lunes, 11 de mayo de 2020

BAIA CHANNEL (Capítulo 4)


Como xa sabedes, adicamos o primeiro mes de confinamento a publicar diferentes propostas para o alumnado de Educación Infantil. Pero hoxe comezamos un novo apartado  dentro do noso blog, adicado especialmente, ao alumnado de 3 anos:

"O Baia Channel"


O Baia channel está diseñado polo avoíño Rancañán, a mestra Sandra e a mestra Isa.

Como si dunha canle de televisión se tratara, terá seccións de tódolos gustos.


 Cada luns engadiremos unha entrada con varias propostas para realizar ao longo de toda a semana, na medida que as familias consideredes (tempos flexibles, actividades voluntarias...etc).
--------------------------------------------------------------

LUNS 11 DE MAIO DO 2020

Arrancamos a segunda semana de maio con moitas ganas!
Vexamos o que temos esta vez:










---------------------------------------------------------------------




Hoxe comezamos cun conto que de seguro moitos coñecedes, titúlase: 
“NO ES UNA CAJA”.


Qué vos pareceu? Vos que fariades cunha caixa? Imolo ver na seguinte sección!

*****


Propoñémosvos un reto: buscade unha caixa que teñades na casa, pode ser grande, pequena, xigantesca.....Si non tendes caixa, non pasa nada, podedes empregar un rolo de papel hixiénico ou de cociña.




 Poñede en práctica a vosa imaxinación e....convertédea en algo orixinal. 

 Non dubidedes en mandarnos fotos para que vexamos os resultados!

E xa que estamos falando de caixas....propoñémosvos un xogo:

A caixa sorpresa:

Só necesitades unha caixa cun burato na parte de arriba.
Alguén que esté con vós, meterá algo dentro (un allo, un garfo, o mando da tele, unha froita..). Deberedes meter a man e intentar adiviñar de que se trata.



Só si é moi difícil podedes facer preguntas que teñan por resposta SI ou NON, por exemplo:
Serve para comer?
Colléchelo no salón?
Estaba no meu estoxo?

As risas están aseguradas!


*****

LETRAS:
A actividade de hoxe consiste en seguir repasando as letras dos vosos nomes. Para iso precisades:

-Pinzas de madeira nas que un adulto escriba as letras do voso nome (unha letra en cada pinza).
-Un cartel co voso nome escrito en letras maiúsculas.

Unha vez que teñades todo o material preparado teredes que ir colocando cada pinza, sobre a letra correspondente do voso nome, ata que o completedes.
Tamén o podedes intentar cos nomes dxs compañeirxs.

Deixámosvos un exemplo:





CIFRAS:

 En canto as cifras esta semana...deixámosvos un experimento: Flota ou afunde?

O primeiro será seleccionar 10 obxectos pequenos que teñades na casa.
Despois botaredes auga nun recipiente.
E xa só nos queda ir introducindo os obxectos de un en un no recipiente e observar o que pasa...


Cántos flotan? Cantos afunden?
Incluso podedes facer as vosas apostas antes de introducir os obxectos. Quén acertará máis? Anotadevos un punto por cada resposta correcta nun papel e ao final...facede o reconto! 

*****


Como xa lle demos a benvida á primavera e comezan a saír as flores, propoñémosvos unha actividade na que fagades as vosas propias flores con materiais que teñades na casa.
Podedes empregar rolos de papel hixiénico, pasta de alimentos, cuncas de ovo, tapóns,… o que se vos ocurra.
Despois podedes pegalas nas fiestras e así adornar as habitacións da casa.

Aquí vos de deixamos varios exemplos. Van a quedar fermosas!!



*****


Como última proposta da semana....MERENDAS SAUDABLES EN FAMILIA. Con esta actividade os nenos fomentarán a súa autonomía e creatividade á vez que desenvolven a súa imaxinación e educan o paladar. Ademáis poñerán en práctica destrezas psicomotoras (cortar, untar, colocar...) e lóxicomatemáticas (conteo dos diferentes alimentos, repatición, suma, asociación...).
Aquí tendes varios exemplos:

 



                                


Se queredes podedes mandarnos as fotos dos resultados!

_______________________________

SECCIÓN ESPECIAL!!!



Por mor das Letras Galegas, esta semana non podía faltar a sección de Galegos no mundo.

Como cada ano, celebramos que a nosa terra ten lingua propia e adentrámonos nunha viaxe que nos permite coñecer aqueles rasgos culturais que nos caracterizan.
Este ano adícaselle a semana das letras galegas ao autor:  Ricardo Carvalho Calero, un home que dende neno amosou a súa paixón pola literatura:



É como apaixonado da literatura, estamos seguras de que tiña un montón de marcapáxinas para non esquecer onde se atopaba en cada aventura. Por iso, propoñémosvos que para celebrar as letras galegas, fagades os vosos propios marcapáxinas. Aquí vos deixamos dous modelos diferentes:

- Marcapáxinas con pompas de xabón:
- Cartolina branca.
-Pintura de diferentes cores rebaixada con auga.
- Utensilios para facer pompas (pompero, limpapipas, botella, palliña...)


Só tendes que enchoupar os pomperos na pintura e soprar enriba da cartolina!


Cando a cartolina esté seca, recortaredes un rectángulo e faredes un buratiño para atarlle un cordel. Listo!

- Marcapáxinas sensorial:

- Papel film, forro ou bolsiña transparente.
- Purpurina, estreliñas, abalorios, papeis de cores...

É moi doado, só tendes que facer unha bolsiña e meterlle dentro todos os adornos que queirades. Despois cerrarédela, farédeslle o buratiño e engancharedes un laciño. 



Agardamos os resultados!

*****



Xa para rematar....deixámosvos as propostas do profe Aitor para esta semana.
Qué tal si aproveitando que xa podemos saír á rúa, levamos a cabo unha serie de xogos populares?
-  A comba:
Dous danlle á comba (ou amarrámola nunha árbore por un extremo) e outro salta mentres se canta iso de...:
Rei, rei, cantos anos durarei? Vintecinco, non o sei. Un, dous, tres, catro, cinco…” 

Quén aguantará máis tempo?

- A goma:
En cada pobo hai unha versión diferente deste xogo, pero aquí tendes esta video para coller ideas.


- Xogos de ritmo:

"Agora tócache a ti"
Ao ritmo da música movédesvos realizando distintos movementos e no momento que queirades, sinalades a alguén e decides: Agora tócache a ti!

"Stop"
Neste xogo temos que movernos ao ritmo da música e cando se deteña, quedarnos coma estatuas.

- Xogos con material de refugallo:

"A man máxica"

Con este xogo traballaremos a coordinación óculo-manual.
Só precisades unhas luvas de punto e unha pelota cuns cantos anacos de velcro pegados arredor.



Alguén nos lanzará a bola dende diferentes distancias e o obxectivo será intentar atrapala.





-       


Que pasedes unha feliz e entretida semana!

😘









No hay comentarios:

Publicar un comentario