lunes, 27 de abril de 2020

BAIA CHANNEL (Capítulo 2)



Como xa sabedes, adicamos o primeiro mes de confinamento a publicar diferentes propostas para o alumnado de Educación Infantil. Pero hoxe comezamos un novo apartado  dentro do noso blog, adicado especialmente, ao alumnado de 3 anos:

"O Baia Channel"


O Baia channel está diseñado polo avoíño Rancañán, a mestra Sandra e a mestra Isa.

Como si dunha canle de televisión se tratara, terá seccións de tódolos gustos.

 Cada luns engadiremos unha entrada con varias propostas para realizar ao longo de toda a semana, na medida que as familias consideredes (tempos flexibles, actividades voluntarias...etc).
--------------------------------------------------------------

LUNS 27 DE ABRIL DO 2020

Moi bos días!
 Comezamos unha nova semana no BAIA CHANNEL.

Estades preparados para descubrir a nova programación......?

TACHÁAAAAAAANNNN:


                                                                                                                         




----------------------------------------------------------------------------------



Nesta sección poñeremos en práctica as nosas habilidades creativas.

E para hoxe propoñemosvos crear os vosos propios contos.

Podedes facelo de dúas formas diferentes: ou con 3 dados de papel ou con tarxetas soltas que poñeredes dentro de diferentes tarros. 
O que debe estar claro é que nun dos dados/tarxetas debemos poñer diferentes personaxes, noutro lugares e noutro obxectos.






O xogo consiste en tirar cada un dos dados ou sacar unha tarxeta de cada tarro e crear unha historia na que aparezan os 3 elementos que nos tocaron. Imaxinade:
unha bruxa, unha illa e unha agulla para coser....De seguro se vos ocurren historias do máis creativas e disparatadas! 
As mestras dende logo, estamos desexando escoitalas! Anímadevos a facer un audio e contádenolas!

Pero si aínda queredes completar máis a actividade, podedes facer aos protagonistas empregando as puntas dos dedos dunha luva ou un calcetín:




 


 *****




Como este ano estivemos traballando Xapón e aprendemos moooitas cousas sobre o país, abrimos unha nova sección na súa horna, chamada: Galegxs no mundo.
E a primeira das tarefas que vos propoñemos é un xogo de adiviñas. 
Tendes que adiviñar o nome das fotos que aparecen a continuación, seguro que as recordades todas! 


                                 





Psss, psss, familias...deixámosvos por aquí as solucións 😉:

TORI-KIMONO-SAKURA-SUSHI-BANDEIRA (XAPÓN)-GRÚA.

Unha vez acertedes todas, podedes escribir as palabras nun papel e anotar cantas letras ten cada unha. Cál é a palabra máis longa? E a/as máis curtas?


*****


Contounos un paxariño (seguro que amigo do polo Pepe) que todxs estades a preparar deliciosas receitas na casa. Por iso hoxe, traémosvos a sección MasterChef Junior.

Imos comezar, con algo super doado e que está....mmmmm boísimo!

Primeiro busca os ingredientes, serás capaz de localizados todos?:
- 1 ovo.
- Fariña.
- Azucre.
- Cacao.
- Aceite.
- Leite.

E agora, olla como se fai:


                                             

Doado, non si?

*****

Hoxe propoñemos facer un alfabeto caseiro para traballar coas letras.
Os materiais que imos empregar son moi sinxelos e de seguro os tedes na casa: tapóns de plástico de botellas de auga, de refresco, de leite… e un rotulador permanente.

Escribimos unha letra en cada tapón e imos decindo o nome de cada unha. 
Despois xogamos con elas a formar o noso nome, o de mamá e papá, o dos irmáns e irmás.... Non pasa nada si algunha letra se repite, podemos coller máis tapóns e facer cantas nos fagan falla!



*****


Atención, atención que temos nova sección!
Durante o confinamento non podíamos esquecernos de inglés! Por iso a teacher Lucía, envíanos unha serie de actividades do máis entretidas.

Let´s go!

O primeiro, as nosas cancións para saudar e para repasar o tempo:



                                                

E agora....tócalle aos números cos Five little ducks:





Non vos esquezades tampouco das cores:





*****





Hoxe no Grand Prix temos unha proposta do noso mestre de psicomotricidade Aitor.

Nestes tempos onde o espazo é limitado e non podemos saír a xogar cxs amigxs, podemos facer diversas actividades na casa, atentos!

Xogos con globos:



Podemos dar toques sin que caian ao chan, lanzalos ao aire e dar 3 voltas sobre un mesmo antes de que baixen, ou simplemente intentar levalo polo corredor empregando só a punta do nariz.
No seguinte video tendes moitos máis exemplos para todas as idades:



Xogo con material da vida cotiá:

 - O recolledor:

Poñemos polo chan diferentes obxectos (peluches, libretas, ceras de cores...) ou imaxes (figuras xeométricas, letras, números...). 
Nunha zona que decidamos, estarán os puntos de recollida.
O xogo consiste en levar cada cousa ao seu punto de recollida no menor tempo posible.

E para rematar...non podemos esquecer a importancia de relaxarse, así que hoxe toca ioga!
O Ioga ten múltiples beneficios: permítenos aumentar a nosa autoestima, a concentración e evitar o estrés da situación que estamos a vivir, entre outros.
Por iso a continuación, imos compartir con vós varios documentos e un vídeo de diversas posturas de Ioga que podemos utilizar no noso día a día. 

POSTURAS:


No seguinte enlace podedes atopar moitas máis:


LIBRO:
http://ceipvegarredonda.centros.educa.jcyl.es/sitio/upload/yoga_para_ni_os.pdf

VIDEO:


Podedes sacar fotos coas diferentes posturas que consigades facer e envialas ao correo das mestras. Con todas elas, podemos facer un vídeo para o resto do cole. 

Qué vos parece a idea? 

*****

O próximo luns màis e mellor!

Deica! 🙋‍♀️

No hay comentarios:

Publicar un comentario