lunes, 4 de mayo de 2020

BAIA CHANNEL (Capítulo 3)



Como xa sabedes, adicamos o primeiro mes de confinamento a publicar diferentes propostas para o alumnado de Educación Infantil. Pero hoxe comezamos un novo apartado  dentro do noso blog, adicado especialmente, ao alumnado de 3 anos:

"O Baia Channel"


O Baia channel está diseñado polo avoíño Rancañán, a mestra Sandra e a mestra Isa.

Como si dunha canle de televisión se tratara, terá seccións de tódolos gustos.


 Cada luns engadiremos unha entrada con varias propostas para realizar ao longo de toda a semana, na medida que as familias consideredes (tempos flexibles, actividades voluntarias...etc).
--------------------------------------------------------------

LUNS 4 DE MAIO DO 2020

Benvidxs unha semana máis!

Ansiosxs por saber cál é a programación que temos preparada? Atentxs porque é do máis detectivesca...

                                                         


       



------------------------------------------------------------

Últimamente as cifras e as letras andan un pouco revoltas...por iso hoxe teredes que ser auténticxs detectives. Estas son as vosas misións:

- O ESCONDITE DOS NÚMEROS:

- Facemos unha lupa nun folio ou cartolina branca.
- Collemos unha bolsa transparente e escribimos con rotulador negro diferentes números.
- Dentro da bolsa, metemos unha cartolina de cor negra.
- Anotamos  en papeliños, números e os puntiños que representan ditos números. Facemos unha boliña con cada papel e poñémolos nun recipiente.

Xs nenxs terán que coller un dos papeliños e abrilo. Contar os puntiños e fixarse ben na grafía. Despois ca axuda da lupa, terán que atopar na bolsa o número que lles tocou.
Aquí tendes o exemplo:




-LETRAS SUMERXIDAS:

Esta vez, as letras decidiron darse un baño...para rescatalas precisamos:

- Unha bandexa de cristal.
- Auga cun pouquiño de colorante, ou acuarela.
- Folios.
- Un vaso de cristal.


Imos collendo letras dun tarro (poden estar escritas en papel) e ca axuda do vaso imos buscando o seu agocho. No folio que poñemos debaixo da bandexa, podemos comezar escribindo só letras...e despois nomes. Seredes capaces de atopar o voso?

Aquí vos deixamos outra variante con arroz tinguido:



*****


Acordádesvos das cariñas que fixéchedes cos elementos do outono no cole? Deixámosvos unhas fotos para que as lembredes:


Pois a actividade de hoxe consiste en que elaboredes caras con elementos que teñades nas vosas casas (botóns, sementes, lá, tapóns, froitas ou calquera cousa que se vos ocorra). 
Para que vos resulte máis doado, un adulto debuxará un círculo grande nun folio e así só teredes que colocarlle as diferentes partes (pelo, ollos, nariz, boca, cellas,…)
Si vos apetece ensinarnos as vosas obras de arte, non dubidedes en mandarnos as fotos ao correo.
Mans á obra artistas!
Seguro que de ahí, sae o retrato dalgún sospeitoso da vosa investigación 🔍.

*****


Cómo pasa en tódalas profesións...xs detectives precisan dun lugar de traballo. Neste caso, unha guarida! Así que...alá vamos!

Amarraremos unha corda dun lado a outro, (sin tendes xardín: dunha árbore a outra e senón: dende o pomo da porta ata a ventá...ou dende a pata dunha mesa ata a dunha cadeira...) poñeremos unha sábana enriba deste xeito:


Podemos colocar algún obxecto pesado na parte de abaixo, para que non se mova.
E dentro, podemos poñer o que prefiramos, unha manta, coxíns, almofadas...
Ademáis si a sábana é vella e nos deixan....podemos decorala pintando nela!


Guarida lista para idear os vosos plans e tamén para descansar e botar unha partidiña de cartas, escoitar música, ler un conto....

*****


E falando de contos....temos nova sección!

 O xabarín é un porco bravo que de seguro mamá e papá coñecen! Sabe miles de historias e hoxe traevos unha do seu amigo Pepe!

Ao igual que nós...o polo Pepe tamén botaba de menos saír á rúa por iso, ahora que podemos saír un pouquiño... Ahí vai:


*****


Imos agora con.... "Galegos no mundo".
Esta vez traemos un reto. Pinchade no video para descubrilo!


Que ganiñas de ver os resultados!!!

*****

E para rematar...aquí tendes as propostas dxs mestrxs Aitor e Carmela! Un pouqiño de psicomotricidade e música!


Xogos de psicomotricidade:

- Cruzar o río:
Necesitamos folios de diferentes cores e tamaños ou formas que poñeremos en liña polo chan marcando unha distancia, por exemplo dende o sofá ata a porta da habitación. Cada folio terá asignado unha función por exemplo: nos blancos hai que saltar cos pés xuntos, os círculos hai que saltalos por riba sen tocalos e nos cuadrados temos q saltar a pata coxa.
Trátase de chegar dende a saída ata a meta facendo o que corresponda en cada un dos folios. 
Podemos facer competicións ou cronometrarnos.

- O dragón durmilón:
Un dos xogadores será un dragón que terá un montón de tesouros arredor (peluches, balóns, ceras de cores...) Este dragón queda durmido a cotío e ese é o momento no que intentan roubarlle os seus tesouros pero...ollo! Porque si esperta....teredes que escapar para que non vos pille!

- Circuito:
Con diferentes obxectos que teñamos na casa podemos crear o noso propio circuito: pasar por debaixo dunha cadeira, dar dúas voltas arredor da mesa, ir camiñando cara atrás polas liñas das baldosas...etc. Deixamosvos un video para que vos inspiredes:



Música:

Unha cancionciña moi galega...


E...a historia da Jack o saxofón!
Recoñeces todos os intrumentos que saen nela?




Ata o luns que ven!😘









No hay comentarios:

Publicar un comentario