Como xa sabedes, adicamos o primeiro mes de confinamento a publicar diferentes propostas para o alumnado de Educación Infantil. Pero hoxe comezamos un novo apartado dentro do noso blog, adicado especialmente, ao alumnado de 3 anos:
"O Baia Channel"
O Baia channel está diseñado polo avoíño Rancañán, a mestra Sandra e a mestra Isa.
Como si dunha canle de televisión se tratara, terá seccións de tódolos gustos.
Cada luns engadiremos unha entrada con varias propostas para realizar ao longo de toda a semana, na medida que as familias consideredes (tempos flexibles, actividades voluntarias...etc).
Estades preparados?
Comezamos!
-------------------------------------------------------------------------
LUNS 20 DE ABRIL DO 2020
Hoxe no Baia Channel teremos a seguinte programación:
*****
Estades preparados?
Comezamos!
-------------------------------------------------------------------------
LUNS 20 DE ABRIL DO 2020
Hoxe no Baia Channel teremos a seguinte programación:
..........................................................
- BRICOLAXE:
No programa de hoxe temos na sección de bricolaxe unha
actividade para facer xogos caseiros con caixas de cartón.
PUZZLES
É moi
sinxelo: só tedes que buscar caixas, briks, ou envoltorios de alimentos que non
utilicedes e recortalos en anaquiños, despóis mesturádelos e intentades
montalos de novo.
Tamén
podedes COSER
Para iso precisades unha caixiña de cartón
á que lle faredes uns buratiños para despois poderlle pasar unha lá, cordel,
fío,… e convertervos nos mellores costureiros e costureiras
- XARDINERÍA:
Na
sección de xardinería temos unha actividade moi doada e divertida:
COMO MEDRA A MIÑA PLANTA!
Para iso precisaremos:
-Un vaso, un bote ou unha bolsiña para alimentos.
-Algodón.
-Un pouco de auga.
-Unha lentella, un garavanzo, unha faba ou outra
legume que teñades na casa.
O proceso é o seguinte:
1º Empapar o algodón en auga e poñelo dentro do
vaso ou da bolsa.
2º Meter a
legume que queiramos entre o algodón.
3º Poñer o
vaso ou a bolsa nun lugar onde lle de a luz (se o facedes nunha bolsiña podedes
pégala nunha ventana),
(Podedes ir facendo os debuxos das diferentes fases nun folio e medir cunha regra ou cinta métrica, canto medra de cada vez).
Xs nenxs serán os responsables do coidado da súa planta e isto, motivaraos un montón.
*****
Hoxe en cifras e letras.....
XOGO COS NOMES
Nun prato, bandexa ou recipiente botamos sal,
azucre ou fariña.
En diferentes anacos de papel escribimos letras e poñémolos boca abaixo. Xs nenxs terán que ir dándolle a volta a esos papeis e escribir co dedo a letra que lle tocou.
Empezamos por letras soltas, despois podemos empregar as do seu nome e as dos nomes dos demáis membros da familia.
Podemos facer tamén
diferentes liñas, espirais…etc.
XOGO DE CARTAS:
De seguro todos tendes na casa unha baralla de cartas, un paquete de legumes, pasta ou cereais, recipientes de diferentes tamaños, lapis e papel.
Pois con eses elementos, imos a facer un xogo super doado e entretido.
Os pasos a seguir son os seguintes:
1- Collemos unha carta do montón e observamos ou contamos o número que nos tocou.
2- Anotámos o número nun papel.
3- Collemos tantos cereais, macarróns ou fabas como se indique na carta e depositámolos nun recipiente.
4- Antes de sacar unha carta nova, facemos unha trasbase dos macarróns a un recipiente maís grande para ir xuntando todas as puntuacións.
Despois de 5 rondas, podemos facer o reconto total. Cántos macarróns conseguimos xuntar?
Pódese xogar de maneira individual, parellas ou grupos.
Outro xogo moi rápido é o seguinte:
Precisamos 2 xogadores, cada un collerá unha carta e o que saque o número máis alto, lévase as dúas. Quén conseguirá máis?
*****
Nesta sección ímonos a convertir nas MULLERES E HOMES DO TEMPO.
O primeiro que temos que facer e customizarnos! Pois as mulleres e os homes do tempo sempre van vestidos de forma moi elegante. Que vos parece si aproveitando que estamos na casa...imos remexer un pouco o armario de mamá e papá e collémoslle unha gravata, un colar, uns tirantes, uns zapatos, unhas gafas, unha diadema....o que máis vos guste (e o que vos deixen claro...😋).
Segundo paso, precisamos un calendario do mes de abril:
Debemos fixarnos ben nas letras que ten o mes de abril, algunha aparece tamén no voso nome? Rodeadea!
Despois miraremos o día no que estamos e anotaremos o número nun papeliño.
Tamén nos fixaremos no día da semana que é. Alguén recorda con que profes tíñamos clase ese día?
Nos esquezades repasar a canción dos días da semana:
En que estación estamos? Ahí vos van as pistas:
-É a estación favorita dos paxariños...
- Saen as flores e as froitas nas árbores...
- O sol, as nubes e a choiva fanse moi amigos...
Recordádelo? Seguro que sí!
Xa só nos queda comprobar o día que fai hoxe. Para iso, mami e papi teñen que facernos un mapa de Galicia. Nós iremos a mirar pola fiestra si chove ou fai sol, si venta ou non e si fai frío ou calor.
Cando o teñamos claro, faremos uns debuxiños no mapa (sol, nube, chuvia, cara contenta si fai calor, triste si fai frío...). Pegaremos ese mapa na parede e acto seguido....toca dalo parte!.
Situádevos diante del e que comece o espectáculo...Hoxe, luns 20 de abril o día está......
Podedes filmalo co móbil e enviarlle o parte metereolóxico aos avós, aos primos, aos tíos....e tamén por mail ás profes! Estaremos encantadas de ver o ben que o facedes!
*****
No primeiro programa da Voz, temos a proposta da profe Carmela, que aproveitando que esta semana se celebra o día do libro, envíanos unha canción, moi axeitada, de Pablo Díaz:
E para rematar...que vos parece si facemos O XOGO DA CARRASQUIÑA?
Podedes practicalo en familia!
Ata aquí o BAIA CHANNEL desta semana!
Que o pasedes moi ben!
Biquiños mil!😘
No hay comentarios:
Publicar un comentario