lunes, 18 de mayo de 2020

BAIA CHANNEL (Capítulo 5)

Como xa sabedes, adicamos o primeiro mes de confinamento a publicar diferentes propostas para o alumnado de Educación Infantil. Pero hoxe comezamos un novo apartado  dentro do noso blog, adicado especialmente, ao alumnado de 3 anos:

"O Baia Channel"


O Baia channel está diseñado polo avoíño Rancañán, a mestra Sandra e a mestra Isa.

Como si dunha canle de televisión se tratara, terá seccións de tódolos gustos.


 Cada luns engadiremos unha entrada con varias propostas para realizar ao longo de toda a semana, na medida que as familias consideredes (tempos flexibles, actividades voluntarias...etc).
--------------------------------------------------------------


LUNS 18 DE MAIO DO 2020

Cómo imos indo familias? Agardamos que todo ben! Moito ánimo que xa queda menos!
Aproveitando que estamos na primavera e que parece que o bo tempo vainos acompañar os vindeiros días, imos a propoñervos unhas actividades con moita cor!

Comezamos ca programación da semana:







-------------------------------------------------------------------------------


Imos comezar repasando as cores da man do noso fiel amigo, o polo Pepe:


Agora que xa sabemos cal é a cor favorita do polo Pepe....a nós gustaríanos saber cal é a vosa!
-Escribide o nome nun papel.
- Cántas letras ten?Anotade o número.
-Nomeade 3 cousas desa cor.


*****


Si hay algo que lles encanta aos máis pequenxs, é estampar! Por iso hoxe en art attack....facemos os nosos propios sellos!
Precisamos:
- Botellas.
- Témpera rebaixada con auga.
- Esponxa.

Empregamos unha das botellas para marcar sobre unha esponxa o tamaño do tapón e recortámolo.
Botamos a pintura rebaixada ca auga nas botellas e fixamos o tapón de esponxa con pegamento.



Dámoslle a volta á botella e....xa o temos! Doado non si?


E xa que estamos...imos facer un xogo.
Collede:
- Folio.
-Dado.
- Ceras de cores.

Cos ollos pechados collemos unha cera. De qué cor é?
Despois tiramos o dado. Qué número saleu?
Collemos a botella que teña a mesma cor ca cera e estampamos sobre o folio tantas veces como o número que saleu no dado.
Non ten porque ser de forma ordeada, deixade que estampen no sitio que elixan, de ahí sairán obras de arte.

E si queredes coñecer outras formas de estampar....existen miles de opcións! Ollade:

- Algodóns suxeitos por pinzas ou rolos de papel hixiénico



- Bastonciños ou cepillos de dentes cos que salpicar a pintura.



- Patacas:


***** 

CIFRAS:

A actividade de hoxe consiste en facer series. Podedes facelas de distintas maneiras e con diferentes materiais. Por exemplo:

- Con pinzas da roupa:

                               





- Con formas xeométricas:



- Con cuncas de ovos:




LETRAS:

Seguimos repasando as letras do noso nome e esta vez queremos que o fagades con diferentes materiais: flores, botóns, papeis, pedriñas, cunchas...
Primeiro escribide o voso nome nun folio e despois ide poñendo cada un dos materiais, de forma ordeada sobre as letras. Aquí tendes un exemplo:


*****



Hoxe en Bricomanía imos facer un experimento: crearemos un Arco da Vella. 
Estamos seguras de que os debuxáchedes  para decorar os vosos balcóns nestes días, pero esta vez, imos facer un real!

 Precisaremos:
-Un vaso con auga.
-Un espello.
-Un cuarto escuro.
-Unha lanterna.

Coloca o vaso de auga sobre unha mesa e despois sitúa o espello no interior nun ángulo. Asegúrate de que a habitación esté totalmente a escuras.
 Colle a lanterna e dirixe a luz cara o espello que colocaches dentro do vaso e observa como aparece un arco da vella no ángulo do teu espello. Axusta o ángulo do espello como queiras!
Podes contar as cores que aparecen e dicir o seu nome.


*****


Agora que as cores xa están super repasadas...imos con outro xogo! Un xogo que require moita atención.
Seguro que moitxs mamás e papás recordades o xogo "Simón dice", un xogo no que tíñamos que ir pulsando as cores, na orde na que se mandaba.


Pois nós, imos facer a nosa versión caseira! Só precisades folios de cores. Mirade:


É un xogo por parellas, un vai marcando as cores e o outro vai copiando o patrón. 
Exemplo:
Amarelo- Repite.
Amarelo,azul- Repite.
Amarelo,azul,verde-Repite.

Será capaz de recordar tódolos pasos sen equivocarse?
Xa nos contades!


Hoxe queremos rematar tal e como comezamos...cun conto! 
Pode ser que ao igual que lle acontece ao protagonista, algúns nenxs non se sintan de todo seguros á hora de voltar a pisar a rúa. Por iso, decidimos inventarnos un conto moi especial titulado: "Xan e avoa Pepa".

Si queredes coñecer a súa historia, só tendes que pinchar aquí:


Dàdelle ao "play" e ide pasando as follas.

Con moito cariño as mestras Sandra e Isa 😘







No hay comentarios:

Publicar un comentario