lunes, 1 de junio de 2020

BAIA CHANNEL (Capítulo 7)


Como xa sabedes, adicamos o primeiro mes de confinamento a publicar diferentes propostas para o alumnado de Educación Infantil. Pero hoxe comezamos un novo apartado  dentro do noso blog, adicado especialmente, ao alumnado de 3 anos:

"O Baia Channel"


O Baia channel está diseñado polo avoíño Rancañán, a mestra Sandra e a mestra Isa.

Como si dunha canle de televisión se tratara, terá seccións de tódolos gustos.


 Cada luns engadiremos unha entrada con varias propostas para realizar ao longo de toda a semana, na medida que as familias consideredes (tempos flexibles, actividades voluntarias...etc).
--------------------------------------------------------------

Comezamos un novo mes ca nosa batería de propostas. Unhas propostas que pouco a pouco se van complicando e nas que imos mellorando as nosas destrezas. 
As seccións para esta semana son:






 ------------------------------------------------------------------------

Último mes do curso! Sabedes como se chama? XUÑO!
Un mes no que ademáis de acabar o cole, comeza o verán, esa estación que tanto nos gusta a todxs!
Pois ben, esta vez queremos que fagades a conta atrás, dende hoxe ata o último día de cole, que será o día 19. Teredes que ir riscando no calendario cada un dos días da semana.

Cántas letras ten o nome do mes?
 Recoñecédelas? 
Tendes algunha desas letras no voso nome?

Por outra banda...propoñémosvos que durante unha semana rexistredes as temperaturas de cada día (podedes empregar un termómetro ou comprobalo no móbil).
Ide anotando a temperatura e facede o debuxo do que vexades no ceo.
Despois facede comparacións:

Qué día fixo máis calor? E cál menos? 
Repetíuse algunha temperatura? 

Podedes facer unha gráfica para observar os datos recollidos.



*****
Para esta actividade teredes que coller diferentes parellas de calcetíns que teñades na casa e mesturalos.



O reto consiste en volver a xuntar cada calcetín coa súa parella.
Poderédelo facer de forma individual ou a modo de concurso con varias persoas, de xeito que o que máis parellas de calcetíns consiga, será o gañador do reto!

Despois podedes empregar os calcetíns para formar con eles as letras do voso nome:


E por suposto, ao rematar, aproveitamos para aprender a dobralos e volvemos a colocalos no seu sitio.
Cántas cousas estamos a traballar con algo tan simple coma un calcetín!

**
E agora toca traballar un pouquiño a lateralidade así que precisaredes:

- Bonecos.
- Tiras de papel con frechas debuxadas en diferentes direccións.


O obxectivo será colocar os bonecos en fila segundo as directrices que marcan as frechas:



Actividade na que sen dúbida, a atención e a orientación xogan un papel fundamental.

*****

A actividade de hoxe promete ser creativa e moi divertida. 
Consiste en crear animaliños a partir da pegada dos vosos dedos. 

Só tedes que pintar os dedos, estampalos nun folio e despois debuxar as partes para crear un animal: cabeza, patas, ollos, orellas,… 

Quen se atreve a facer ó Polo Pepe? 



*****


Agora que se achega o verán, propoñémosvos que fagades os vosos propios colares e luzades do máis guapxs.
 Para iso só precisades dous materiais:

 - Corda ou lá.
- Pasta de diferentes formas. 
(A pasta podedes pintala previamente ou utilizala sen pintar)







Tamén podedes empregar as pastas para facer outras actividades de insertar:





*****


Estos días están a ser ben calurosos por iso imos aproveitar para facer unha receita do máís fresquiña (ademáis de san!):

BATIDO DE FRESA

Ingredientes:


Preparación:

 -Lavamos e cortamos as fresas pola metade. Empregamos o coitelo con moito coidado e sempre coa supervisión dun adulto.



- Botamos as fresas, o leite e o azucre na batidora.




e.....


- Cando vexamos que xa está todo ben mezcladiño e líquido, botámolo nun vaso:


E agora.. a disfrutralo! Mmmmmmm!


*****


E chegando ao final...proposta musical!

Recordades a melodía? Pois esta semana a profe Carmela, deixavos actividades para acordavos dela:




Sabedes o que é a tarabela? Escoitade:




Ata a vindeira semana!!! 😉


No hay comentarios:

Publicar un comentario