lunes, 15 de junio de 2020

BAIA CHANNEL (Capítulo final)

Como xa sabedes, adicamos o primeiro mes de confinamento a publicar diferentes propostas para o alumnado de Educación Infantil. Pero hoxe comezamos un novo apartado  dentro do noso blog, adicado especialmente, ao alumnado de 3 anos:

"O Baia Channel"


O Baia channel está diseñado polo avoíño Rancañán, a mestra Sandra e a mestra Isa.

Como si dunha canle de televisión se tratara, terá seccións de tódolos gustos.


 Cada luns engadiremos unha entrada con varias propostas para realizar ao longo de toda a semana, na medida que as familias consideredes (tempos flexibles, actividades voluntarias...etc).
--------------------------------------------------------------

Despois de tantas semanas xuntos, chegamos á última do curso e con ela chegan as últimas propostas, queredes descubrilas? Aquí tendes o avance!









---------------------------------------------------------------------

Esta vez comezaremos reproducindo patróns, traballando así aspectos tales como a atención e a orientación espacial.

Neste caso empregamos laciños de cores (podedes empregar calquera  outro obxecto: clips, ceras, flores...) e tarxetas nas que pintamos puntos coas mesmas cores que os laciños.

                                      

Temos que ir colocando os lazos como se indica no patrón, asociando a cor e a posición. Comezamos por patróns sinxelos:
- Contamos cantos son.
- Fixámonos na posición.
- Colocamos.


E ímolo complicando cada vez máis, engadindo máis laciños e formando diferentes figuras:



Pasamos agora á lecto-escritura cun taboeiro moi especial:


Para facer a lupa máxica temos que calcar a pegada da nosa man nun folio e recortala. No centro facémoslle un burato e por último, colocámoslle un mango para agarrala e decoramos ao gusto.
 Para o taboeiro escribimos as letras do noso nome na parte de arriba, e xusto debaixo, fileiras con diferentes letras excepto unha, que terá que ser igual á de arriba.

Obxectivo: Atopar as letras do noso nome nas fileiras correspondentes:




Unha vez as atopedes, teredes que repasalas por riba cun lápiz ou rotulador:


*****


Algunha vez fixéchedes un debuxo máxico? Pois hoxe imos facelo!

Precisamos:
- Un folio.
- Unha cera branca.
-Acuarelas.
- Pincel.

Facemos un debuxo sobre o folio empregando a cera branca....Exacto! Esa que case nunca empregamos porque non se ve...



Cando o teñamos, collemos un pincel e as acuarelas e pintamos por enriba do noso debuxo. 


Qué pasará?! 
MAXIA!







Para poder levar a cabo esta última actividade da nosa sección de "Bricomanía" e necesaria unha saída...... á praia! 
Si, si....esta vez, queremos ver como se vos dá iso de facer castelos de area! 



A nós encántanos ir á praia, xogar, bañarnos, pero sobre todo, facer castelos! Uns grandes con 8 torres, outros pequenos cun foso arredor, nalgúns hai cocodrilos que o vixían, noutros bandeiras que se moven co vento...pasámolo pipa e estamos desexando ver os vosos! Animádesvos?

*****


E aproveitando esta actividade na praia deixámosvos 2 videos para que vexades o importante que é coidar do medio ambiente:

Conto: Pata de lata


Qué buscaba o pirata Serafín no fondo do mar?
Qué atopou?
Qué solución se lles ocorreu a Serafín e á balea para acabar con todo o lixo que estaba no mar?
Ocórreseche algunha outra solución para axudalos ca súa misión?


Cómo vedes é moi importante tirar o lixo nos cubos correspondentes, tal e como facemos no cole, a iso chámaselle: RECICLAR.

 De non ser así....mirade o que pode pasar!


                                           

SI, si, con Neptuno anoxado te podes atopar...

Observade agora o contentos que estarán os habitantes do fondo do mar, con todo limpiño:



A cántos deles coñeces?
Nomeaos.

*****


Xa case chegamos ao final e non queríamos pechar o curso sen recordar un día moi especial para moitos de vos: o voso aniversario! 

Cómo xa sabedes, non pudemos celebralo no cole pero a todos os que cumpríchedes anos nos meses de marzo, abril, maio e xuño, adicámosvos esta canción que podedes personalizar co voso nome, só tendes que escribir:

 "tina y tin cumpleaños + nome dx nenx"




*****



E como non podemos compartir esa tarta tan rica e soprar as candeas xuntos, propoñémosvos que cada un de vós, fagades os vosos propios xeados e os comades á saúde dxs vosxs compañeirxs!

Aquí vos deixamos dúas receitas moi sinxelas:

- Xeado tropical:

Ingredientes:

- Froita e zume.
 (Poden ser os vosos favoritos, neste caso nós empregamos os que máis lle gustan ao polo Pepe: fresas e zume tropical).


Elaboración:
Lavamos e cortamos as fresas en anacos pequenos e ímolos depositando nun molde (pode ser un específico para facer xeados ou un vaso de plástico ou cartón).
Despois botámoslle o zume por encima ata encher o molde e metémolo no conxelador.

Moi importante!!! O molde debe estar dereitiño para que non se escape nada e conxele ben.



- Xeado de iogur:

Ingredientes:
- Iogur natural e galletas.


Elaboración:
Partimos as galletas en anacos e mesturámolas co iogur. Despois vertémos a mestura con coidado no molde e ao conxelador.
(Se o preferides podedes engadirlle ao iogur unha cullerada pequena de azucre ).



Sinxelo e saudable, non si? 

E así, sin darnos conta, pechamos o curso traballando aspectos como a precisión, facendo trasvases, educando o paladar, desenvolvendo e perfeccionando as habilidades motrices... 😊




Ata aquí a primeira temporada do Baia Channel! 
Agardamos que todas as propostas publicadas ao longo destos 3 meses tan inusuais, vos resultaran interesantes e divertidas. 

Tomade ahora nota das tarefas que vos recomendamos para o verán:

- Date un chapuzón na praia.
- Xoga ao aire libre.
-Pasea ca túa mascota.
- Invéntate receitas.
- Fai experimentos.
- Le moitos contos.
- Túmbate na herba e olla as estrelas.

e sobre todo...

- Pasao moi ben!


Vémonos en setembro cun milleiro de aventuras novas!!

Mil bicos!!!!!!😘😘😘😘😘



No hay comentarios:

Publicar un comentario