viernes, 5 de abril de 2019

Under the sea

Esta semana na clase de inglés mergullámonos no mundo mariño e atopámonos cuns animais moi "cuquis" 😉

- Xogamos a imitalos:


- Xogamos ás adiviñas:


Deixámonos atrapar polo "Baby shark" (pero nunha versión que lle gusta máis ás profes)


E finalmente exploramos o fondo mariño cunha capitana que nos levou no seu barco:


Ata a próxima semana!
See you later, alligator!









Viaxe virtual



Chegou o venres e iso quere decir que...toca nova entrada!

Esta vez a nosa aventura tomou un novo camiño: unha viaxe virtual! Si, si, como estades a ler.  A profe contounos que hai un parque natural chamado Cabárceno donde centos de animais viven en semiliberdade. O que máis nos chamou a atención é que alí fan moitísimos traballos de investigación relacionados coa educación ambiental e que ademáis, teñen un centro de recuperación, para axudar a todos os animais que poidan ter algún problema de saúde.
O único problema é que nos colle un pouco lonxe....polo tanto non podemos visitalo...pero o avoíño Rancañán, que é un home de ideas, propúxonos unha alternativa: e si imos ata alí virtualmente?
E claro....que pensades que fixemos?


Pouco a pouco fomos recorrendo todo o parque e clickando nos globos verdes, íamos descubrindo novos animais. Algúns xa os coñecíamos outros eran unha novidade! Pero todos eles tiñan o seu encanto.

A profe contounos que visitar o parque é como ir de safari, xa que podes recorrelo enteiro no teu coche e estar moi preto dos animais. E para que nos fixéramos aínda máis á idea, púxonos un video:


Tantas cousiñas estábamos aprendendo que decidimos facer a nosa propia guía de viaxe:


1- Situamos nun mapa o sitio no que se encontra este parque e descubrimos que se chama Cantabria.
2- Buscamos outro mapa do propio parque onde podemos ver as diferentes partes que ten e onde se atopa cada especie animal.
3- Pegamos pegatinas dalgúns dos animais que podemos atopar alí e escribimos o nome de todos eles.
4- Fixemos un debuxo do animal que máis nos gustou.
5- Ordeamos todas as páxinas, puxémoslle unha portada e listo! Guía feita por si algún/algunha vai de vacacións en Semana Santa.

E para cerrar esta nova investigación...non podía faltar un pouquiño de música! Pois resulta que unha moza chamada Susa Herrera ten unhas cancións especialmente feitas sobre os animais de Cabárceno, aquí vos deixo a nosa favorita:


A próxima semana...máis e mellor!

lunes, 1 de abril de 2019

#cerolumes

Na Granxa somos conscientes do grave problema que supoñen os incendios para as persoas, animais e medio ambiente. Por iso, co fin de transmitirllo a toda a comunidade educativa elaboramos este pequeno video:
Na Ganxa queremos...CERO LUMES!! 💪


sábado, 30 de marzo de 2019

From head to toe

Esta semana nas clases de inglés continuamos cos animais salvaxes. Fixemos moitas actividades pero sobre todo gustounos moito xogar ao bingo!





Ademáis a teacher leunos o conto “From head to toe”.


Logo púxonos a canción do libro e viñémonos tan arriba que tamén o quixemos recrear. 



                                            


Que opinades? As profes están convencidas de que na Granxa hai moito talento!

Seguiremos informando! 

See you later, alligator!

viernes, 29 de marzo de 2019

Incendios forestais

Esta semana algo moi grave pasou na nosa comarca: Incendios forestais!
Ao nose cole chegaba o fume, o ceo estaba gris e incluso de vez en cando caía algunha charamusca.
Isto espertounos moita curiosidade e ao día seguinte aparecía na portada do xornal:



Era hora de investigar o motivo de por qué isto estaba a pasar.
A profe comezou poñéndonos uns videos:



                                           

E despois falamos das diferentes causas polas que se pode producir un incendio:
o vidrio que se arroxa ao chan, as fogueiras, as colillas, os raios producidos polas tormentas e incluso, a intención dalgunhas persoas! Algo que nos enfadou moitísimo!

Despois desta asamblea, chegamos a conclusión de que é moi importante manter os nosos montes limpos e estar moi atentos ao tipo de actividades que non debemos facer para evitar así, que un lume poda prender.

Por qué relacionamos isto con "Protexe os animais"?
Pois porque nos montes viven moitísimos animais e por suposto, tamén falamos deles:


Que pasa se os montes desaparecen? Os coellos perden as súas madrigueras, os paxariños as súas árbores, os ourizos os seus arbustos...e incluso poden perder a súa vida, as súas familias...etc.

Pensar nisto preocupounos moito e como non queremos que iso pase, decidimos facer algo. 
De momento deixámosvos unha pequena pista....pero moi pronto, saberedes de qué se trata:


Saúdos!!





miércoles, 27 de marzo de 2019

Comunicámonos

Hoxe toca nova entrada, posto que rematamos o noso último proxecto.
Todo comezou unha mañá ca aparición  dunha misteriosa botella no noso patio:


No seu interior, podía verse un papeliño enroscado e claro...nos que somos moi curiosos...puxémoslle fin ao misterio. O que albergaba esta botella era unha mensaxe! Aparentemente dun pirata...e nela contábanos que antigamente ademáis desta forma de comunicación, existían outras moitas como por exemplo as pombas mensaxeiras. Oichedes falar algunha vez delas? Disque a xente amarráballe nunha pata os seus mensaxes, e veña a voar e voar ata chegar ao seu destinatario. Quedamos abraiados!
Pero a carta gardaba algo máis....un reto sobre medios de comunicación antigos e modernos. Comezamos!

O primeiro que fixemos foi elaborar as nosas propias mensaxes na botella:


Pero como a nosa curiosidade non entende de barreiras, falamos co avoíño Rancañán , para ver si él sabía algúnha outra forma de comunicarse tan chula como esta...e vaites si sabía!
Señais de fume!
Os que máis as usaban eran os indios, sobre todo, para coñecer a ubicación dos seus compañeiros e non perderse. Miradeo neste video:


Aproveitamos as actividades impresas para traballar diferentes contidos. Neste caso, cada un de nós, tivo que localizar as letras do seu nome.


Para poder comunicarse así, utilizaban madeira, lume e unha manta.....pero claro, nunha escola é un pouco perigoso poñelo en práctica, así que o avoíño propúxonos  dous estilos propios, ahí van:

1- Saír a observar as nubes como si de señais de fume se tratasen


Vimos un montón de cousas...pero a maís emocionante, foi a boca aberta dun dragón!

2- Construímos un invento para facer señais de fume.
Primeiro rexistramos os datos ...


E despois...voilá



Outra das cousiñas que descubrimos, foi que o xornal, xa existía fai mooooitos anos, pero antes non era como ahora e aproveitando que o noso proxecto coincideu coa semana da prensa, decidimos levar a cabo un obradoiro de papel reciclado:




Quedáronnos unhas follas espectaculares e con elas elaboramos o noso propio xornal.

E chegou o momento de transportarnos aos tempos modernos. Comezamos cun xogo de robótica onde tiñamos que ir descubrindo cales se escondían en cada tarxeta.

Cada un dos que descubrimos, dou pé a unha asamblea na que fomos comentando cales temos na casa, para que os utilizamos, cal é o noso favorito....

E ademáis, utilizámolos para facer actividades de asociación:


 De conteo:

 De comparación:

E para rematar....aproveitamos que a TVG veu a nosa escola e pudemos ver unha cámara de preto e como funciona!



Peche de ouro para o noso proxecto! :)










viernes, 22 de marzo de 2019

Veterinari@s por un día


Esta semana mergullámonos no mundo da saúde animal, pois como nos pasa as persoas, os animais tamén collen gripes e fanse feridas,  e por iso, precisan un doutor/a especialista, que lles recete o mellor tratamento para sanar. 
É por este motivo, que decidimos cambiar a nosa aula por unha clínica veterinaria, onde nos puderan ensinar de primeira man todo o que alí pasa no día a día.


Alí coñecemos a Sara, unha veterinaria que nos ensinou dunha forma moi práctica e divertida en que consiste o seu traballo. E con ela, convertímonos en veterinari@s por un día! Que emocionante!

O primeiro que precisamos, foi ter a nosa tarxeta identificativa:


E unha vez identificados....sorpresa! Abriuse unha porta e varios canciños estaban agardándonos para pasarlles a revisión


Así que non quixemos demorarnos máis. Repartímonos en dous grupos e puxémonos mans á obra:

Comezamos comprobando o seu peso...

Escoitamos o seu corazón...

Mirámoslle as patas...

Observamos os seus oidos, ollos e boca...

Localizamos o seu chip...
...

Fomos rexistrando todos os datos nunha folla, para poder facer ao final unha diagnose. E sabedes cal foi o resultado? Todos estaban super sans!


Despois de tanto traballo, tocou acariñalos e xogar!



E ao final da nosa visita, e por ser tan traballadores e ter un comportamento exemplar, recibimos unha grata sorpresa: un diploma e unhas pegatinas de animais para cada un!


O que Sara non sabía e que nos tamén lle tíñamos un agasallo. Fixémolo como todo o noso cariño para que nunca se esqueza de nós!


Tanto nos gustou esta saída e tan namorad@s quedamos dos peludiños que... a nosa intención foi traelos para a nosa escola pero....pilláronnos! jeje


Agora só soñamos con volver velos a todos!!




Boa fin de semana!