miércoles, 30 de enero de 2019

Que comecen os xogos da paz!

QUE COMECEN OS XOGOS DA PAZ!!


Hoxe día 30 de xaneiro é o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.
Con este motivo na nosa escola, quíxemos conmemoralo dunha forma moi especial: unha convivencia cos compañeiros e compañeiras da EEI Caamaño.

Para poder levar a cabo esta convivencia, o primeiro que fixemos foi marcar no noso calendario este día tan especial. E partindo diso, comezamos unha conta atrás.


Cada día adicamos un pouquiño de tempo a descubrir cousas da escola veciña: uns días videoconferencias para falar de quen era o encargado, que tiñamos de merenda, como estaba o tempo polas dúas parroquias....etc.
Outros días empregamos a robótica para ir familiarizándonos cos nomes dos nosos compañeiros...


Contamos as letras dos nomes, comparamos cales son máis longos e cales máis curtos, descubrimos que algúns chámanse igual ca nós...
Tamén intercambiamos fotos das escolas e empregámolas para facer algunha actividade:


Cál é cada escola? Cánt@s nen@s somos? Que nen@s están en cada unha?


E entre tarefa e tarefa...chegou o gran día!! A emoción palpábase no ambiente e como na Granxa, sómosche moito de festas... preparámoslle aos nosos compis unha benvida para que se sentiran coma na casa:

E ahora si....que comecen os xogos da paz!!

Para perdela timidez o primeiro que utilizamos foi a caixa preguntona:
a medida que ían saíndo preguntas, todos contestábamos: tendes mascota? que preferides laranxa ou limón? que é o que máis che gusta facer na escola?...En 10 minutos xa non había quen nos parara.

O seguinte foi ver un video, tíñamos que estar moi atentos...despois tocaba repaso!



Outra das actividades foi unha "Yinkana". Por cada proba superada, conseguíamos unha peza dun puzzle e unha vez tíñamos todas as pezas...a compoñelo!


E que tal un pequeno obradoiro de xardinería?



Plantamos 2 enredadeiras co obxectivo de coidalas para que medren e medren e se xunten no camiño entre A Granxa e Caamaño, quen sabe... quizáis algún día podamos trepar por ela e chegar nun momentiño dunha escola á outra.

Rematamos o día cunha sorpresa, e é que sin sabelo, tiñamos agasallos, os uns para os outros:

Para A Granxa...

Para Caamaño...



Que bo corpo nos quedou tras este día no que a protagonista indiscutible foi a paz que reinou por cada recanto. 
A despedida foi triste, pois non queríamos que os nosos compis marchasen, pero sabedes que? Fixemos un trato: seguiremos en contacto e cando menos o pensedes...teredes novas nosas!

Un saúdo!! 






No hay comentarios:

Publicar un comentario