miércoles, 30 de enero de 2019

Que comecen os xogos da paz!

QUE COMECEN OS XOGOS DA PAZ!!


Hoxe día 30 de xaneiro é o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.
Con este motivo na nosa escola, quíxemos conmemoralo dunha forma moi especial: unha convivencia cos compañeiros e compañeiras da EEI Caamaño.

Para poder levar a cabo esta convivencia, o primeiro que fixemos foi marcar no noso calendario este día tan especial. E partindo diso, comezamos unha conta atrás.


Cada día adicamos un pouquiño de tempo a descubrir cousas da escola veciña: uns días videoconferencias para falar de quen era o encargado, que tiñamos de merenda, como estaba o tempo polas dúas parroquias....etc.
Outros días empregamos a robótica para ir familiarizándonos cos nomes dos nosos compañeiros...


Contamos as letras dos nomes, comparamos cales son máis longos e cales máis curtos, descubrimos que algúns chámanse igual ca nós...
Tamén intercambiamos fotos das escolas e empregámolas para facer algunha actividade:


Cál é cada escola? Cánt@s nen@s somos? Que nen@s están en cada unha?


E entre tarefa e tarefa...chegou o gran día!! A emoción palpábase no ambiente e como na Granxa, sómosche moito de festas... preparámoslle aos nosos compis unha benvida para que se sentiran coma na casa:

E ahora si....que comecen os xogos da paz!!

Para perdela timidez o primeiro que utilizamos foi a caixa preguntona:
a medida que ían saíndo preguntas, todos contestábamos: tendes mascota? que preferides laranxa ou limón? que é o que máis che gusta facer na escola?...En 10 minutos xa non había quen nos parara.

O seguinte foi ver un video, tíñamos que estar moi atentos...despois tocaba repaso!



Outra das actividades foi unha "Yinkana". Por cada proba superada, conseguíamos unha peza dun puzzle e unha vez tíñamos todas as pezas...a compoñelo!


E que tal un pequeno obradoiro de xardinería?



Plantamos 2 enredadeiras co obxectivo de coidalas para que medren e medren e se xunten no camiño entre A Granxa e Caamaño, quen sabe... quizáis algún día podamos trepar por ela e chegar nun momentiño dunha escola á outra.

Rematamos o día cunha sorpresa, e é que sin sabelo, tiñamos agasallos, os uns para os outros:

Para A Granxa...

Para Caamaño...



Que bo corpo nos quedou tras este día no que a protagonista indiscutible foi a paz que reinou por cada recanto. 
A despedida foi triste, pois non queríamos que os nosos compis marchasen, pero sabedes que? Fixemos un trato: seguiremos en contacto e cando menos o pensedes...teredes novas nosas!

Un saúdo!! 






viernes, 25 de enero de 2019

E ti, que mascota tes?


Despois da primeira toma de contacto con "Protexe os animais", encamiñamos a nosa vía de investigación cara as nosas mascotas, pois todo o alumnado da Granxa ten non só unha, senón varias que conviven con eles na casa.
Aquí podedes ver tódalas fotos que nos chegaron:


O primeiro que fixemos foi presentalos, dicindo o seu nome e falando daquelas cousas que nos gusta facer con eles e tamén das travesuras que moitas vez fan.
 Temos de todo! Uns cans gaiteiros aos que lles encanta á festa, un cabalo espía que nos vixía dende a horta, uns periquitos parlanchíns que non paran de falar, uns gatos comodóns (pois como te descoides...roubanche o sitio!), unhas tartarugas as que lles encanta xogar ao escondite, uns peixiños besucóns e ata unha mamá galiña cos seus fermosos pitiños!

Pero, ademáis de todos estes curiosos datos, o avoíño Rancañán contounos que ter unha mascota implica unha gran responsabilidade, algo ao que lle chaman: 

TENENCIA RESPONSABLE


e para saber un pouquiño máis sobre isto, vimos un vídeo no que un neno chamado Pablo, fai todo o que está na súa man para demostrarlle á súa familia que é un neno moi responsable capaz de coidar dunha mascota:


Pablo  pasea ao seu can, lavao, dalle de comer, levao ao veterinario, preparalle con moito agarimo o seu lugar de descanso, xoga con él, paseao e dalle moito pero que moito cariño! Ata lle conta segredos, porque sabe que él, gardaos moi ben. 
Cántas destas cousas facemos nós? Facemos reconto!

Por último, e unha vez analizado o video, sacamos a seguinte conclusión e deixámola presente no tablón da nosa aula: se tes unha mascota...non esquezas estas palabras:


Así rematamos o día de hoxe: desexando chegar á casa para acariñar aos nosos animaliños!
O próximo venres.....continuamos!!!






domingo, 20 de enero de 2019

"Protexe os animais" -EEI A Granxa-


                                                          "PROTEXE OS ANIMAIS"

Protexe os animais é un dos proxectos ofertados dentro do Plan Proxecta, organizado este, pola Xunta de Galicia. Este ten como finalidade a transmisión de valores relacionados co coidado e o respecto polo animais e para ilo será necesario traballar tamén as características tanto dos animais domésticos coma dos animais salvaxes.

Dende a EEI A Granxa, fixemos a nosa solicitude para este proxecto debido ao gran interese que amosa o alumnado por todo o relacionado cos animais.
A nosa escola está situada nun entorno rural e xa son tradición as visitas de diferentes animaliños, por exemplo unha mantis relixiosa, un grilo, un ourizo, un sapo...
Cada visita crea unha gran expectación entre os pequenos e sempre son unha boa forma de abrir novas canles de investigación. E por todo isto, que decidimos ir máis alá, e participar en dito proxecto.
Así pois, cada venres a nosa entrada, estará adicada a "Protexe os animais".

O pasado venres comezamos con esta nova aventura e para elo partimos do traballado anteriormente. Recordades que viaxamos ata a China? Pois resulta que o avoíño Rancañán contounos que según o horóscopo chino a cada un de nós correspóndenos un animal, dependendo do noso ano de nacemento. E claro...puxémonos a investigar coa colaboración das familias. Este foi o resultado:


No noso caso somos: serpes, cabalos e cabras! E a profe é un coello!
Despois de saber isto, aprendemos que algúns destes animais son domésticos (como a cabra, o cabalo e o coello) e outros son salvaxes (como a serpe). Todo isto aprendémolo cun power point que nos fixo a profe.

O avoíño quíxonos poñer a proba e dounos diferentes animais que tivemos que clasificar: 


Fixémolo moi ben!

Por último, xogamos a un xogo de adiviñar que animal se esconde tras o telón escoitando unicamente o seu son. Reímonos un montón e non fomos nada desencamiñados!



De momento esto foi todo, o vindeiro venres....máis!


Dende Galicia ata a China.

Despois dun intenso e interesantísimo 1º trimestre, no que maiormente nos adicamos a viaxar dun lado ao outro co avoiño Rancañán,damos comezo ao 2º.
A nosa primeira parada esta vez, é a China.
Como en cada viaxe o primeiro que facemos e asegurarnos de que levamos connosco o pasaporte:
Poñémoslle o selo pertinente e......dentro video!
https://www.youtube.com/watch?v=_FOpC36_Xfw

Unha vez visto o video, toca asamblea para comprobar o que entedemos e compartir opinións e ideas.
A continuación, comezamos cas actividades:

Actividade 1:
Rexistramos os datos máis importante do noso destino: nome, conteo de letras, bandeira, cores, mapa, lugares de interese....

E empezamos a investigar sobre cousiñas típicas da China....cál de todas elas é a palabra máis longa?

Actividade 2:
Facemos as nosas propias contruccións: muralla china, pagodas....

Actividade 3:
Traballamos a motricidade fina empregando uns palillos chinos moi caseiros...e intentamos coller pezas de distintas formas e tamaños. Foi ben dificil pero xa casi o temos dominado!
Actividade 4:
Sabedes o que é un amuleto e para que sirve? O avoiño contounos que se os levas contigo, dan sorte! Puxémonos man á obra para elaborar os nosos...agora tamén sabemos que é iso do "yin yang".

Que viaxe tan emocionante! Pero a cousa non quedou ahí.....atentos á seguinte entrada!

Benvid@s!!

Benvid@s ao noso blog!

O avoíño Rancañán é un avó galego que adicou toda a súa vida a surcar os mares na súa pequena barca. Viaxou dende unha punta do mundo ata a outra e polo camiño foi coñecendo a diferentes personaxes cos que pasou horas e horas falando. É por iso, que coñece miles de historias que estou segura vos van a encantar.
Actualmente atópase instalado na EEI A Granxa. Alí cada día, conversa co alumnado e ensínalles todo o que sabe.
Se queredes aprender con nós....atentos ao noso blog!

Unha aperta!