viernes, 22 de febrero de 2019

Profesións


Dentro dos contidos deste trimestre, traballamos as profesións. A todos nos pasa que dende que somos nen@s, soñamos co que seremos cando seamos maiores. Pola nosa cabeza pasan mil ideas: astronauta, cantante, cociñeir@, científic@...e incluso as 4 cousas xuntas!
O avoíño Rancañán falounos dun bo amigo seu que era fareiro e claro, nos quixemos saber máis e puxémonos a investigar. Despois da investigación, rexistramos os datos máis importantes e elaboramos o noso propio faro.



O que máis molou foi prender á lámpada dos nosos faros,con achegalos á fiestra...listo!



O seguinte paso, foi investigar sobre aquelas profesións que máis coñecemos: as das nosas familias! Foi moi chulo falar de todas elas.


A través deste tema podemos traballar diferentes valores como a igualdade entre homes e mulleres, pois tod@s podemos adicarnos a aquela profesión que desexemos, e para demostralo, ahí vai o noso traballo (sempre rexistrando datos):

1: Perruqueir@s


Un dos perruqueiros máis coñecidos no noso país é un home chamado LLongueras! Aproveitamos que na aula temos un maletín con todos os utensilios que se precisan para levar a cabo este oficio, e ademáis, creamos os nosos propios peiteados empregando diferentes técnicas e materiais.


2: Pilotos de carreiras


Coñecedes a Carmen Jordá? Esta moza é das mellores pilotos de carreiras que existen!!
Con este oficio aproveitamos para traballar á Educación Vial. Puxemos en práctica os nosos coñecementos a través de xogos:


E o avoíño Rancañán presentounos a outro vello amigo: Seguriño, un semáforo rapeiro:


3- Futbolistas


Verónica Boquete! Si, si, unha muller!! e non vexades como corre e os goles que marca! 
Para indagar máis nesta profesión aproveitamos a clase de psicomotricidade para facer un auténtico adestramento de fútbol, co seu quentamento, os seus circuitos, os tiros a porta....foi moi divertido!

4- Cociñeir@s


Quen non coñece a Chicote? O alumnado de Granxa xa o coñecía pero polas campanas de fin de ano! jeje. 
Este cociñeiro é moi coñecido polo estilismo dos seus mandilóns, que orixinais! E claro...nos tamén lle diseñamos algún. E ademáis, fixemos un concurso de galletas de plastilina.


Como podedes observar, est@s nen@s traballan un montón e ahora entre tanta profesión interesante...xa non saben por cal decatarse! Menos mal que aínda teñen moito tempo por diante para decidilo!














Imos máis alá...

Na nosa escola levamos xa un tempo investigando e aprendendo cousas sobre os animais domésticos e esta vez, demos un pasiño máis alá.
Seguramente todos sabedes que os animais domésticos son aqueles que conviven connosco nun fogar e cos que compartimos moitos momentos do noso día a día: xogamos, coidámolos, alimentámolos, paseamos...etc.
Pero algunha vez nos paramos a pensar nas cousas que fan eles por nós?
Pois hoxe ese foi o noso obxectivo! Fixemos unha gran asamblea sobre o tema e empregamos as TICS para buscar información sobre todo o que falamos e polo camiño descubrimos moitas cousiñas MOI importantes:

1- SOIDADE

 

Son moitas as veces en que tod@s nos sentimos tristes, e un bo remedio para sanar esa dor que temos no corazón pode ser a compañía dunha mascota. E o mesmo pasa, cando por diferentes circunstancias, nos sentimos sos. 
A súa presenza, fai que nos sintamos moito mellor. Falamos con elas, agarimámolas e na maioría dos casos tamén recibimos unha carantoña da súa parte (a modo de lingüetazo) e todos estivemos dacordo en que, cando isto sucede, o noso corazón empeza a sorrir.

2- PROBLEMAS DE SAÚDE


Sabiades que hai moitos animais que poden axudarnos si temos algún problema de saúde? Pois si, hai moitos casos e tamén hai moitos animais que nos poden axudar: cabalos, coellos, gatos... Pero sin dúbida, un moi bo exemplo son os cans guía. Sabedes cal é a súa labor? Estos cans, están adiestrados para  axudar as persoas con deficiencia visual grave nos seus desplazamentos, mellorando así, a súa autonomía!  

3- PROFESIÓNS:


Ahora igual alucinades un pouco, pero....hai animais que axudan as persoas nas súas profesións! Por exemplo: os cans policía. Non, non...eles non levan esposas, pero o seu olfacto é moi mellor que o noso e son capaces de rastrear lugares ata atopar o que está agochado. Como nos gustaría ter un can profe! para que nos axudara a aprender máis cousiñas na escola! 😋

Son tantas as cousas boas que unha mascota pode facer por nós que non entendemos como as veces, hai xente que se porta mal con elas, algo ao que lle chaman: MALTRATO ANIMAL. Para rematar o día e entender mellor o que é isto, vimos unha curtametraxe que nos encantou. 

Aquí a deixamos:


Nos, non podíamos quitar ollo..



Agardamos que vos guste tanto coma a nós!

Deica a semana!




viernes, 15 de febrero de 2019

Visitas que deixan pegada


Esta semana seguimos traballando no noso proxecto "Protexe os animais".
Esta vez o noso traballo parteu dun conto: "Un fogar para Marmelo".

Marmelo é un canciño ao que a súa familia deixou abandonado no bosque. Marmelo está moi triste dende entón, pero grazas ao seu amigo Naturizo consigue atopar outra.


E para profundizar na importancia do abandono animal recibimos unha visita na nosa escola: a Protectora Moura!

A visita en cuestión foi realmente emocionante, pois xunto a Natalia, viñan un policía, un membro de protección civil e un fermoso can chamado Byron, que causou un gran alboroto na aula (recordade que os animais son unha das nosas debilidades!)



                                          

Contáronnos un montón de cousas moi importantes:

1- A historia de Byron.

2- Como actuar se atopamos a un canciño perdido.


3- Que é un chip e como se usa o lector.



O que eles non sabían, e que nos tamén tíñamos unha sorpresa: o noso graniño de area para facer máis felices a todos os peludiños que se van atopando:



Así rematou o noso día....moitas grazas pola vosa visita Natalia, Toni e Virginia! Voltade cando queirades!! 

E recordade:

Non merquedes, ADOPTADE!!!


Hello!

En inglés continuamos o percorrido polo mundo animal, esta vez cos animais da granxa. Como é o nome do noso cole e non podía ser doutra forma, neste tema somos todos uns expertos e saíron moitos nomes! Só nos quedaba sabelos en inglés (aínda que xa sabiamos algún). Estivemos falando deles e sobre todo xogando moito, que é como nos gusta aprender! Empregamos a ruleta máxica, xogamos a imitalos, a adivinar…


      
       


Tamén nos gusta moito cantar… Deixámosvos con máis vídeos para que tamén vós aprendades os nomes e os sonidos dos animais da granxa (algúns son moi diferentes e o noso preferido é, sen dúbida algunha, o do rooster!)



Bye bye,butterfly!

jueves, 14 de febrero de 2019

Eu "love" a miña escola!


Na nosa escola sabemos que o amor é algo que debe manifestarse cando un o sinte, independientemente do día do ano que nos atopemos. Aínda que ben certo é que ese tal "Valentín" faise notar cada 14 de febreiro.

O que temos clarísimo é que o amor pódese repartir entre todo aquelo que nos fai sentirnos ben: amor polas nosas familias, @s nos@s compañeir@s, as nosas mascotas, o noso pobo, @s nos@s mestres e incluso amor por nós mesmos!

Por iso non quixemos deixar pasar a ocasión de elaborar un agasallo para aquela persoa que cada un elixiu: un papá, unha mamá, un avó, un irmán, unha curmá....etc.

Este foi o resultado:

As nosas flores con mensaxe



Cada un foi o encargado de elaborar o seu propio diseño, escribir a mensaxe, recortar con moito coidadiño e facer o tan fermoso packaging....Polos sorrisos dos destinatarios: todo un éxito!

Esperamos que vos gusten tanto como a nós!


martes, 12 de febrero de 2019

Queres coñecer a nosa escola?

EEI A GRANXA

O alumnado da Granxa quere promocionar a súa escola para que todos e todas formedes parte da nosa gran familia!


Aquí vos deixamos un breve resumo da nosa metodoloxía:


Pero si queredes coñecernos un pouquiño máis...dádelle ó PLAY!!!! 


Ahí queda iso, agardámosvos! ☺️

viernes, 8 de febrero de 2019

Porque xogando, tamén se aprende!

Na escola da Granxa, temos moi claro que o xogo e a aprendizaxe van da man e que resulta moito máis doado aprender novos contidos cando os mesturamos cos aspectos máis lúdicos.
Así pois, neste caso, dentro de "Protexe os animais", os xogos tamén teñen cabida e empregamos aqueles máis cotiás xunto cos máis modernos:

MEMORY:
A un lado as imaxes e ao outro o seu nome. Seremos capaces de recordar donde está cada un para conseguir formar a parexa? 
O obxectivos deste xogo son repasar os animais que fomos aprendendo, asociar imaxe e palabra e fixar a atención:


PUZZLES:

A través dos puzzles o alumnado non só pon en práctica a asociación senón que tamén pon a traballar a súa imaxinación, pois podemos crear un "pato" ou un "patoruga" unha rá ou un "ragato":



XOGOS INTERACTIVOS:

Como nos gusta a tecnoloxía! Outro xeito de traballar os contidos de sempre pero dende un punto moito máis atractivo. Neste caso, buscamos as diferencias entre dúas láminas aparentemente iguais, identificamos os animais según as súas características, respostamos preguntas...






ROBÓTICA:

E que tal un pouquiño de robótica? Cunhas simples pistas debemos atopar o animal e facer chegar ao noso rato robótico ata él. Este xogo podémolo ir complicando pouco a pouco e aínda así, segue a resultar divertidísimo!





Deica o venres amig@s!






miércoles, 6 de febrero de 2019

Artistas


Si hai algo que lle gusta facer ao avoíño Rañcañán no seu tempo libre é pintar. Pode pasar horas e horas retratando aos seus amigos e pintando fermosas paisaxes mariñeiras.
É por iso que o noso alumnado, decideu sumerxirse no mundo da arte e o primeiro que fixemos foi investigar sobre un dos seus  mellores amigos, un tal Vincent Van Gogh...


O que tal aprendemos...o seu país de orixe, como era coñecido pola xente, cantos cadros pintou...e incluso analizamos algunhas das súas obras máis coñecidas. Despois fixemos unha votación para saber cal era a que máis nos gustaba e comprobados os resultados...decidimos facer as nosas propias réplicas de "Noche estrellada" empregando só os nosos dedos:


Unha cousa leva a outra e planteousenos unha dúbida sobre as cores....que pasa se as mezclamos? En menos de 5 minutos xa o estabamos comprobando:



O noso gusto polo tema foi tal, que decidimos convertir a nosa aula no escenario perfecto para pintar as nosas obras, e si temos que darlle a volta as mesas para crear os nosos lienzos....dámoslla!


O resultado....espectacular!



Isto continúa amig@s! ;)