O desta semana non vai deixar indiferente a ninguén...
Nós, só podemos decir que foi: ESPECTACULAR.
Estades listos para descubrilo?
Como ben sabedes, na Granxa gústanos moito recibir todo tipo de visitas...e claro, xa tocaba... Así pois e aproveitando que unha das últimas cousiñas que estivemos investigando foi todo o relacionado coa natureza, o avoíño Rancañán falounos de Fran, un profesional da cetrería.
Este termo, chamounos moitísimo a atención! De que falaba o avoíño?
Despois dunhas cantas consultas....descubrímolo: a cetrería está relacionada coas aves rapaces: falcóns, aguias, azores... que son aqueles paxaros que cazan as presas para alimentarse empregando o seu pico e as súas afiadas garras. Co que nos gustou ese dato, non podía quedar a cousa así e, hoxe venres, o propio Fran apareceu en persoa na nosa escola!
E como vedes, ven acompañado!
O que tal de cousiñas nos ensinou:
1- Falcón peregrino:
Sabiades que é a ave máis veloz do mundo? Si si, pode chegar aos 300 km/h e para dar caza as súas presas, baixan en picado sin quitarlle ollo.
2- Curuxa:
Sabedes como se chama? Maruxa! Que casualidade, nós no primeiro trimestre coñecemos á bruxa Maruxa e a súa mascota...unha curuxa!
Esta preciosa curuxa ten as plumas brancas e pudemos acariciala. Non imaxinades o suaviña que era.
3- Aguia:
A máis grande de todas. Traía posta unha caperuza que é un gorriño de coiro que lle tapa os ollos para que así non se asuste cando vai de viaxe en furgoneta.
Tiña cara de poucos amigos e a súa mirada era moi penetrante, pero polo visto...todo é postureo, no fondo é moi boíña.
4- Cernícalo:
Este cernícalo chámase Pinky. É o falcón máis pequeniño que existe e pesa tan só 90 gramos. A Pinky encántalle xogar e Fran amosounos como pode voar dunha cabeza a outra.
Despois de tan interesantísima charla, Fran díxonos que traía 3 sorpresas máis pero para ver a primeira delas, tíñamos que pechar os ollos (non quixemos oir máis: ollos pechados en 3, 2, 1...)
E ao abrilos.....tachán!
É Maruxa? En qué momento se fixo tan grande? Non, non... Este é un búho siberiano chamado Siberio. Quedamos abraiados cos seus enormes e alaranxados ollos e as súas fermosas e longas plumas.
Pero o que máis nos chamou a atención é que Siberio ten unhas plumiñas na cabeza que semellan uns corniños e sírvenlle para camuflarse cando están agochados nas árbores, semellando ponliñas. Agora xa o sabedes...se ides de excursión ao monte, debedes estar atentos...igual Siberio anda xogando por alí ao escondite.
A seguinte sorpresa era un concurso, onde comprobamos todo o que aprendemos. Por cada resposta correcta, tíñamos premio: unha exclusiva pluma de falcón peregrino.
E chegou a última das sorpresas....mi madriña querida, esta foi unha auténtica revolución!
Se queredes descubrila...dádelle ao play!
Estes falconciños só teñen unha semana de vida pero como comen moito están medrando un montón. Fran propúxonos darlles de comer, e como somos moi participativos....alá fomos!
Vaia forma tan chula de pechar a semana! Estou segura de que este finde o tema de conversación nas casas d@s cativ@s vai ser a visita de Fran.
Se queredes coñecer máis o seu traballo, velaquí un breve documental:
E si queredes contactar con él, non dubidedes en visitar Falcóns Galicia:
Experiencia 100% recomendable!
Moitísimas grazas por vir a pasar connosco a mañá!
Un bico moi grande para Fran e Moncha 😘
No hay comentarios:
Publicar un comentario