miércoles, 6 de marzo de 2019

Tempo de entroido



Chegamos a unha das datas favoritas de todo o alumnado: O ENTROIDO!

Este famoso festexo celébrase en diferentes parte do mundo e o alumnado da Granxa, non quixo oir máis e decidiu emprender unha viaxe para coñecer os entroidos máis famosos do mundo.
Como si do camiño de Santiago se tratara, levamos connosco a nosa "Compostelana de Entroido" para ir deixando constancia de todos aqueles sitios que visitamos:


A nosa primeira parada foi o entroido de Venecia, coñecido polas súas máscaras e antifaces. Descubrimos que normalmente teñen 3 cores básicos e que despois, cada un encárgase de adornalas ao seu gusto.


E claro....nos tamén quixemos facer as nosas....


Rumbo a outro entroido...esta vez paramos en España, concretamente en Cádiz e Tenerife. Un coñecido polas súas chirigotas e o outro polas súas carrozas e desfiles. 


Rexistramos os datos máis salientables de cada un, trazamos o camiño que temos que facer para chegar dende Galicia ata estes dous lugares e comparamos cal está máis lonxe e cal máis preto.

Seguinte parada: Entroido de Río! Un dos máis coñecidos en todo o mundo! 
Para saber máis cousiñas sobre este famoso entroido, primeiro vimos un video:

 

Si hai algo que nos chamou a atención é o ritmo que teñen! Nos seus desfiles tocan moitos instrumentos: tambores,timbales, maracas...e bailan samba!! No noso cole aproveitamos que temos estes instrumentos e demos os primeiros pasiños neste mundo da samba. Non nos saíu nada mal!


Última parada: a nosa terriña: Galicia, onde temos unha chea de personaxes populares. Entre eles: os peliqueiros. Para investigar un pouco máis sobre eles, vimos videos e fotos en internet e fixámonos en que os seus traxes sonche moi elaborados, por iso decidimos completar unha actividade sobre todoo que fai falla para convertirse nun deles:


E despois de tanto viaxar....tocou elaborar os disfraces que íamos lucir no desfile de escolas do noso concello. 
Durante o primeiro trimestre, estivemos viaxando por diferentes partes do mundo e a pesar de que todas elas nos gustaron moito, houbo unha que causou unha gran expectación e interese en particular: Exipto. Motivo polo cal, decidimos que este sería o noso disfraz de entroido.
E puxémonos mans á obra:



O resultado final:




Bo entroido a tod@s!









No hay comentarios:

Publicar un comentario