Como xa sabedes, levamos un tempo traballando todo o relacionado cos animais. Aprendemos tantas cousas nestes meses, que tíñamos moitas ganas de poñer en práctica todo o aprendido, por iso, esta semana viaxamos ata Pontevedra para pasar un día como auténticos granxeir@s.
Foi un día do máis entretido, onde ademáis de aprender moitísimas cousas sobre o coidado de animais, pasámolo en grande!
Queredes comprobalo? Imos!
O primeiro foi coñecer aos animais, todos eles, moi galegos:
Un porco celta:
Un burro fariñeiro:
Unha vaca cachena:
Ovelliñas:
Carneiros:
Os monitores contáronnos un montón de curiosidades sobre todos eles e despois fomos en busca de alimentos, para darlles de comer:
Puxéronse morados.
Estivemos tamén nun galiñeiro. Alí vimos galos, galiñas, patos, kirikas e ata un pavo real!
Para demostrar o atentos que estivemos, fixemos algúns xogos:
1- Diferenciamos entre mamíferos e aves:
2. De quen é cada un destes ovos?
Que ben o fixemos! E claro, como premio...
Coñecemos aos cabalos e aos ponys:
E xuntos fomos de paseo:
Despois, un bo cepillado e a descansar, que merecido o teñen:
Que importantes resultan as saídas. Axúdannos a complementar o traballo que facemos no cole dunha forma moi lúdica e significativa e ademáis, é unha forma de socializar con xente de tódalas idades, cousa que nos encanta!
Vémonos na seguinte aventura!
No hay comentarios:
Publicar un comentario