lunes, 30 de marzo de 2020

Á caza dos virus


BOS DÍAS!!

Hoxe o avoíño Rancañán e eu inventámonos un xogo, chamámolo:

"Á caza dos virus".

Trátase dunha actividade para xogar en familia. Teremos uns "virus" agochados polos diferentes recantos da casa e xs nenxs serán xs encargadxs de atopalos e eliminalos.
Pero antes de nada e para poder levar a cabo a nosa misión....precisamos un kit!

- Cousas que debemos ter no noso kit:

-Prismáticos
Estes van a ser moi especiais...xa que os imos a elaborar nós mesmos!



Só precisamos dous rolos de papel hixiénico, un anaco de lá/lazo/corda, un rectángulo pequeno de cartón e cousas para decorar (pegatinas, témperas, goma eva, purpurina...)
O primeiro será decorar os 2 rolos como máis nos guste. A continuación dobraremos o rectángulo de cartón pola metade (para que quede en forma de ponte) e pegarémolo no medio dos 2 rolos, para unilos. Por último, faremos un buratiño en cada rolo e meteremos o anaco de lá.
E xa o temos listo!


- Lanterna:
Algúns dos virus estarán agochados en habitacións a oscuras ou dentro de alacenas por iso é convinte que levedes unha lanterna con vós. De seguro que así...non teñen escapatoria!


-Pulverizador con auga e xabón e un pano:
Qué mellor que un arsenal de limpeza para eliminalos por completo? Nada como a auga e o xabón. Si, si, igual que facedes vos cando lavades as mans, recordades que é unha das mellores maneiras de evitar a propagación dos virus?


-Luvas:

É moi importante que protexades as mans. Non queremos que ninguén se contaxie!


- Libreta e lapis:


Nesa libreta os adultos farannos uns debuxos dos virus  que temos que atopar.
Estes son os que fixemos o avoíño Rancañán e eu:


Teñen mala pinta, non si?


Insruccións do xogo:

Cada nenx, levará o seu kit completo (pode poñer un mandil e meter as cousas nos petos, un cinturón de carpinteiro, o que se vos ocurra...), para facer á búsqueda.
Os virus estarán debuxados con rotulador en sitios nos que sexa doado borralos (unha fiestra, unha baldosa ou azulexo, unha botella de plástico, bolsas, anacos de forro de libros...incluso nas mans dos adultos!).
Xs nenxs terán que ir buscando por toda a casa, axudándose dos seus prismáticos e a lanterna (por iso é moi chulo que algún dos virus esté nun sitio oscuro no que só se poda divisar ao prender a lanterna). Cada vez que atopen un, terán que pulverizalo e limpalo rápidamente co pano, para que quede eliminado! E acto seguido, deberán rexistrar o dato na súa libreta. Poden riscar a casilla cunha "X" ou ben anotar o número se ven que algún virus, se repite.

Se conseguimos atopalos todos, teremos unha recompensa! 
Sacarannos unha foto co noso uniforme, imprimirémola e pasaremos a formar parte da....
"PAREDE DA FAMA" 😎

Qué vos parece a idea???? 

Eso sí, tende coidado que como se enteren os veciños....van querer que tamén eliminedes os das súas casas....e nós de momento....


QUEDAMOS NA CASA!


😉







viernes, 27 de marzo de 2020

Dosis de risa


Si fai uns días vos falaba da importancia de relaxarse... rirse non se queda atrás!
 Por iso hoxe traiovos unha proposta de actividades coas que de seguro maiores e pequenos vos botaredes unhas risas.

- Comecemos cun video da fantástica Troskita que hoxe ven acompañada do seu amigo Dentelludo:


Non sei vos pero eu fartinme de rir! 😂😂😂

- Outra idea é facer carreiras de vermes:
Para isto so precisamos palliñas e vermes de papel.


Aquí vos deixo un tutorial para facer os vermes:


Entre que uns quedarán sin alento para soprar, outros terán un verme un tanto desobediente e as risas empezarán a xurdir...o bo rato terédelo asegurado! 

- Xogos de mímica:
Para este xogo só precisades papeis nos que apareza o nome ou o debuxo dun obxecto, animal, profesión...
Trátase de empegrar os xestos para intentar contarlle ao resto de participantes o que che tocou na tarxeta. A regra principal é que non se pode falar!


Cómo imitaríades vos a un mexillón? E a Julio Iglesias? Estou segura de que adiviñalo non sería doado pero... é o que vos reiríades? 😉

- Twister caseiro:
O twister é un xogo internacionalmente coñecido, e o mellor de todo é que podemos facelo nos mesmos. 
Pegaremos no chan 6 círculos de cor verde, 6 vermellos, 6 amarelos e 6 azuis (poden estar feitos con folios de cores ou pintados).
Nun recipiente meteremos notas que poñan pé esquerdo/dereito e man esquerda/dereita e noutro recipiente poñeremos notas coas cores (verde, vermellos, amarelo e azul).
En cada turno haberá que sacar unha nota de cada recipiente e os xogadores terán que facer o que se mande, por exemplo:
Man esquerda- cor azul.


Ao principio será moi doado pero a medida que vaiamos sacando máis papeis...cambia o conto!

- Xogo dos sentidos:


A regra principal e que neste xogo só se pode empregar un sentido, por exemplo:

O gusto: "Adiviñar sabores". Cos ollos pechados e a boca aberta iremos probando diferentes alimentos: un anaco de limón, uns grans de azucre, unhas pingas de vinagre..Acertarédelos todos?

O olfacto: pechamos de novo os ollos para tratar de adiviñar qué é o que estamos ulindo (champú, colonia, zume de laranxa, queixo...).

O oído: Faremos soar diferentes obxectos que teñamos pola casa e empregando só o noso oído, teremos que tratar de adiviñar de que se pode tratar.

O tacto: Metemos nunha saqueta ou bolsa un obxecto (fideos cocidos, unha esponxa, un cartón de ovos...). Despois introducimos unha man, e teremos que palpar para descubrir o que esconde dentro.

A vista: Esta vez os ollos non poden estar tapados...jeje.. Taparemos cun pano un obxecto e so amosaremos unha esquiniña do mesmo. Seredes capaces de adiviñar o que hai debaixo?

As diferentes reaccións serán memorables!

- Furor:

Un clásico dos nosos tempos!!


 Recordades aquel programa no que dous equipos tiñan que cantar cancións nas que aparecera unha palabra concreta? 
Podemos facer a nosa propia versión e adaptala xs nenxs, empregando vocabulario que sexa habitual nas cancións infantiles: animais, partes do corpo, cores...
Ou incluso xogar a facer rimas coas palabras. Que sae a palabra "azul" pois pensamos outra que rime, por exemplo "tul", e agora que as temos, fagamos unha frase!  Poden saír frases moi simpáticas.


Agardo que con estas 6 propostas de hoxe, pasedes un bo día e mañá vos doa o corpo de tanto rir! 😋

Ata a próxima!





miércoles, 25 de marzo de 2020

Relaxarse tamén é importante

Como ben sabedes, xa estamos encamiñando esta segunda semana de confinamento e ao igual que nos pasa aos adultos, xs nenxs tamén comezan a manifestar emocións de todo tipo. 
Nun primeiro momento estarán moi contentos (non ter que madrugar axuda! e pasar tempo con mamá e papá...moito máis!) pero no día a día comezarán a xurdir pequenos conflictos e enfados, e isto tamén dará lugar a momentos nos que sintan tristeza.

Tranquilxs! Todo entra dentro da normalidade e neste caso os adultos temos un papel realmente importante: buscar técnicas que axuden aos pequenos a manter a calma. 

Así que diso vai a entrada de hoxe.

Todo é moito máis doado de aprender cando un se sinte identificado con algo. Pois ben, o monstruo de cores (ese que infantil coñecemos de sobra) tamén está enterado do que está a pasar e quixo adaptar o seu famoso conto a situación. 

Aquí vos deixo un enlace (facebook de MIAC) onde podedes ver a nova historia:



- Masaxes:


Hai algo máis relaxante? Pode ser na espalda, na cabeza, na cara, nas mans....
É super doado, só tendes que imitar diferentes accións cos dedos. Ahí van algúns exemplos:

 Mover os dedos como si foran pingas de auga que caen do ceo.
Ahora como si centos de formiguiñas estiveran botando unha carreira.
Debuxamos flores co dedo índice.
Cas palmas das mans imitamos as pisadas dun animal grande.

Incluso podemos empregar pinceis ou brochas de maquillaxe para que faga máis cosquilliñas ou inventar unha canción mentres damos a masaxe.

- Pintar:
Unha actividade que pode resultar moi relaxante para xs nenxs é pintar. Pero esta vez ímolo a facer dunha forma diferente.
Seguro que na casa tendes unha banqueta ou mesiña pequena. Xenial! Ahora.....dádelle a volta! Si, si...estades a ler ben...dádelle a volta e enrolade nas súas patas papel film ou papel continuo. Algo así: 


Proporcionádelle o material necesario (témperas, pinceis, rotuladores....) E deixade que se convirtan en pintores.
Mentres enchen o seus lenzos de cores, podedes poñer música relaxante de fondo. Aquí tendes unha opción:



- Observar as nubes.
Aproveitade o bo tempo que estamos tendo para observar as nubes e interpretalas. Seguramente a vosa imaxinación vos faga ver dragóns, tartarugas, guerreiros...


E cando o sol se esconda e saían a lúa e as estrelas, aproveitade para saber máis sobre elas. Si tendes un telescopio será xenial pero si non, non vos preocupedes porque podedes descargar unha aplicación no móbil chamada "MAPA ESTELAR". Unha vez a teñades, so tendes que apuntar cara o ceo e veredes o nome de todas elas.


- Albúm de fotos:
Empregade algún ábum de fotos que teñades na casa para contarlle as historias que corresponden a cada unha delas: viaxes, aniversarios, comida na casa dos avós, un día na praia.... Trátase de rememorar momentos fermosos e divertidos, e por suposto, de poder ver aos nosos familiares que de seguro tamén estarán nas súas casas.


Isto incluso pode servir para que xuntos fagades unha lista con todas as cousiñas que queredes facer en canto todo volva á normalidade.


Outra opción é ensinarlle xs nenxs as fotos da vosa infancia. Encántalles coñecer as travesuras que facíades, a que xogábades cos vosos irmáns e primxs, se tíñades mascota... Animádevos a contarllas!


 Isto é todo por hoxe pero recordade que...relaxarse tamén é importante!

Bicos mil 😘


lunes, 23 de marzo de 2020

Nova proposta!



Un día máis é un día menos! Ánimo familias! 💪🍀

Hoxe traiovos unha proposta para comezar esta segunda semana de confinamento, preparados? Imos aló!

Nas aulas de Educación Infantil, estamos acostumados a comezar o día ca elección dx encargadx. Un papel moi importante, xa que as funcións maís importantes do día, recaen sobre a súa figura e polo tanto, ten que ser un modelo a seguir.

- Para levar a cabo a súa primeira tarefa, precisará un calendario (estou segura de que todxs contades con un). Con él traballamos contidos tales como a secuenciacións, a recta numérica, os conceptos de onte-hoxe-mañá, os días da semana, os meses, as estacións...etc.
Que vos parece si esta vez o empregades para facer unha conta atrás? Podemos ir riscando os días que faltan para que todo isto pase...de momento falan do 11 de abril, pois marquemos ese obxectivo.

- Por outra banda, recordádelle que xa cambiamos de estación, ahora atopámonos na primavera, ensinádelle diferentes imaxes da nova estación (flores, paxariños, froitas...) xunto con outras que se relacionen cas estacións que xa pasaron (paraugas, choiva, bufanda...). A tarefa será, relacionar cada imaxe coa estación correspondente.


- Seguinte tarefa: Hoxe x encargadx pon a mesa! 


Sodes conscientes de todo o que estamos traballando con esta sinxela tarefa? Vocabulario, reconto, orientación espacial, reparto, autonomía...
Por suposto ao acabar de xantar, pode axudar a recoller e a colocar cada cousa no seu lugar... De seguro mentres o fai canta esa cancionciña que tanto empregamos no cole que dí:
🎵🎵 A recoller, a ordear,cada cousiña ao seu lugar.... 🎵🎵


- Continuamos: Hoxe podemos facer unha composición artística empregando elementos do contorno (si tendes xardín ou horta: follas, flores, algunha pluma que se lle caera a algún paxariño, pedriñas, paus...)  ou da vida cotiá (palillos, algodóns, a tona dunha laranxa, tapóns de botellas...). Deixade que cada quen deixe voar a súa imaxinación. As composicións serán espectaculares.



- Seguinte tarefa: Creamos a nosa propia: 


Qué vos parece na hora da merenda? Podedes plantexalo con algo así como:

 Si a merenda queres papar, as pistas antes terás que atopar!

Escribide varias notas e agochadeas pola casa. Cada unha terá anotada unha pista ou unha proba que xs nenxs terán que pasar para conseguir atopar a merenda.
Deixovos algúns exemplos:

Pista1: Atopa 5 zapatos diferentes.
Pista 2: A seguinte pista atoparás si nunha maceta vas mirar.
Pista 3: Nomea 6 cousas de cor verde.
Pista4: A seguinte pista conseguirás si unha canción sabes entonar.
Pista5: Entre os peluches atoparás a pista6, corre e verás.
Pista 6: 20segundos saltando a pata coxa.

(E así, todas as que queirades...A última delas, indicará donde está a merenda: na neveira, nun caixón, dentro da mochila do cole...).

Pasaredes un moi bo rato e de seguro vos reiredes.


-Última tarefa:  Hoxe a cena fagoa eu! 

Si hai algo que por excelencia soe gustarlle aos máis pequenos é....a pizza! 
Agora que temos tempo, preparade a masa e deixade que eles mesmos fagan a súa pizza cos seus ingredientes favoritos.
Sentiranse super maiores!


Isto é todo por hoxe!
Agardo pasedes un día entretido! 😊
Un saúdo!






jueves, 19 de marzo de 2020

Especial coronavirus


Hoxe o avoíño Rancañán asoma polo blog para falarvos a todxs do coronavirus.

Como ben sabedes, o avoíño está dentro dese grupo ao que chaman "persoas de risco" e ao igual que todxs vos, él tamén queda na casa.

Nestes día estase a enterar de que moitxs nenxs da comarca tendes un montón de dúbidas acerca do que está pasando e por iso vos quere axudar.

Fai uns días deixei por aquí o enlace a un conto sobre o coronavirus (por si non víchedes, aquí o tendes de novo):



Pero hoxe traio outro diferente. Neste explícase o motivo de por qué temos que ficar na casa.
 Tanto o avoíño como eu, estamos seguros de que moitos non entendedes esta medida, enfadadesvos con mami e con papi porque non vos levan ao parque e de seguro que aínda que preguntedes...non vos contan demasiado.
Pois, pinchade aquí, que con este CONTO titulado "Misión quedarse en casa", seguro que resolvedes todas as dúbidas:


(Papis e mamis podedes imprimir o conto para que xs nenxs o pinten e para recortar a medalla do final).

Xa sabemos que é iso do coronavirus, tamén coñecemos o motivo polo que temos que ficar na casa, pero...qué máis podemos facer? 

Qué vos parece un XOGO? Aquí tendes as instruccións:


Con este xogo concienciaremos axs nenxs da importancia de lavarse as mans durante este confinamento (Ollo! despois tamén 😅).

Máis cousiñas...

Todo se aprende mellor con... MÚSICA!! E hoxe traiovos unha canción moi axeitada:

"Quédate en casa".


Ademáis de cantala tamén podemos bailala! 
Que divertido bailar en familia!! E que bo para xs nenxs traballar a coordinación de movementos e o ritmo 😉.

Xa como última recomendación para hoxe...
Non deixedes de visitar en youtube os VIDEOS deste mestre: Diego Ricón.

Como si dunha misión científica se tratara, Diego propón unha serie de actividades (capítulos diarios) para facer na casa, que nos axudarán a conseguir unha serie de "corona puntos" e así poder efectuar unha cura para volver a saír á rúa, voltar ao cole, xogar no parque...

Aquí vos deixo o primeiro:




Agardamos vos resulten prácticas as propostas de hoxe!


Un saudiño e a coidarse!! 😘











martes, 17 de marzo de 2020

Sorpresa dende a antártica!


Esta vez na nosa aula recibimos unha moi grata sorpresa da man do noso amigo Pepe.
Pepe, que hoxe estaba xoguetón, propúxonos un xogo para descubrir quen é o seu mellor amigo e contounos o seguinte:

- Vive na antártica, un lugar no que hai moitos bloques de xeo e q no que fai un frío terrible. Está cuberto de plumiñas brancas e negras pero non pode voar, só planear. Encántalle nadar e bucear e o que máis lle gusta comer son os peixiños e os calamares...
Sabedes xa de que animal está a falar?

Efectivamente, un pingüín! Concretamente Skipper!
Skipper vive ca súa familia pero últimamente andan un pouco preocupados xa que a contaminación está ameazando o seu fogar.  Co fin de que o axudemos, a Skipper ocurréuselle algo....que xs nenxs da nosa aula apdriñemos/amadriñemos a un dos seus familiares....e nós que somos moi de axudar...que pensades que fixemos???
 Mans a obra!

Foi tan doado....Entre todxs pensamos un nome, fixemos propostas e unha votación. Rexistramos todos os datos e sabedes cal foi o nome elexido?

BENITO.



Despois solicitamos o noso apadriñamento (unha proposta do exército de terra-ministerio de defensa para que todxs nos comprometamos a coidar o planeta e así os pingüíns podian voltar a súa illa de orixe):



Skipper púxose tan contento que nos mandou algo:



Unha caixa con fotos da súa vida na Antártica (nunha ata sae Pepe cando viaxou ata alá), plumas de pingüín, neve e...un anaquiño de iceberg metido nunha botella!).
Para explicarlle aos nenos o que fai a contaminación na Antártica empregamos a botella:


Primeiro tocárona para notar o xeo e puderon comprobar que está moi pero que moi frío e moi duro. Despois deixámola nunha mesa ata o día seguinte e cando chegamos...o xeo derretírase! Non quedaba nada.
 Este experimento axudounos a concenciarnos do importante que é coidar o planeta. Por iso, na nosa clase levamos a cabo medidas como o reciclaxe, o aforro de auga...etc.

Unha das cousas que máis nos chamou a atención no paquete recibido, foi a neve. Pois no nosos pobo aínda que as veces fai moito frío, nunca chega a nevar. Skipper debeu de enterarse disto, porque uns días despois.....:


Recibimos unha caixa chea de neve. Xogamos a facer, bonecos, bolas... Foi moi divertido, eso sí de vez en cando tíñamos que descansar porque conxelábansenos as mans.

A mestra agasallounos cunha bolsiña chea de neve que puidemos levar para casaxunto co noso diploma de apadriñamento:


Como este tema nos gustou tanto, a profe púxonos un video para saber máis cousiñas sobre eles:


(Como nacen, que comen,como camiñan....)

Ademáis de todo isto, tamén tivemos tempo para ler un conto:


(Con este conto traballamos a confianza e a seguridade nun mesmo e o compañeirismo).

-Recitar poemas:



- Escoitar e aprender cancións:
(Repasamos os números, recoñecemos as partes dos pingüinos, camiñamos coma eles, bailamos e cantamos).








- E coñecer a Pingu! Un pingüino moi peculiar.



Ata a próxima entrada! 👋