Estamos de volta! 😀
Xa se cumpriu un mes dende que comezamos o confinamento e ao noso pesar...aínda nos queda un pouquechiño máis pero tranquilxs porque aquí estamos con novas propostas.
A primeira despois deste parón de Semana Santa vainos a poñer a todos en movemento: toca desentumecerse!!
O avoíño Rancañán e eu, montamos un circuito na casa con diferentes estacións.
-"Estación deportes"-
Nesta estación, practicaremos 3 deportes moi coñecidos empregando materiais cotiás.
- Tenis: Facemos as nosas raquetas caseiras empregando pratos de papel e depresores. Como pelota, empregaremos un globo.
- Baloncesto: Utilizaremos unha papeleira e bolas (poden ser incluso de papel, pois o obxectivo é encestar).
- Fútbol: Ca tapa dunha caixa de zapatos, xa temos campo! Como porterías poñeremos a metade dun vaso de papel e en vez dos pés, sopraremos por unha palliña para conseguir levar o pompón-balón ata a portería contraria.
-Estación rapidez-
Nesta estación contamos con xogos que implican a atención e rapidez dos cativos.
- A torre: Teremos polo menos 10 vasos ou rolos de cartón cos que faremos unha pirámidé.
- Vasiños ao seu lugar: Escribiremos diferentes números en vasos de papel e nunha cartolina. O obxectivo será poñer cada un dos vasos enriba do número correcto que está escrito na cartolina.
-Estación puntería-
Estación na que deberemos coordinar os nosos movementos para conseguir diferentes puntos:
- Bolos: Utilizaremos botellas nas que poñeremos diferentes puntuacións. Cunha pelota intentaremos tirar todos os que podamos dunha soa vez.
Se non dispoñemos de pelota, podemos facer a nosa pelota caseira empregando arroz e globos:
- Os aros: Decoramos botellas, facemos uns aros con arames ou tapas grandes e por cada aro que consigamos meter nas botellas, temos un punto!
- As casiñas: Pintamos rolos de cartón, anotámoslle números e facémoslle unha portiña. Conseguiremos os puntos si logramos que unha canica (garavanzo, abelá...) entre pola portiña.
- Os pozos: Recortámoslle un cacho aos rolos de cartón, pintámolos e anotámoslle números. Conseguiremos meter os garavanzos nos pozos?
- Dianas: Colocaremos no marco da porta, diferentes papeis con puntuacións. Teremos que afinar a puntería si queremos darlle a algún ( o mellor neste caso é empregar pelotas blandiñas, de espuma....para non correr o perigo de romper algo que esté preto).
Cómo pasar dunha estación a outra?
Moi doado! Con exercicios de equilibrio, ahí van algunhas propostas:
- Camiños con cintas adhesivas no chan.
- Laberintos con cintas pegadas nas paredes:
- Sendeiros para a coordinación de mans e pés:
Ademáis podemos xogar de forma individual (cronometrando o tempo que nos leva pasar cada estación) ou en parella/grupo pero sempre tendo en conta que a competitividade vai estar enfocada cara o afán de superación dun mesmo.
Por outra banda, traballaremos valores, pois en todos os xogos propostos, estamos a elaborar os nosos propios materiais e xoguetes.
Xa para rematar, estaremos mantendo corpo e a mente activos! Que si cabe, nestos momentos, é o más mportante.
Como vedes, montar un circuito na casa, leva o seu tempo pero ahora que dispoñemos del....é o momento perfecto!
Que o pasedes moi ben!!
😉
No hay comentarios:
Publicar un comentario