viernes, 22 de marzo de 2019

Veterinari@s por un día


Esta semana mergullámonos no mundo da saúde animal, pois como nos pasa as persoas, os animais tamén collen gripes e fanse feridas,  e por iso, precisan un doutor/a especialista, que lles recete o mellor tratamento para sanar. 
É por este motivo, que decidimos cambiar a nosa aula por unha clínica veterinaria, onde nos puderan ensinar de primeira man todo o que alí pasa no día a día.


Alí coñecemos a Sara, unha veterinaria que nos ensinou dunha forma moi práctica e divertida en que consiste o seu traballo. E con ela, convertímonos en veterinari@s por un día! Que emocionante!

O primeiro que precisamos, foi ter a nosa tarxeta identificativa:


E unha vez identificados....sorpresa! Abriuse unha porta e varios canciños estaban agardándonos para pasarlles a revisión


Así que non quixemos demorarnos máis. Repartímonos en dous grupos e puxémonos mans á obra:

Comezamos comprobando o seu peso...

Escoitamos o seu corazón...

Mirámoslle as patas...

Observamos os seus oidos, ollos e boca...

Localizamos o seu chip...
...

Fomos rexistrando todos os datos nunha folla, para poder facer ao final unha diagnose. E sabedes cal foi o resultado? Todos estaban super sans!


Despois de tanto traballo, tocou acariñalos e xogar!



E ao final da nosa visita, e por ser tan traballadores e ter un comportamento exemplar, recibimos unha grata sorpresa: un diploma e unhas pegatinas de animais para cada un!


O que Sara non sabía e que nos tamén lle tíñamos un agasallo. Fixémolo como todo o noso cariño para que nunca se esqueza de nós!


Tanto nos gustou esta saída e tan namorad@s quedamos dos peludiños que... a nosa intención foi traelos para a nosa escola pero....pilláronnos! jeje


Agora só soñamos con volver velos a todos!!




Boa fin de semana!


















No hay comentarios:

Publicar un comentario