Despois da primeira toma de contacto con "Protexe os animais", encamiñamos a nosa vía de investigación cara as nosas mascotas, pois todo o alumnado da Granxa ten non só unha, senón varias que conviven con eles na casa.
Aquí podedes ver tódalas fotos que nos chegaron:
O primeiro que fixemos foi presentalos, dicindo o seu nome e falando daquelas cousas que nos gusta facer con eles e tamén das travesuras que moitas vez fan.
Temos de todo! Uns cans gaiteiros aos que lles encanta á festa, un cabalo espía que nos vixía dende a horta, uns periquitos parlanchíns que non paran de falar, uns gatos comodóns (pois como te descoides...roubanche o sitio!), unhas tartarugas as que lles encanta xogar ao escondite, uns peixiños besucóns e ata unha mamá galiña cos seus fermosos pitiños!
Pero, ademáis de todos estes curiosos datos, o avoíño Rancañán contounos que ter unha mascota implica unha gran responsabilidade, algo ao que lle chaman:
TENENCIA RESPONSABLE
e para saber un pouquiño máis sobre isto, vimos un vídeo no que un neno chamado Pablo, fai todo o que está na súa man para demostrarlle á súa familia que é un neno moi responsable capaz de coidar dunha mascota:
Pablo pasea ao seu can, lavao, dalle de comer, levao ao veterinario, preparalle con moito agarimo o seu lugar de descanso, xoga con él, paseao e dalle moito pero que moito cariño! Ata lle conta segredos, porque sabe que él, gardaos moi ben.
Cántas destas cousas facemos nós? Facemos reconto!
Por último, e unha vez analizado o video, sacamos a seguinte conclusión e deixámola presente no tablón da nosa aula: se tes unha mascota...non esquezas estas palabras:
Así rematamos o día de hoxe: desexando chegar á casa para acariñar aos nosos animaliños!
O próximo venres.....continuamos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario