lunes, 8 de junio de 2020

BAIA CHANNEL (Capítulo 8)

Como xa sabedes, adicamos o primeiro mes de confinamento a publicar diferentes propostas para o alumnado de Educación Infantil. Pero hoxe comezamos un novo apartado  dentro do noso blog, adicado especialmente, ao alumnado de 3 anos:

"O Baia Channel"


O Baia channel está diseñado polo avoíño Rancañán, a mestra Sandra e a mestra Isa.

Como si dunha canle de televisión se tratara, terá seccións de tódolos gustos.


 Cada luns engadiremos unha entrada con varias propostas para realizar ao longo de toda a semana, na medida que as familias consideredes (tempos flexibles, actividades voluntarias...etc).
--------------------------------------------------------------

Xa queda pouquiño para rematar o curso, pero mentres chega o día...continuamos ca nosa programación. Para esta semana temos...





----------------------------------------------------------------------



Hoxe comezamos cun experimento moooi fresquiño co que seguro o ides a pasar moi ben. 

Para realizalo precisades:

-Auga.
-Colorante alimentario.
-Vasos (tantos coma cores queirades crear).
-Unha bandexa de xeo.
-Papel.
-(OPCIONAL) Paus de xeado/depresores. Incluso podedes  empregar pinzas de madeira desmontadas.

1º Botamos unha pouquiña auga en diferentes vasos e engadímoslle o colorante (unha cor en cada vaso ou mezclado para crear novas cores)  . É importante engadirlle bastante colorante para que o trazo ao pintar sexa máis forte.
2º  Vertemos a mestura nos diferentes ocos da bandexa de xeo (se queredes podedes introducir un pau en cada oco).
3º Metémola no conxelador.


Cando esté ben conxelado....a pintar!


E si vos gustan as propostas con xeo...temos outra variante!

Aproveitade os vosos paseos para recolectar diferentes elementos naturais como follas, flores, cunchas,…
Cando cheguedes á casa, facede unha composición con eles dentro dun recipiente. Unha vez a teñades, engadide auga e… ao conxelador!



Antes de conxelalo, podedes introducir o extremo dun cordón ou corda dentro da auga deixando o outro fóra para que cando o saquemos conxelado poidamos colgalo nunha árbore ou nun muro… e observar como o sol o vai derretendo.
E podedes rexistrar datos: Cánto tempo estivo no conxelador?Cánto tempo lle levou desconxelar?
Outra forma de desconxelalo será empregando pingueiros. Pouquiño a pouco iremossoltando as pingas de agua por riba e iredes comprobando como os tesouros que hai dentro, comezan a saír.

*****
Toca repasar as figuras xeométricas cunha canción que podedes visionar no seguinte enlace:



Unha vez visto o vídeo, teredes que debuxar (pódevos axudar un adulto) distintas figuras xeométricas (círculos, cadrados, triángulos, rectángulos,…) de diferentes tamaños (podedes colorealos). Cando os teñades listos teredes que recortalos e montar diferentes obxectos, animais, persoas,… utilizando esas figuras.
Aquí vos deixamos algúns exemplos:







E agora imos cunha actividade para seguir identificando as letras:


Precisamos:

- Unha caixa de cartón.
- Letreiros con diferentes palabras (para que resulte máis doado, comezaremos por palabras bisílabas).
- Letras soltas.

IMPORTANTE! Canto máis atractivos sexan os materiais que empreguedes, máis motivadoras resultarán as actividades para xs nenxs. Por iso neste caso, as letras semellan piruletas!




Trátase de que xs nenxs, vaian compoñendo as diferentes palabras empregando a caixa como soporte.


*****



Qué vos parece si esta semana nos convertímos en constructorxs?
Só precisades 3 cousas:

-Pauiños de madeira, palliñas,…
- Plastilina.
- E sobre todo…. moooita imaxinación.

Unha vez que teñades estes materiais podedes xogar a facer boliñas coa plasti e despois unilas cos pauíños para así crear diferentes figuras en 3 dimensións.
 Animádesvos?
Deixámosvos uns exemplos:







*****




E despois de tanto traballar...toca xogar!

Atopa a boliña!

Collede 3 vasos e un obxecto pequeniño (unha boliña, unha uva, unha pipa, unha pedriña...).
Poñede os 3 vasos en fila, boca abaixo e agochade o obxecto pequeniño nun deles. 
Cambiade os vasos de sitio sin levantalos da mesa. Seredes capaces de descubrir onde está agora a boliña?


A carreira dos pistachos!
(ou das noces, das cereixas, das fabas... 😅 o que teñades á man!)

Necesitamos dous xogadores (ou máis, pois cantos máis sexamos, máis divertido resultará).

Dividimos unha superficie en dúas partes e localizamos a saída e a meta. 
O primeiro xogador lanza o dado e coloca, facendo unha fila, tantos pistachos como se indique.
Despois, o segundo xogador, fai o mesmo.
Continuamos así, respetando os turnos, ata que un dos dous consiga que a súa fileira chegue ata a meta.

Quén o conseguirá antes?



*****

Para rematar...o trazo de "Melodía" imos repasar:


Coñecedes o nome das notas musicais? A profe Carmela, mándavos esta canción para que as aprendades:


Por último, seredes capaces a recoñecer todos os instrumentos?





Biquiños!😘

No hay comentarios:

Publicar un comentario