NA EEI A Granxa, temos a sorte de estar rodeados de natureza e algo que forma parte dela e que nos encanta, é todo o que ten que ver ca flora.
Por iso decidimos levar a cabo este proxecto.
Apetecevos coñecer o noso traballo?
Comezamos!
Qué mellor forma de dar o pistoletazo de saída que entrando en contacto con ela:
Comezamos polas árbores. Pudemos observar que todas son diferentes: unhas máis altas...outras máis baixas, con troncos máis grosos e máis delgados, rectos e curvados...
E o máis importante de todo....poden escoitarnos!! Por iso é moi importante que lle digamos palabras fermosas, e que incluso si nos apetece....os abracemos!!
Unha vez na clase, fixemos as nosas propias àrbores empregando as pegadas dos nosos dedos:
Polo monte descubrimos que tamén hai moitas flores e xa na aula decidimos analizar as súas partes:
Tamén creamos as nosas propias flores en 3D empregando para elo, unha maquiniña que trouxo o avoíño Rancañán.
E a partir dunha das súas partes, os pétalos, levamos a cabo actividades de lóxica- matemática:
Empezamos a interesarnos por outro tipo de flores e prantas que son menoshabituais no noso contorno...como por exemplo a venus atrapamoscas! Unha pranta carnívora! Pero tranquilos, non come nen@s, só insectos.
E rexistramos todo o que descubrimos, para non esquecernos de nada.
E indagando, indagando....fomos dar ata os nenúfares! O nenúfar é unha pranta acuática que crece en lagos e charcas e que ademáis son as favoritas das rás e os sapos! De feito démonos conta de que saen en películas tan coñecidas como "Tiana y el sapo".
E para saber máis delas...fixemos un experimento, mirade:
Creamos os nosos nenúfares e como si de arte de maxia se tratase....tachán! Abríronse:
Agardamos que vos guste!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario