Como xa sabedes, adicamos o primeiro mes de confinamento a publicar diferentes propostas para o alumnado de Educación Infantil. Pero hoxe comezamos un novo apartado dentro do noso blog, adicado especialmente, ao alumnado de 3 anos:
"O Baia Channel"
O Baia channel está diseñado polo avoíño Rancañán, a mestra Sandra e a mestra Isa.
Como si dunha canle de televisión se tratara, terá seccións de tódolos gustos.
Cada luns engadiremos unha entrada con varias propostas para realizar ao longo de toda a semana, na medida que as familias consideredes (tempos flexibles, actividades voluntarias...etc).
--------------------------------------------------------------
LUNS 18 DE MAIO DO 2020
Cómo imos indo familias? Agardamos que todo ben! Moito ánimo que xa queda menos!
Aproveitando que estamos na primavera e que parece que o bo tempo vainos acompañar os vindeiros días, imos a propoñervos unhas actividades con moita cor!
Comezamos ca programación da semana:
-------------------------------------------------------------------------------
Imos comezar repasando as cores da man do noso fiel amigo, o polo Pepe:
Agora que xa sabemos cal é a cor favorita do polo Pepe....a nós gustaríanos saber cal é a vosa!
-Escribide o nome nun papel.
- Cántas letras ten?Anotade o número.
-Nomeade 3 cousas desa cor.
-Nomeade 3 cousas desa cor.
*****
Si hay algo que lles encanta aos máis pequenxs, é estampar! Por iso hoxe en art attack....facemos os nosos propios sellos!
Precisamos:
- Botellas.
- Témpera rebaixada con auga.
- Esponxa.
Empregamos unha das botellas para marcar sobre unha esponxa o tamaño do tapón e recortámolo.
Botamos a pintura rebaixada ca auga nas botellas e fixamos o tapón de esponxa con pegamento.
Dámoslle a volta á botella e....xa o temos! Doado non si?
E xa que estamos...imos facer un xogo.
Collede:
- Folio.
-Dado.
- Ceras de cores.
Cos ollos pechados collemos unha cera. De qué cor é?
Despois tiramos o dado. Qué número saleu?
Collemos a botella que teña a mesma cor ca cera e estampamos sobre o folio tantas veces como o número que saleu no dado.
Non ten porque ser de forma ordeada, deixade que estampen no sitio que elixan, de ahí sairán obras de arte.
E si queredes coñecer outras formas de estampar....existen miles de opcións! Ollade:
- Algodóns suxeitos por pinzas ou rolos de papel hixiénico
- Bastonciños ou cepillos de dentes cos que salpicar a pintura.
- Patacas:
CIFRAS:
A actividade de
hoxe consiste en facer series. Podedes facelas de distintas maneiras e con
diferentes materiais. Por exemplo:
- Con pinzas da roupa:
- Con formas xeométricas:
- Con cuncas de ovos:
LETRAS:
Seguimos repasando as letras do noso nome e esta vez queremos que o fagades con diferentes materiais: flores, botóns, papeis, pedriñas, cunchas...
Primeiro escribide o voso nome nun folio e despois ide poñendo cada un dos materiais, de forma ordeada sobre as letras. Aquí tendes un exemplo:
*****
Hoxe en Bricomanía imos facer un
experimento: crearemos un Arco da Vella.
Estamos seguras de que os debuxáchedes para decorar os vosos balcóns nestes días, pero esta vez, imos facer un real!
Precisaremos:
-Un
vaso con auga.
-Un
espello.
-Un
cuarto escuro.
-Unha
lanterna.
Coloca o vaso de auga sobre unha
mesa e despois sitúa o espello no interior nun ángulo. Asegúrate de que a
habitación esté totalmente a escuras.
Colle a lanterna e dirixe a luz cara o espello que colocaches dentro do vaso e
observa como aparece un arco da vella no ángulo do teu espello. Axusta o ángulo
do espello como queiras!
Podes contar as cores que aparecen
e dicir o seu nome.
*****
Agora que as cores xa están super repasadas...imos con outro xogo! Un xogo que require moita atención.
Seguro que moitxs mamás e papás recordades o xogo "Simón dice", un xogo no que tíñamos que ir pulsando as cores, na orde na que se mandaba.
Pois nós, imos facer a nosa versión caseira! Só precisades folios de cores. Mirade:
É un xogo por parellas, un vai marcando as cores e o outro vai copiando o patrón.
Exemplo:
Amarelo- Repite.
Amarelo,azul- Repite.
Amarelo,azul,verde-Repite.
Será capaz de recordar tódolos pasos sen equivocarse?
Xa nos contades!
Hoxe queremos rematar tal e como comezamos...cun conto!
Pode ser que ao igual que lle acontece ao protagonista, algúns nenxs non se sintan de todo seguros á hora de voltar a pisar a rúa. Por iso, decidimos inventarnos un conto moi especial titulado: "Xan e avoa Pepa".
Si queredes coñecer a súa historia, só tendes que pinchar aquí:
Dàdelle ao "play" e ide pasando as follas.
Con moito cariño as mestras Sandra e Isa 😘
No hay comentarios:
Publicar un comentario