viernes, 5 de abril de 2019

Viaxe virtual



Chegou o venres e iso quere decir que...toca nova entrada!

Esta vez a nosa aventura tomou un novo camiño: unha viaxe virtual! Si, si, como estades a ler.  A profe contounos que hai un parque natural chamado Cabárceno donde centos de animais viven en semiliberdade. O que máis nos chamou a atención é que alí fan moitísimos traballos de investigación relacionados coa educación ambiental e que ademáis, teñen un centro de recuperación, para axudar a todos os animais que poidan ter algún problema de saúde.
O único problema é que nos colle un pouco lonxe....polo tanto non podemos visitalo...pero o avoíño Rancañán, que é un home de ideas, propúxonos unha alternativa: e si imos ata alí virtualmente?
E claro....que pensades que fixemos?


Pouco a pouco fomos recorrendo todo o parque e clickando nos globos verdes, íamos descubrindo novos animais. Algúns xa os coñecíamos outros eran unha novidade! Pero todos eles tiñan o seu encanto.

A profe contounos que visitar o parque é como ir de safari, xa que podes recorrelo enteiro no teu coche e estar moi preto dos animais. E para que nos fixéramos aínda máis á idea, púxonos un video:


Tantas cousiñas estábamos aprendendo que decidimos facer a nosa propia guía de viaxe:


1- Situamos nun mapa o sitio no que se encontra este parque e descubrimos que se chama Cantabria.
2- Buscamos outro mapa do propio parque onde podemos ver as diferentes partes que ten e onde se atopa cada especie animal.
3- Pegamos pegatinas dalgúns dos animais que podemos atopar alí e escribimos o nome de todos eles.
4- Fixemos un debuxo do animal que máis nos gustou.
5- Ordeamos todas as páxinas, puxémoslle unha portada e listo! Guía feita por si algún/algunha vai de vacacións en Semana Santa.

E para cerrar esta nova investigación...non podía faltar un pouquiño de música! Pois resulta que unha moza chamada Susa Herrera ten unhas cancións especialmente feitas sobre os animais de Cabárceno, aquí vos deixo a nosa favorita:


A próxima semana...máis e mellor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario