que nos axuda a saber en que medida debemos tomar cada un. Para facela tivemos que pintar, cortar, colocar as pezas do puzzle....e listo!


Un dos alimentos máis saudables que coñecemos é a froita e aproveitando que todos os xoves, esta é a nosa merenda...fixemos un obradoiro de cociña: "Brochetas de froita" para todos. Tod@s compartimos a froita que trouxemos e cada un foi pinchando na súa brocheta mazá, plátano, fresas, mandarina, melocotón... grazas a isto non só traballamos valores senón tamén as mates, posto que cada quen debía ir facendo o reconto dos seus anaquiños.



Seguinte paso: Quen axuda a poñer a mesa na casa? Facémolo correctamente? Pois imos a practicar:


Despois de elaborar estos manteis individuais, decidimos que queríamos algo máis realista....e collemos da nosa cociña todo o que necesitábamos: 9 pratos, 9 vasos, 9 culleres.....colocámolos seguindo o patrón:


E despois...complicámolo! Xa non hai patrón...coneguiremos colocar todo no sitio correcto?


Proba superada! Xa non temos excusa para non axudar na casa.

E xa que estamos falando da mesa, non está de máis que indaguemos nos menús: qué alimentos podemos poñer como primeiro prato? E como segundo? E de postre?

                                      

Outra das actividades que incluímos neste novo proxecto foi a transformación da nosa horta. Pasiño a pasiño iremos facendo cousas novas, de momento plantamos dúas árbores que nos darán frambuesas e unhas uvas que teñen moi boa pinta:




 E como unha cousa leva a outra...xurdeunos unha dúbida: todos os alimentos veñen da terra? Claro que non! Ahora sabemos que uns son de orixe vexetal e outros, de orixe animal:


E para complementar todo o traballado, empregamos diferentes xogos que fan que as nosas aprendizaxes sexan moito máis amenas:




Para rematar o noso proxecto sobre saúde, non podíamos esquecer a hixiene! 
Fixemos unha maqueta da nosa boca, contamos os dentes que temos, investigamos sobre as caries, os alimentos que non debemos consumir en exceso, a importancia de cepillarnos os dentes...


E para comprobar si todos temos clara a utilidade dos diferentes utensilios de hixiene...asociamos:


Non está mal o laborioso traballo que fixemos, xa somos un expertos en saúde! Vós que pensades?

Seguinte proxecto en 3, 2, 1....