martes, 17 de marzo de 2020

Sorpresa dende a antártica!


Esta vez na nosa aula recibimos unha moi grata sorpresa da man do noso amigo Pepe.
Pepe, que hoxe estaba xoguetón, propúxonos un xogo para descubrir quen é o seu mellor amigo e contounos o seguinte:

- Vive na antártica, un lugar no que hai moitos bloques de xeo e q no que fai un frío terrible. Está cuberto de plumiñas brancas e negras pero non pode voar, só planear. Encántalle nadar e bucear e o que máis lle gusta comer son os peixiños e os calamares...
Sabedes xa de que animal está a falar?

Efectivamente, un pingüín! Concretamente Skipper!
Skipper vive ca súa familia pero últimamente andan un pouco preocupados xa que a contaminación está ameazando o seu fogar.  Co fin de que o axudemos, a Skipper ocurréuselle algo....que xs nenxs da nosa aula apdriñemos/amadriñemos a un dos seus familiares....e nós que somos moi de axudar...que pensades que fixemos???
 Mans a obra!

Foi tan doado....Entre todxs pensamos un nome, fixemos propostas e unha votación. Rexistramos todos os datos e sabedes cal foi o nome elexido?

BENITO.



Despois solicitamos o noso apadriñamento (unha proposta do exército de terra-ministerio de defensa para que todxs nos comprometamos a coidar o planeta e así os pingüíns podian voltar a súa illa de orixe):



Skipper púxose tan contento que nos mandou algo:



Unha caixa con fotos da súa vida na Antártica (nunha ata sae Pepe cando viaxou ata alá), plumas de pingüín, neve e...un anaquiño de iceberg metido nunha botella!).
Para explicarlle aos nenos o que fai a contaminación na Antártica empregamos a botella:


Primeiro tocárona para notar o xeo e puderon comprobar que está moi pero que moi frío e moi duro. Despois deixámola nunha mesa ata o día seguinte e cando chegamos...o xeo derretírase! Non quedaba nada.
 Este experimento axudounos a concenciarnos do importante que é coidar o planeta. Por iso, na nosa clase levamos a cabo medidas como o reciclaxe, o aforro de auga...etc.

Unha das cousas que máis nos chamou a atención no paquete recibido, foi a neve. Pois no nosos pobo aínda que as veces fai moito frío, nunca chega a nevar. Skipper debeu de enterarse disto, porque uns días despois.....:


Recibimos unha caixa chea de neve. Xogamos a facer, bonecos, bolas... Foi moi divertido, eso sí de vez en cando tíñamos que descansar porque conxelábansenos as mans.

A mestra agasallounos cunha bolsiña chea de neve que puidemos levar para casaxunto co noso diploma de apadriñamento:


Como este tema nos gustou tanto, a profe púxonos un video para saber máis cousiñas sobre eles:


(Como nacen, que comen,como camiñan....)

Ademáis de todo isto, tamén tivemos tempo para ler un conto:


(Con este conto traballamos a confianza e a seguridade nun mesmo e o compañeirismo).

-Recitar poemas:



- Escoitar e aprender cancións:
(Repasamos os números, recoñecemos as partes dos pingüinos, camiñamos coma eles, bailamos e cantamos).








- E coñecer a Pingu! Un pingüino moi peculiar.



Ata a próxima entrada! 👋





No hay comentarios:

Publicar un comentario