Si fai uns días vos falaba da importancia de relaxarse... rirse non se queda atrás!
Por iso hoxe traiovos unha proposta de actividades coas que de seguro maiores e pequenos vos botaredes unhas risas.
- Comecemos cun video da fantástica Troskita que hoxe ven acompañada do seu amigo Dentelludo:
Non sei vos pero eu fartinme de rir! 😂😂😂
- Outra idea é facer carreiras de vermes:
Para isto so precisamos palliñas e vermes de papel.
Aquí vos deixo un tutorial para facer os vermes:
Entre que uns quedarán sin alento para soprar, outros terán un verme un tanto desobediente e as risas empezarán a xurdir...o bo rato terédelo asegurado!
- Xogos de mímica:
Para este xogo só precisades papeis nos que apareza o nome ou o debuxo dun obxecto, animal, profesión...
Trátase de empegrar os xestos para intentar contarlle ao resto de participantes o que che tocou na tarxeta. A regra principal é que non se pode falar!
Cómo imitaríades vos a un mexillón? E a Julio Iglesias? Estou segura de que adiviñalo non sería doado pero... é o que vos reiríades? 😉
- Twister caseiro:
O twister é un xogo internacionalmente coñecido, e o mellor de todo é que podemos facelo nos mesmos.
Pegaremos no chan 6 círculos de cor verde, 6 vermellos, 6 amarelos e 6 azuis (poden estar feitos con folios de cores ou pintados).
Nun recipiente meteremos notas que poñan pé esquerdo/dereito e man esquerda/dereita e noutro recipiente poñeremos notas coas cores (verde, vermellos, amarelo e azul).
En cada turno haberá que sacar unha nota de cada recipiente e os xogadores terán que facer o que se mande, por exemplo:
Man esquerda- cor azul.
Ao principio será moi doado pero a medida que vaiamos sacando máis papeis...cambia o conto!
- Xogo dos sentidos:
A regra principal e que neste xogo só se pode empregar un sentido, por exemplo:
O gusto: "Adiviñar sabores". Cos ollos pechados e a boca aberta iremos probando diferentes alimentos: un anaco de limón, uns grans de azucre, unhas pingas de vinagre..Acertarédelos todos?
O olfacto: pechamos de novo os ollos para tratar de adiviñar qué é o que estamos ulindo (champú, colonia, zume de laranxa, queixo...).
O oído: Faremos soar diferentes obxectos que teñamos pola casa e empregando só o noso oído, teremos que tratar de adiviñar de que se pode tratar.
O tacto: Metemos nunha saqueta ou bolsa un obxecto (fideos cocidos, unha esponxa, un cartón de ovos...). Despois introducimos unha man, e teremos que palpar para descubrir o que esconde dentro.
A vista: Esta vez os ollos non poden estar tapados...jeje.. Taparemos cun pano un obxecto e so amosaremos unha esquiniña do mesmo. Seredes capaces de adiviñar o que hai debaixo?
As diferentes reaccións serán memorables!
- Furor:
Un clásico dos nosos tempos!!
Recordades aquel programa no que dous equipos tiñan que cantar cancións nas que aparecera unha palabra concreta?
Podemos facer a nosa propia versión e adaptala xs nenxs, empregando vocabulario que sexa habitual nas cancións infantiles: animais, partes do corpo, cores...
Ou incluso xogar a facer rimas coas palabras. Que sae a palabra "azul" pois pensamos outra que rime, por exemplo "tul", e agora que as temos, fagamos unha frase! Poden saír frases moi simpáticas.
Agardo que con estas 6 propostas de hoxe, pasedes un bo día e mañá vos doa o corpo de tanto rir! 😋
Ata a próxima!
No hay comentarios:
Publicar un comentario