jueves, 9 de enero de 2020

O polo Pepe



Este ano o avoíño Rancañán foise de expedición, pois como sabedes é un avó moi intrépido que ten paixón polas aventuras. De seguro a súa volta, traerá mil e unha historias que contarnos. Como o seu fiel compañeiro, non podía viaxar con él, deixouno ao noso coidado. 
Preséntovos así, ao polo Pepe.


 Un poliño que ao igual que nós, este ano comezou á escola. 



Queredes ver todas as cousiñas que fixemos xuntos?


- Rutinas de encargadx:


Todxs somos poliños e poliñas. Os que están na escola colocarémolos no capoeiro e os que non, no niño.

- Ilustramos o noso propio conto de "O polo Pepe vai á escola":

 

En cada páxina, levamos a cabo unha actividade diferente e traballamos contidos relacionados coas texturas, as formas, os sabores, o conteo...

- Elaboramos unha guía sobre polos e galiñas:




Agora somos uns expertos na materia!

- Libro viaxeiro:

O polo Pepe cada venres vaise de excursión cun dos nosos compañeiros e compañeiras. Pasan xuntos toda a fin de semana e deben plasmar neste caderno todas as aventuras que viven xuntos.


O luns é un día moi importante, todxs estamos moi impacientes por saber o que fixeron, a que xogaron, que aprenderon.... Por iso abrimos moi ben as orellas e escoitamos o que teñen que contarnos (se queremos tamén podemos facer preguntas! Iso sí, sempre temos que levantar a man e gardar o turno).


A bolsa na que viaxa o polo Pepe, estase enchendo de agasallos. As familias pasárono tan ben con él e senten tanta estima que técenlle mantas de lá, fanlle disfraces de superhéroe e superheroína...

Xa para rematar..
Nun proxecto sempre está ben incluir contos e cancións, aquí vos deixamos algunhas das que máis nos gustaron: