Presentación

Mostrando entradas con la etiqueta Propostas para o confinamento. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Propostas para o confinamento. Mostrar todas las entradas

jueves, 16 de abril de 2020

Educando en valores


Unha das cousas positivas que nos trouxo o confinamento é que na casa, de forma implícita, estanse a traballar un montón de valores.

Por iso hoxe, e aproveitando isto, traivos tres curtametraxes para complementar a vosa labor.

Para poder traballar con elas serán preciso 3 pasos:

1- Visionado do vídeo.
2- Falamos sobre o que acabamos de ver: Qué pasaba no video? Cál era o problema? Cómo se sentían os protagonistas?....
3- Facemos actividades relacionadas.

Imos a velo:

A primeira curtametraxe que vos propoño é esta:


                                           

Nela, tal e como indica o seu título, trabállase a empatía.

Os seus protagonistas teñen unha característica física que os fai especiais. Non é que as súas orellas sexan grandes senón que teñen unhas "super orellas" e iso, en realidade, implica un super poder 😉.

Tarefa 1: Cál pensades vos que pode ser ese super poder que teñen?
Tarefa 2: Debuxadevos coa vosa familia e resaltade as características que vos fan especiais. Despois falade de cál é o super poder de cada un?

Conclusión: todxs temos algo que nos diferencia dos demáis e iso non é motivo nin de risa, nin de burla, pero sí de admiración.

...

A segunda curtametraxe do día, é a seguinte:


                                            

Esta vez foméntase a importancia do traballo en equipo.

O alce e o oso non se poñían dacordo para pasar pola ponte e isto deu lugar a unha pelexa. Pola contra, o coello e o mapache buscaron unha solución efectiva e puderon pasar os dous sen ningún problema.

Tarefa 1: Cómo resolveríades vós a pelexa do alce e o oso?
Tarefa 2: Si en vez do coello e o mapache, se atoparan unha xirafa e un elefante...(ou os animais que elixades), cómo cres ti que pasarían?
Tarefa 3: Agora pensa que te atopas ti cun ou cunha amigx na mesma ponte....que farías?

Conclusión: Non hai mellor forma de resolver os problemas que traballando en equipo.


Terceira curtametraxe:



O valor de compartir. 
Concepto moi importante, especialmente na etapa de Educación Infantil.
Que equivocado estaba o canciño cando veu á garza aparecer...pois ela so quería levarlle de comer aos seus filiños.

Tarefa 1: Qué animais aparecen na curtametraxe? Onde se atopan?
Tarefa 2:  Ti compartes as túas cousas? Con quen? Por qué?
Tarefa 3: Si unha garza chegase a túa fiestra...que lle darías? E si un can chegase ao teu portal? Qué cres que che darían eles a ti?

Conclusión: Se ti compartes cos demáis, os demáis compartirán contigo.



Sondes o mellor exemplo para xs nenxs, facedexs pensar, falade con elxs, plantexádelle diferentes situacións e sobre todo, sede o seu modelo a seguir! Éxito asegurado.


Ata aquí por hoxe! 

Apertas!




martes, 14 de abril de 2020

Desentumécete!


Estamos de volta! 😀

Xa se cumpriu un mes dende que comezamos o confinamento e ao noso pesar...aínda nos queda un pouquechiño máis pero tranquilxs porque aquí estamos con novas propostas.

A primeira despois deste parón de Semana Santa vainos a poñer a todos en movemento: toca desentumecerse!!

O avoíño Rancañán e eu, montamos un circuito na casa con diferentes estacións.

-"Estación deportes"-
Nesta estación, practicaremos 3 deportes moi coñecidos empregando materiais cotiás.

- Tenis: Facemos as nosas raquetas caseiras empregando pratos de papel e depresores. Como pelota, empregaremos un globo.


- Baloncesto: Utilizaremos unha papeleira e bolas (poden ser incluso de papel, pois o obxectivo é encestar).


- Fútbol: Ca tapa dunha caixa de zapatos, xa temos campo! Como porterías poñeremos a metade dun vaso de papel e en vez dos pés, sopraremos por unha palliña para conseguir levar o pompón-balón ata a portería contraria.


-Estación rapidez-
Nesta estación contamos con xogos que implican a atención e rapidez dos cativos.

- A torre: Teremos polo menos 10 vasos ou rolos de cartón cos que faremos unha pirámidé.


- Vasiños ao seu lugar: Escribiremos diferentes números en vasos de papel e nunha cartolina. O obxectivo será poñer cada un dos vasos enriba do número correcto que está escrito na cartolina.


-Estación puntería-

Estación na que deberemos coordinar os nosos movementos para conseguir diferentes puntos:

- Bolos:  Utilizaremos botellas nas que poñeremos diferentes puntuacións. Cunha pelota intentaremos tirar todos os que podamos dunha soa vez. 



Se non dispoñemos de pelota, podemos facer a nosa pelota caseira empregando arroz e globos:


- Os aros: Decoramos botellas, facemos uns aros con arames ou tapas grandes e por cada aro que consigamos meter nas botellas, temos un punto!



- As casiñas: Pintamos rolos de cartón, anotámoslle números e facémoslle unha portiña. Conseguiremos os puntos si logramos que unha canica (garavanzo, abelá...) entre pola portiña.


- Os pozos: Recortámoslle un cacho aos rolos de cartón, pintámolos e anotámoslle números. Conseguiremos meter os garavanzos nos pozos?


- Dianas: Colocaremos no marco da porta, diferentes papeis con puntuacións. Teremos que afinar a puntería si queremos darlle a algún ( o mellor neste caso é empregar pelotas blandiñas, de espuma....para non correr o perigo de romper algo que esté preto).

Cómo pasar dunha estación a outra?
Moi doado! Con exercicios de equilibrio, ahí van algunhas propostas:

- Camiños con cintas adhesivas no chan.


- Laberintos con cintas pegadas nas paredes:


- Sendeiros  para a coordinación de mans e pés:



Ademáis podemos xogar de forma individual (cronometrando o tempo que nos leva pasar cada estación) ou en parella/grupo pero sempre tendo en conta que a competitividade vai estar enfocada cara o afán de superación dun mesmo.
Por outra banda, traballaremos valores, pois en todos os xogos propostos, estamos a elaborar os nosos propios materiais e xoguetes. 
Xa para rematar, estaremos mantendo corpo e a mente activos! Que si cabe, nestos momentos, é o más mportante.


Como vedes, montar un circuito na casa, leva o seu tempo pero ahora que dispoñemos del....é o momento perfecto!

Que o pasedes moi ben!!
😉











viernes, 3 de abril de 2020

Hoxe toca conto


Moi bos días!

Esta vez o avoíño Rancañán e eu queremos pechar a semana contándovos un conto. A verdade é que xa o botábamos de menos, por iso collemos a cámara e grabamos esta narración dun dos nosos contos favoritos. A ver que vos parece 😋...

Bulide e pinchade!:






Ao igual que pasa con outros recursos, os contos teñen un gran valor educativo e ofrecennos miles de posibilidades. Así que, como era de esperar...ahí van as nosas propostas para hoxe:

Actividade 1: Conversa sobre as emocións.



Que importante é expresar como nos sentimos en cada momento, que nos escoiten, escoitar e poder fomentar o pensamento crítico e a empatía.

Despois da escoita do video, adicade uns minutiños a falar das cousas que vos poñen tristes e das que vos poñen contentos.
Plantexádelle diferentes situacións para que xs nenxs vos conten como as resolverían. 
Por exemplo: Si eu perdera algo e estivera moi triste, como me axudarías?
As súas respostas póden sorprendervos.

Actividade 2: Contamos gotas e raias.

Recordades cántas raias lle levou o vento a Camila? E cántas bágoas chorou?

Pois ben, para facer ese reconto imos a facer o noso propio: Contagotas.
É super doado, só precisamos unha botelliña pequena e facerlle un buratiño na tapa (pode facerse cunha agulla de calcetar ou cunha punta). Despois enchémolade auga e listo!



Para facer as bágoas teremos que presionar a botella dunha forma suaviña, así a auga irá caendo en forma de gota. Depositarémolas dentro dun vaso.
Para facer as raias presionaremos máis forte a botella e así sairá un chorrriño de auga coa que representaremos as raias sobre un cartón.

Actividade 3: Adiviñas.


Comprobemos o atentos que estiveron durante a lectura. Podemos facerlle preguntas sobre as personaxes.
Quén lle regalou un amalló do seu botín?
Quén lle teceu unha cinta de tul?
Quén lle deu un anel amarelo?
Quén estaba tocando o violín?
Quén tiña moitas raias de cores?

Actividade 4: Xogo de memoria e creatividade:

Esta vez xs nenxs deben poñerlle á cebra Camila as raias que lle regalaron os seus amigos e a súa mamá, acordaranse de todas?


(Poden empregar todo tipo de materiais para facer as raias: papel de aluminio, fíos, cartolinas, pauiños, herba...).

A maiores, deberán engadir a raia que elxs mesmos lle regalarían....qué se lles ocurrirá?

Actividade 5: Debuxo.


Xa para rematar, deben elexir ao seu/súa protagonista diferente e debuxala!
Non esquezades anotar debaixo o seu nome: chicharra, araña, oca, Camila...
Algunha das súas letras coincide coas do voso nome? Rodeadeas!
Contade as letras e comparade, cál é máis longo?


Ata aquí por hoxe.

Que o disfrutedes! 


Biquiños!
😘








miércoles, 1 de abril de 2020

Un pouquiño de lóxico matemática


Hoxe traio unhas cantas propostas para traballar a lóxico matemática.
En todas elas, empregaremos o mesmo material, anotade:

- Esponxas.
- Témperas.
-Folios.
- Lapis.
- Dúas botellas.

O primeiro que temos que facer é cortar as esponxas con diferentes formas xeométricas e preparar varios recipientes con témperas das nosas cores favoritas.
-PROPOSTA 1: Xogo de atención e velocidade:
Poñemos as esponxas en fila e imos decindo o nome das diferentes formas que teñen. Xs nenxs terán que ir sinalando pero ollo! porque isto complicase xa que iremos aumentando a velocidade. 
Podemos tamén perdille que pechen os ollos e facer desaparecer unha esponxa para que elxs digan cal é a que falta.
(Esto mesmo podémolo facer cas témperas).

- PROPOSTA 2: Estampamos series.
 Xs nenxs deben identificar as figuras xeométricas, a cor correspondente e ir estampando na orde correcta.
Aquí vos deixo algúns exemplos:
PROPOSTA 3: Recreamos a composición.
Neste caso, debemos ir combinando as diferentes figuras para conseguir recrear a mesma imaxe. Podemos facelo de dúas formas diferentes: ou ben estampando enriba da propia lamina ou ben estampando nun folio en branco.

PROPOSTA 4: O xogo da botella.
De seguro que todxs coñecedes o xogo da botella. Pois nós, imos a facer a nosa propia variante.
Precisamos dúas botellas. Tumbarémolas sobre a mesa.
 Arredor dunha das botellas, poñeremos as nosas esponxas e arredor da outra poñeremos papeis con diferentes números.



O xogo consiste en xirar primeiro unha e despois a outra e facer o que indiquen as bocas das botellas. 


Por exemplo:

- Un triángulo e o número 5: Debemos estampar nun folio 5 triángulos combinandoos como queiramos.

- PROPOSTA 5: Facemos a nosa propia creación.
Nesta última proposta darémoslle un folio en branco e xs nenxs irán combinando as figuras e as cores como elxs queiran.
De seguro que saen creacións fermosas!


Como podedes observar, cos mesmos materiais podemos facer infinidade de actividades diferentes. E qué me decides de todo o que estamos a traballar? Seriación, orientación espacial, xeometría, psicomotricidade fina, números, atención, máis que-menos que....

As mates xogando...molan! 

Deica!🙋

lunes, 30 de marzo de 2020

Á caza dos virus


BOS DÍAS!!

Hoxe o avoíño Rancañán e eu inventámonos un xogo, chamámolo:

"Á caza dos virus".

Trátase dunha actividade para xogar en familia. Teremos uns "virus" agochados polos diferentes recantos da casa e xs nenxs serán xs encargadxs de atopalos e eliminalos.
Pero antes de nada e para poder levar a cabo a nosa misión....precisamos un kit!

- Cousas que debemos ter no noso kit:

-Prismáticos
Estes van a ser moi especiais...xa que os imos a elaborar nós mesmos!



Só precisamos dous rolos de papel hixiénico, un anaco de lá/lazo/corda, un rectángulo pequeno de cartón e cousas para decorar (pegatinas, témperas, goma eva, purpurina...)
O primeiro será decorar os 2 rolos como máis nos guste. A continuación dobraremos o rectángulo de cartón pola metade (para que quede en forma de ponte) e pegarémolo no medio dos 2 rolos, para unilos. Por último, faremos un buratiño en cada rolo e meteremos o anaco de lá.
E xa o temos listo!


- Lanterna:
Algúns dos virus estarán agochados en habitacións a oscuras ou dentro de alacenas por iso é convinte que levedes unha lanterna con vós. De seguro que así...non teñen escapatoria!


-Pulverizador con auga e xabón e un pano:
Qué mellor que un arsenal de limpeza para eliminalos por completo? Nada como a auga e o xabón. Si, si, igual que facedes vos cando lavades as mans, recordades que é unha das mellores maneiras de evitar a propagación dos virus?


-Luvas:

É moi importante que protexades as mans. Non queremos que ninguén se contaxie!


- Libreta e lapis:


Nesa libreta os adultos farannos uns debuxos dos virus  que temos que atopar.
Estes son os que fixemos o avoíño Rancañán e eu:


Teñen mala pinta, non si?


Insruccións do xogo:

Cada nenx, levará o seu kit completo (pode poñer un mandil e meter as cousas nos petos, un cinturón de carpinteiro, o que se vos ocurra...), para facer á búsqueda.
Os virus estarán debuxados con rotulador en sitios nos que sexa doado borralos (unha fiestra, unha baldosa ou azulexo, unha botella de plástico, bolsas, anacos de forro de libros...incluso nas mans dos adultos!).
Xs nenxs terán que ir buscando por toda a casa, axudándose dos seus prismáticos e a lanterna (por iso é moi chulo que algún dos virus esté nun sitio oscuro no que só se poda divisar ao prender a lanterna). Cada vez que atopen un, terán que pulverizalo e limpalo rápidamente co pano, para que quede eliminado! E acto seguido, deberán rexistrar o dato na súa libreta. Poden riscar a casilla cunha "X" ou ben anotar o número se ven que algún virus, se repite.

Se conseguimos atopalos todos, teremos unha recompensa! 
Sacarannos unha foto co noso uniforme, imprimirémola e pasaremos a formar parte da....
"PAREDE DA FAMA" 😎

Qué vos parece a idea???? 

Eso sí, tende coidado que como se enteren os veciños....van querer que tamén eliminedes os das súas casas....e nós de momento....


QUEDAMOS NA CASA!


😉







viernes, 27 de marzo de 2020

Dosis de risa


Si fai uns días vos falaba da importancia de relaxarse... rirse non se queda atrás!
 Por iso hoxe traiovos unha proposta de actividades coas que de seguro maiores e pequenos vos botaredes unhas risas.

- Comecemos cun video da fantástica Troskita que hoxe ven acompañada do seu amigo Dentelludo:


Non sei vos pero eu fartinme de rir! 😂😂😂

- Outra idea é facer carreiras de vermes:
Para isto so precisamos palliñas e vermes de papel.


Aquí vos deixo un tutorial para facer os vermes:


Entre que uns quedarán sin alento para soprar, outros terán un verme un tanto desobediente e as risas empezarán a xurdir...o bo rato terédelo asegurado! 

- Xogos de mímica:
Para este xogo só precisades papeis nos que apareza o nome ou o debuxo dun obxecto, animal, profesión...
Trátase de empegrar os xestos para intentar contarlle ao resto de participantes o que che tocou na tarxeta. A regra principal é que non se pode falar!


Cómo imitaríades vos a un mexillón? E a Julio Iglesias? Estou segura de que adiviñalo non sería doado pero... é o que vos reiríades? 😉

- Twister caseiro:
O twister é un xogo internacionalmente coñecido, e o mellor de todo é que podemos facelo nos mesmos. 
Pegaremos no chan 6 círculos de cor verde, 6 vermellos, 6 amarelos e 6 azuis (poden estar feitos con folios de cores ou pintados).
Nun recipiente meteremos notas que poñan pé esquerdo/dereito e man esquerda/dereita e noutro recipiente poñeremos notas coas cores (verde, vermellos, amarelo e azul).
En cada turno haberá que sacar unha nota de cada recipiente e os xogadores terán que facer o que se mande, por exemplo:
Man esquerda- cor azul.


Ao principio será moi doado pero a medida que vaiamos sacando máis papeis...cambia o conto!

- Xogo dos sentidos:


A regra principal e que neste xogo só se pode empregar un sentido, por exemplo:

O gusto: "Adiviñar sabores". Cos ollos pechados e a boca aberta iremos probando diferentes alimentos: un anaco de limón, uns grans de azucre, unhas pingas de vinagre..Acertarédelos todos?

O olfacto: pechamos de novo os ollos para tratar de adiviñar qué é o que estamos ulindo (champú, colonia, zume de laranxa, queixo...).

O oído: Faremos soar diferentes obxectos que teñamos pola casa e empregando só o noso oído, teremos que tratar de adiviñar de que se pode tratar.

O tacto: Metemos nunha saqueta ou bolsa un obxecto (fideos cocidos, unha esponxa, un cartón de ovos...). Despois introducimos unha man, e teremos que palpar para descubrir o que esconde dentro.

A vista: Esta vez os ollos non poden estar tapados...jeje.. Taparemos cun pano un obxecto e so amosaremos unha esquiniña do mesmo. Seredes capaces de adiviñar o que hai debaixo?

As diferentes reaccións serán memorables!

- Furor:

Un clásico dos nosos tempos!!


 Recordades aquel programa no que dous equipos tiñan que cantar cancións nas que aparecera unha palabra concreta? 
Podemos facer a nosa propia versión e adaptala xs nenxs, empregando vocabulario que sexa habitual nas cancións infantiles: animais, partes do corpo, cores...
Ou incluso xogar a facer rimas coas palabras. Que sae a palabra "azul" pois pensamos outra que rime, por exemplo "tul", e agora que as temos, fagamos unha frase!  Poden saír frases moi simpáticas.


Agardo que con estas 6 propostas de hoxe, pasedes un bo día e mañá vos doa o corpo de tanto rir! 😋

Ata a próxima!