Mostrando entradas con la etiqueta A hortiña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A hortiña. Mostrar todas las entradas

viernes, 28 de junio de 2019

School garden 2


Non queríamos pechar o curso sin amosarvos os avances da nosa hortiña.

Como sabedes, nos últimos meses transformamos un cachiño da nosa escola, convertíndoo nun fermoso horto.
Alí cultivamos leitugas, tomates, pementos e fresas. 
Cada mañá unhas das nosas rutinas consistía en coidalo: comprobábamos o tempo (algo que nos indicaba si era preciso regar ou non), observamos o que medrou cada planta, recollemos os froitos, anotamos a recolecta e estivemos moi atentos por si algún animaliño anda á "roubacha" (non é o primeiro caracol que atopamos roendo as nosas leitugas, nin a primeira toupa que decide facer o seu túnel debaixo das nosas fresas...).

Mirade o antes..


O despois...


E o agora!


O que tal medraron as nosas platiñas. Tivemos que poñerlle unhas canas para que medraran dereitiñas:



Todo isto é o reflexo dun duro traballo no que tivemos que regar a diario...


Arrancar as malas herbas...


E vixiar que tódalas plantas estiveran sans...

 

Mentres traballamos no horto tamén temos tempo de facer xogos...que tal si buscamos as diferenzas?


 E mirade que colleitas tan xeitosas!


Encántanos involucrar ás familias nas nosas aventuras e esta vez o reto foi o seguinte:
Cada un levou unha leituga para a casa e tivo que preparar unha rica ensalada con seus ingredientes favoritos...Que pintaza!!





Ao longo do trimestre, fomos engadindo cousiñas novas: 

xirasoles...


E ata unha palmera a que lle fixemos un cerradiño la mar de bonito. O obxectivo e que cando medre, lle dé un pouquiño de sombra ao noso horto.


O vindeiro curso continuarán as nosas aventuras de horticultores, mentres tanto....

Feliz verán!!! 😎






sábado, 25 de mayo de 2019

School garden

Xa inmersos na primavera damos comezo a un novo proxecto: un horto escolar!
Pero antes de nada familiarizámonos co tema a través dun conto e creamos o horto dos nosos soños en papel:




Alumnado e profes estamos realmente emocionados con esta nova aventura e traballamos arreo para preparalo. Agora é labor de tod@s coidalo moito.

A teacher Bea e a profe Isa foron as primeiras en tomalas riendas preparando o terreo e poñendo todo a punto para a plantación. 



O alumnado da Granxa dou o seguinte paso: unha plantación de froitas e verduras: lettuce, tomatoes, strawberries, grapes, raspberries and peppers.


Para ilo, tivemos que facer buratiños coa axuda dunha pequena pala, metela planta e cubrila con terra presionando un pouquiño:






Unha vez tíñamos todo listo, tocou regar, pois este é un dos aspectos máis importantes para conseguir os froitos:


Para non esquecer de que é cada planta, decidimos facer uns carteis identificativos:


                       

                                         





E para que o noso horto quedara aínda moito máis definido, puxémoslle un cerrado de madeira:

 


A que nos quedou chulo? Estamos seguros de que imos aprender moitísimas cousas coidandoo.
De feito xa comezamos. Cada día rexistramos nun caderno, as novidades do noso horto: o tempo que fai, os animais que atopamos, a aparición de flores ou froitos, a recolleita...

          

Esta semana tivemos a aparición estelar dunha toupa que nos tirou con algunhas prantas de fresas e de pementos...


As profes cremos que está ben que pasen estas cousas, xa que nos da pé a reflexionar entre todos e aprender a solucionar os problemas que van xurdindo....Porque ningún sabe tanto coma todos nós xuntos!

A toupa xerou un interesante debate sobre a importancia de non matar aos animais que atopamos, xa que todos cumpren a súa función.
Sabíades que as abellas (ademáis de proporcionarnos o delicioso mel) son as polinizadoras máis importantes do planeta? Un 70% das colleitas mundiais depende enteiramente ou en parte do seu labor!
Tamén as lombrices (habituais no noso horto) incrementan a cantidade de nutrientes no chan e traballan como aradoras naturais, o que facilita que a auga e os nutrientes cheguen ás raíces das plantas.


Outros amigos do noso horto, os caracois, controlan o crecemento excesivo das plantas e axudan a reciclar a materia orgánica, facendo que sexa máis rico.

É moi importante aprender a tomarnos todos estes percances con humor, polo que a teacher contounos un conto que nos encanta: "The story of the little mole who knew it was none of his business".

No seguinte enlace podedes velo:


Non pensedes que isto queda aquí, xa que a nosa intención é continuar ampliando a nosa hortiña! De feito tamén fixemos algunha plantación na aula que proximamente será transplantada, deixámosvos algunha pista...de qué se tratará?




Para rematar, deixámosvos cunha anécdota, pois ben se sabe que mentres a xente traballa no horto, prodúcense moitas conversas, e esta vez, unha das nosas compañeiras contounos que a súa "cat" está embarazada e claro.... non nos puidemos resistir a facer unha aposta: Cántos "kittens" pensades que vai ter?


See you soon, raccoon!