lunes, 16 de marzo de 2020

En tempo de confinamento...eu quedo na casa.

Son moitas as familias que nos últimos días estannos a pedir axuda para coñecer o tipo de actividades que poden levar a cabo na casa cos nenos e nenas.
Pois ben, ahí van unha serie de propostas que de seguro vos poden axudar:

- Marcar un horario:
É moi importante que o alumnado non perda as súas rutinas diarias, por iso o máis axeitado e que fagades un horario (similar ao do cole) onde apuntar as actividades que tendes para cada día xunto co tempo que adicaredes a cada unha. Isto vailles axudar a estructurar a súa mente.

- Actividades relacionadas ca autonomía:
Este confinamento, convírtese no momento perfecto para ensinarlle aos máis pequenos as actividades da vida cotiá: lavar a louza, varrer, limpar os cristais, emparellar calcetíns.. deixade que o fagan eles mesmos! 
Isto implica tamén o feito de vestirse,cepillar os dentes, peitearse...Á diferenza de fai tan só uns días, agora non temos prisa! Non pasa nada si en vez de 5, lles leva 15 minutos.



- Conteo, comparación, clasificación:
Practicar estos conceptos na casa é moi doado: froitas, pinzas da roupa, fotos, ceras de cores, patacas....todo vale! 
Podemos contalas e anotar o número nun papel ao lado, ordealas de maior a menor, clasificalas por cores ou tamaños...




- Lectoescritura:
O mesmo pasa ca lectoescritura...Podemos buscar as letras do noso nome nos periódicos e revistas, botar fariña nun prato e escribir co dedo, empregar plastilina para facer letras...


                                                        




              

- Manualidades:
Empregade material de refugallo: botellas de plástico, cartóns, papeis de agasallo...e por suposto rolos de papel hixiénico (eses que estos días están tan  "de moda"). 

              



- Expresión plástica:
Debuxar é algo que por norma xeral,gusta. Podemos deixar que xs nenxs debuxen libremente ou proporlle o seguinte: mirar pola fiestra e debuxar o que ben, escoller algún elemento do xardín e recrealo, representar o xarrón con flores que hai no salón...
Para facelos poden empregar ceras, rotuladores, acuarelas...Con todas as súas creacións podemos montar un pequeno museo no corredor.

       


- Lectura de contos:
Podemos empregar os que temos na casa ou buscalos en youtube, onde podemos atopar contacontos de todo tipo e en diversos idiomas.
Gustaríame deixar o enlace a unha páxina onde podedes atopar e descargar un conto creado especialmente para que os máis pequenos entendan o que é o coronavirus:


Ademáis, en cada páxina, conta cunha serie de preguntas que nos van a axudar a conversar do tema cxs nenxs.

- Experimentos:
Mesturar potingues é o noso! Que vos parece levar a cabo unha sesión de ciencias na casa? Mestura de cores, slime caseiro,botellas sensoriais...

                


 

- Obradoiros:
Existen infinidade deles pero dous que soen gustar moito son o de COCIÑA: biscoitos, galletas, emplatados divertidos, bocadillos con diferentes formas... 



E o de XARDINERÍA: facer un pequeno horto, plantar diferentes sementes en botellas, facer un "crecepelos"..



- Xogos de mesa:
Un clásico! De seguro na casa tendes  un parchís, a oca, cartas, o 3 en raia, o dominó...Todos eles son unha opción estupenda xa que implican a búsqueda de estratexias, fomentan a atención, o conteo, a relación....



- Xogos de creatividade:
Por qué non facemos un concerto na casa? Podemos elaborar os nosos propios instrumentos, disfrazarnos coma os nosos artistas favoritos e cantar e bailar ata quedar esgotados.
Quedaredes abraiados si lles dades un caixón cheo de retais e complementos aos vosos fillxs..a creatividade non ten límites!

- Deporte:
Non esquezades que é importante practicar tamén algo de deporte, tanto si tendes un xardín, horta ou terraza,coma si non. Só temos que adaptarnos ao espazo.

- Xardín ou horta: Gincanas onde teñamos que ler pistas e atopar o que se pide, xogar a pilla, carreiras de sacos, o xogo do pano...
- Terraza ou interior: Ioga, pilates...







- Tecnoloxías:

Ollo con isto! Xs nenxs xa usan demasiado as tecnoloxías en situacións normais, polo tanto o meu consello é que agora,durante o confinamento, aproivetando que non dependemos de prisas nin dehorarios pechados, limitedes o seu uso, empregade só as tecnoloxías con fins educativos e non como mero entretemento. Aquí vos deixo unha opción:



Ata aquí as miñas propostas. 
Lembrade! A parte positiva de todo isto é o tempo que podedes pasar cos vosos fillxs! Ese do que a veces nos queixamos e que botamos en falta....Agora é o momento: xogos, conversas, risas.....en definitiva: momentos para o recordo!

Un saúdo! 🙋



















No hay comentarios:

Publicar un comentario