Esta semana aparcamos (temporalmente) os animais para traballar un novo contido: fruit and vegetables. Aínda non o desvelaremos, pero é a antesala dun novo proxecto que nos ilusiona moito! 😊
Comezamos buscando as froitas pola aula, xa que a teacher nolas agochara 👿.
Foi moi divertido! Finalmente fixemos o conteo do noso botín.
Tamén estivemos repasando todas as fruits que sabemos ata o de agora, e clasificámolas por cores.
Rematamos como nos gusta: cunha canción! Esta é dunha "fruit party" moi animada!
Esperemos que vos guste tanto como a nós!
Bye, bye, butterfly!
No hay comentarios:
Publicar un comentario