domingo, 24 de mayo de 2020

BAIA CHANNEL (Capítulo 6)

Como xa sabedes, adicamos o primeiro mes de confinamento a publicar diferentes propostas para o alumnado de Educación Infantil. Pero hoxe comezamos un novo apartado  dentro do noso blog, adicado especialmente, ao alumnado de 3 anos:

"O Baia Channel"


O Baia channel está diseñado polo avoíño Rancañán, a mestra Sandra e a mestra Isa.

Como si dunha canle de televisión se tratara, terá seccións de tódolos gustos.


 Cada luns engadiremos unha entrada con varias propostas para realizar ao longo de toda a semana, na medida que as familias consideredes (tempos flexibles, actividades voluntarias...etc).
--------------------------------------------------------------


LUNS 25 DE MAIO DO 2020

Arrancamos unha semana máis coa nosa pogramación. Esta vez agárdanos....









------------------------------------------------------------------------------



Hoxe temos unha proposta que pode resultar moi divertida!! 
Qué vos parece se lle damos vida a cadros de pintores famosos? 

O primeiro que tendes que facer é buscar en libros ou na internet, cadros famosos e elixir o que máis vos guste. Unha vez escollido teredes que intentar imitalo (disfrazarvos, preparar a decoración do escenario...) De seguro quedará moito máis bonito o voso cadro que o do propio pintor! 
Xa sabedes que podedes mandarnos fotos para que vexamos o resultado!! Seremos as mestras capaces de adiviñar de que cadro se trata?

 Deixámosvos un enlace do cal poderedes sacar algunha idea, pinchade:



*****

Na sección de "Bricomanía" desta semana, imos a seguir desenvolvendo a nosa motricidade fina.
Esta vez, imos a empregar tesoiras. Polo tanto necesitamos estar moi atentos a nosa labor e facer o traballo a modiño, sin prisa.

1º Debuxamos diferentes liñas en tiras de papel:


2º Suxeitamos polo extremo as tiras de papel a unha mesa (para que non se movan):


3º Comezamos a recortar seguindo as liñas.

Outra opción para poñer en práctica esta destreza é a seguinte:

Perruqueirxs por un día! Primeiro cortamos un folio en tiras delgadiñas (sen chegar ao final), pegámosllo a un dos nosos debuxos e despois...cortámoslle o pelo. Ahora que abriron as perruquerías...hai que aproveitar! 😅



*****
CIFRAS

E que vos parece si agora traballamos un pouquiño a simetría?
Buscade diferentes obxectos, dividide a mesa en dúas partes e comezade a repartir para que ambas queden iguais:


LETRAS

O pasado 20 de maio celebrouse o "Día Mundial das Abellas" e a profe María non quixo deixar pasar a ocasión propoñéndonos este divertido xogo:

Precisades:

- Cinco recipientes.
- Unha palliña (podedes customizala e transformala nunha abella).
- Anacos de papel de cociña coas diferentes vogais.

 

Teredes que empregar a palliña para absorver os anacos de papel e transportalos, sin que se caian, ata o recipiente correcto:


Conseguiredes depositar todas as vogais nos recipientes?


Podemos ir complicando o xogo e ir engadindo máis letras, pedirlles que collan só as que teñan no seu nome...etc.

*****




Se o que preparamos en galegos no mundo queredes coñecer, no seguinte video teredes que premer:




*****



Toca crear os nosos propios xogos na sección "Grand Prix". 

MEMORY

Este xogo axuda a desenvolver a concentración e a entrenar a memoria visual. 
Para facelo precisaremos:

-Cartón
-Fotos da temática que máis lles interese ós/ás nenos/as (formas, animais, debuxos,,…) Tamén podedes facelo con papel de regalo con diferentes estampados.
                -Pegamento

       Para a súa elaboración:

1º Debuxa e recorta no cartón o número de tarxetas que queres que teña o teu “memory” (recorda que teñen que ser todas do mesmo tamaño).



2º Debuxa ou pega en cada tarxeta as fotos (ou anacos de papel de regalo) do teu “memory”. Recorda que cada imaxe ten que estar duplicada.



E xa estaría listo para xogar!!!


Instruccións do xogo: poñer todas as tarxetas boca abaixo. Voltear sucesivamente dúas tarxetas memorizando a ubicación das mesmas. Cando se atopen dúas tarxetas iguais retíranse. A partida rematará cando estean todas as parellas atopadas.


Deixámosvos 3 exemplos por si preferides imprimilas:






TRES EN RAIA:

Para o taboeiro só precisamos un folio con 9 cuadros.


Empregaremos 6 fichas. Poden ser tapas de botellas de dúas cores diferentes ou con "X" ou "O" escritas enriba, para diferencialas:


O obxectivo do xogo é conseguir  formar unha raia (horizontal,vertical ou diagonal) con 3 tapas iguais. A dificultade está en que moveremos as nosas fichas de unha en unha, por turnos, polo tanto debemos estar atentos para conseguir formar a nosa raia e impedir que x nosx compañeirx, consiga facer a súa.

*****

E esta vez para rematar...deixámosvos dúas cancións que vos manda con moito agarimo a profe Carmela:

















No hay comentarios:

Publicar un comentario