viernes, 8 de marzo de 2019

África




Na nosa escola aproveitamos calquera situación para integrala no noso plan de traballo e esta vez, un dos nosos compañeiros foi de viaxe e asisitiu áo musical do Rey León!
Así que aproveitando que estamos a traballar sobre os animais salvaxes....tachánnnnn: tomamos un pequeno desvío.O primeiro foi investigar que animais aparecían nese musical:




Atopamos de todo: leóns, elefantes, hienas,tigres, xirafas, monos...
Esto dounos pé a pensar noutras películas nas que tamén aparecen animais salvaxes, seguro que algunha vos soa:

           
E investigando, investigando...chegámos a unha conclusión! Todas elas teñen como escenario o mesmo continente: ÁFRICA! e alá nos fomos....

Rexistramos datos e descubrimos que en África pódense diferenciar 3 hábitats: o deserto, a sabana e a selva e en cada dun deles, viven uns determinados animais.
Pero sabedes o máis curioso? Hai unha illa que se chama Madagascar! si, si, como a peli!
Para indagar un pouquiño máis nesto do hábitat, fixemos un xogo:

1- Collemos un animal e decimos o seu nome e algunha característica:

 2- Pensamos a peli na que sae e situámolo no sitio correcto do mapa:

Resultado: 

E para pechar este capítulo...un pouquiño de música! Pois resulta que estas pelis tan salvaxes teñen cancións moi características, que as disfrutedes tanto coma nós!









No hay comentarios:

Publicar un comentario