viernes, 22 de marzo de 2019

Veterinari@s por un día


Esta semana mergullámonos no mundo da saúde animal, pois como nos pasa as persoas, os animais tamén collen gripes e fanse feridas,  e por iso, precisan un doutor/a especialista, que lles recete o mellor tratamento para sanar. 
É por este motivo, que decidimos cambiar a nosa aula por unha clínica veterinaria, onde nos puderan ensinar de primeira man todo o que alí pasa no día a día.


Alí coñecemos a Sara, unha veterinaria que nos ensinou dunha forma moi práctica e divertida en que consiste o seu traballo. E con ela, convertímonos en veterinari@s por un día! Que emocionante!

O primeiro que precisamos, foi ter a nosa tarxeta identificativa:


E unha vez identificados....sorpresa! Abriuse unha porta e varios canciños estaban agardándonos para pasarlles a revisión


Así que non quixemos demorarnos máis. Repartímonos en dous grupos e puxémonos mans á obra:

Comezamos comprobando o seu peso...

Escoitamos o seu corazón...

Mirámoslle as patas...

Observamos os seus oidos, ollos e boca...

Localizamos o seu chip...
...

Fomos rexistrando todos os datos nunha folla, para poder facer ao final unha diagnose. E sabedes cal foi o resultado? Todos estaban super sans!


Despois de tanto traballo, tocou acariñalos e xogar!



E ao final da nosa visita, e por ser tan traballadores e ter un comportamento exemplar, recibimos unha grata sorpresa: un diploma e unhas pegatinas de animais para cada un!


O que Sara non sabía e que nos tamén lle tíñamos un agasallo. Fixémolo como todo o noso cariño para que nunca se esqueza de nós!


Tanto nos gustou esta saída e tan namorad@s quedamos dos peludiños que... a nosa intención foi traelos para a nosa escola pero....pilláronnos! jeje


Agora só soñamos con volver velos a todos!!




Boa fin de semana!


















viernes, 15 de marzo de 2019

Rescate animal

Nova semana, nova aventura!

Como sabedes estamos totalmente inmersos na vida salvaxe, e polo camiño, ademáis de ir descubrindo novos animais, imos coñecendo personaxes moi interesantes.
Nesta ocasión coñecemos a un tal Fran Cuesta, máis coñecido como "Frank de la jungla".
Frank é un explorador de moito coidado! Non lle teme a nada, sube polas árbores, métese en pantanos, e mesmo se fai un selfie cun armadillo!

Todo iso, vímolo nun video:


Sabemos que vive en Thailandia (un lugar que está lonxe de Galicia), que normalmente leva gorra e camiseta branca (ainda que sempre acaba doutra cor...) e que a súa especialidade son os animais salvaxes. Así que decidimos rexistrar todos os datos:


Descubrimos ademáis que fixo varios programas de televisión como o propio "Frank de la jungla", "La selva en casa" ou  "Wild Frank" e que en todos eles, fala do respecto polos animais e recalca o importante que é que estes, vivan en liberdade. Sabedes que incluso os rescata das mans de cazadores furtivos e de traficantes de animais??? Si, si, ahora sabemos o significado destas palabras e a súa gravedade. Que fixemos para entendelas? pois moi doado, a profe e a teacher contaronnos un conto chamado:



Neste conto podemos ver a diferentes animais en dúas situacións ben distintas e debemos elexir a mellor opción para cada caso, ahí vos van varios exemplos:





Hai cazadores furtivos que persiguen elefantes polos seus colmillos de marfil; outros queren o pelo dos raposos para facerse unha bufanda ou a pel dos cocodrilos para facerse un par de botas e incluso hai algúns,que simplemente queren poñer a súa cabeza como si fose un trofeo enriba da chimenea! 0_0

Isto a nós, non nos gustou nada...estanche toliños de vez...

Despois da nosa reflexión, a profe contounos que Frank, coma nós, tamén ten unha páxina web onde vai contando cousiñas que fai no día a día e sabedes que fixemos....?


Escribirlle unha mensaxe!!! Quen sabe....igual nos contesta, por probar que non sexa!

Para o próximo venres...algo se está cocendo! 

Vémonos!





viernes, 8 de marzo de 2019

Welcome to the jungle



Esta semana en inglés convertémonos en exploradores. Fomos á nosa jungle particular a descubrir novos animais. Pasámolo pipa!

 Equipámonos co gorro e a lupa, imprescindibles nesta aventura, e recorremos o patio en busca de animais salvaxes. Observámolos moi ben ca nosa lupa e aprendemos un montón de cousiñas novas!





Despois de tan intensa aventura, aprendemos unha nova canción e recreámola: 


Risas aseguradas!


Aquí vola deixamos:


Seguiremos explorando!  👀

Bye, bye, butterfly! 







África




Na nosa escola aproveitamos calquera situación para integrala no noso plan de traballo e esta vez, un dos nosos compañeiros foi de viaxe e asisitiu áo musical do Rey León!
Así que aproveitando que estamos a traballar sobre os animais salvaxes....tachánnnnn: tomamos un pequeno desvío.O primeiro foi investigar que animais aparecían nese musical:




Atopamos de todo: leóns, elefantes, hienas,tigres, xirafas, monos...
Esto dounos pé a pensar noutras películas nas que tamén aparecen animais salvaxes, seguro que algunha vos soa:

           
E investigando, investigando...chegámos a unha conclusión! Todas elas teñen como escenario o mesmo continente: ÁFRICA! e alá nos fomos....

Rexistramos datos e descubrimos que en África pódense diferenciar 3 hábitats: o deserto, a sabana e a selva e en cada dun deles, viven uns determinados animais.
Pero sabedes o máis curioso? Hai unha illa que se chama Madagascar! si, si, como a peli!
Para indagar un pouquiño máis nesto do hábitat, fixemos un xogo:

1- Collemos un animal e decimos o seu nome e algunha característica:

 2- Pensamos a peli na que sae e situámolo no sitio correcto do mapa:

Resultado: 

E para pechar este capítulo...un pouquiño de música! Pois resulta que estas pelis tan salvaxes teñen cancións moi características, que as disfrutedes tanto coma nós!









miércoles, 6 de marzo de 2019

Tempo de entroido



Chegamos a unha das datas favoritas de todo o alumnado: O ENTROIDO!

Este famoso festexo celébrase en diferentes parte do mundo e o alumnado da Granxa, non quixo oir máis e decidiu emprender unha viaxe para coñecer os entroidos máis famosos do mundo.
Como si do camiño de Santiago se tratara, levamos connosco a nosa "Compostelana de Entroido" para ir deixando constancia de todos aqueles sitios que visitamos:


A nosa primeira parada foi o entroido de Venecia, coñecido polas súas máscaras e antifaces. Descubrimos que normalmente teñen 3 cores básicos e que despois, cada un encárgase de adornalas ao seu gusto.


E claro....nos tamén quixemos facer as nosas....


Rumbo a outro entroido...esta vez paramos en España, concretamente en Cádiz e Tenerife. Un coñecido polas súas chirigotas e o outro polas súas carrozas e desfiles. 


Rexistramos os datos máis salientables de cada un, trazamos o camiño que temos que facer para chegar dende Galicia ata estes dous lugares e comparamos cal está máis lonxe e cal máis preto.

Seguinte parada: Entroido de Río! Un dos máis coñecidos en todo o mundo! 
Para saber máis cousiñas sobre este famoso entroido, primeiro vimos un video:

 

Si hai algo que nos chamou a atención é o ritmo que teñen! Nos seus desfiles tocan moitos instrumentos: tambores,timbales, maracas...e bailan samba!! No noso cole aproveitamos que temos estes instrumentos e demos os primeiros pasiños neste mundo da samba. Non nos saíu nada mal!


Última parada: a nosa terriña: Galicia, onde temos unha chea de personaxes populares. Entre eles: os peliqueiros. Para investigar un pouco máis sobre eles, vimos videos e fotos en internet e fixámonos en que os seus traxes sonche moi elaborados, por iso decidimos completar unha actividade sobre todoo que fai falla para convertirse nun deles:


E despois de tanto viaxar....tocou elaborar os disfraces que íamos lucir no desfile de escolas do noso concello. 
Durante o primeiro trimestre, estivemos viaxando por diferentes partes do mundo e a pesar de que todas elas nos gustaron moito, houbo unha que causou unha gran expectación e interese en particular: Exipto. Motivo polo cal, decidimos que este sería o noso disfraz de entroido.
E puxémonos mans á obra:



O resultado final:




Bo entroido a tod@s!









sábado, 2 de marzo de 2019

Relacionando!




Resulta que esta semana, aproveitando que estamos no entroido, decidimos buscar a relación entre este festexo tan típico en Galicia e o noso proxecto "Protexe os animais", e despois de darlle unhas voltas...chegamos a seguinte conclusión:

Os peliqueiros!




Este é o traxe típico do entroido de Laza (moi similiar ao cigarrón de Verín). E por qué ten relación co noso proxecto? Pois porque si nos fixamos ben no seu elaborado traxe, podemos comprobar que nas súas máscaras todos levan animais!

Así pois, puxémonos a ver diferentes imaxes e a identificar que animais aparecían nelas:



 E tamén creamos as nosas propias máscaras, poñendo en cada unha o animal que máis nos gustou:



 Descubrimos de todo...animais que xa traballamos como os domésticos e os da granxa, e animais que coñecíamos pero dos que aínda temos que coñecer moitas cousas máis, como é o caso dos animais salvaxes! E foi así como abrimos un novo camiño:

Adentrámonos no mundo dos animais salvaxes!

Na nosa primeira sesión comezamos co visionado dun video:


 E acto seguido tocou: actividade de discriminación visual:


 Algúns dos animais vémolos perfectamente..outros en cambio, están máis agochados, atoparémolos????


 Pois si, e resulta que hai tantos coma nen@s na nosa aula! Escribimos os nomes, analizamos cales con máis longos e cales máis curtos, falamos das cousas que coñecemos de cada un deles e... deixamos todo no aire, para continuar a semana que ben!

Que nos estará agardando?

Ata a semana!









Story time!

Esta semana, paras seguir traballando no noso proxecto: "Protexe os animais", a teacher contounos un conto que se titula "Brown Bear, Brown Bear, What do you see?".

Despois da lectura, fixemos un xogo chamado: "Heads and tails", onde tíñamos que ir formando os diferentes animais que apareceron no conto:


E finalmente, para demostrar o atentos que estivemos e o moito que aprendemos...coloreámolos todos nunha actividade impresa, onde ademáis tíñamos que recoñecer as cores en inglés:
  


Deixámosvos un vídeo co conto cantado. Enjoy!


See you next week!