Esta vez tocou deixar voar a imaxinación.
A actividade é moi sinxela, só precisamos pintura, as nosas mans e moita imaxinación!
Comezamos enchendo as nosas mans de pintura de dedos (cada un elixe a cor que prefira e si non a temos...mesturámolas e conseguímolas).
Despois, deixamos a nosa pegada nunha lámina.
E xa só nos queda usar a nosa imaxinación para transformar esas pegadas en animais!
Esta vez decantámonos por animais que viven ou aos que lles gusta moito o mar, as lagoas, as charcas...O resultado foron peixes de cores, cisnes, flamencos, polbos....
Quedaron moi chulos!
Agora poñémoslle o noso nome e.....temos novos identificativos para os nosos casilleiros!
Imaxinade e soñade, nunca o esquezades!! ;)
No hay comentarios:
Publicar un comentario