sábado, 25 de mayo de 2019

School garden

Xa inmersos na primavera damos comezo a un novo proxecto: un horto escolar!
Pero antes de nada familiarizámonos co tema a través dun conto e creamos o horto dos nosos soños en papel:




Alumnado e profes estamos realmente emocionados con esta nova aventura e traballamos arreo para preparalo. Agora é labor de tod@s coidalo moito.

A teacher Bea e a profe Isa foron as primeiras en tomalas riendas preparando o terreo e poñendo todo a punto para a plantación. 



O alumnado da Granxa dou o seguinte paso: unha plantación de froitas e verduras: lettuce, tomatoes, strawberries, grapes, raspberries and peppers.


Para ilo, tivemos que facer buratiños coa axuda dunha pequena pala, metela planta e cubrila con terra presionando un pouquiño:






Unha vez tíñamos todo listo, tocou regar, pois este é un dos aspectos máis importantes para conseguir os froitos:


Para non esquecer de que é cada planta, decidimos facer uns carteis identificativos:


                       

                                         





E para que o noso horto quedara aínda moito máis definido, puxémoslle un cerrado de madeira:

 


A que nos quedou chulo? Estamos seguros de que imos aprender moitísimas cousas coidandoo.
De feito xa comezamos. Cada día rexistramos nun caderno, as novidades do noso horto: o tempo que fai, os animais que atopamos, a aparición de flores ou froitos, a recolleita...

          

Esta semana tivemos a aparición estelar dunha toupa que nos tirou con algunhas prantas de fresas e de pementos...


As profes cremos que está ben que pasen estas cousas, xa que nos da pé a reflexionar entre todos e aprender a solucionar os problemas que van xurdindo....Porque ningún sabe tanto coma todos nós xuntos!

A toupa xerou un interesante debate sobre a importancia de non matar aos animais que atopamos, xa que todos cumpren a súa función.
Sabíades que as abellas (ademáis de proporcionarnos o delicioso mel) son as polinizadoras máis importantes do planeta? Un 70% das colleitas mundiais depende enteiramente ou en parte do seu labor!
Tamén as lombrices (habituais no noso horto) incrementan a cantidade de nutrientes no chan e traballan como aradoras naturais, o que facilita que a auga e os nutrientes cheguen ás raíces das plantas.


Outros amigos do noso horto, os caracois, controlan o crecemento excesivo das plantas e axudan a reciclar a materia orgánica, facendo que sexa máis rico.

É moi importante aprender a tomarnos todos estes percances con humor, polo que a teacher contounos un conto que nos encanta: "The story of the little mole who knew it was none of his business".

No seguinte enlace podedes velo:


Non pensedes que isto queda aquí, xa que a nosa intención é continuar ampliando a nosa hortiña! De feito tamén fixemos algunha plantación na aula que proximamente será transplantada, deixámosvos algunha pista...de qué se tratará?




Para rematar, deixámosvos cunha anécdota, pois ben se sabe que mentres a xente traballa no horto, prodúcense moitas conversas, e esta vez, unha das nosas compañeiras contounos que a súa "cat" está embarazada e claro.... non nos puidemos resistir a facer unha aposta: Cántos "kittens" pensades que vai ter?


See you soon, raccoon!






viernes, 10 de mayo de 2019

Fruit and vegetables


Esta semana aparcamos (temporalmente) os animais para traballar un novo contido: fruit and vegetables. Aínda non o desvelaremos, pero é a antesala dun novo proxecto que nos ilusiona moito! 😊
Comezamos buscando as froitas pola aula, xa que a teacher nolas agochara 👿.
 Foi moi divertido! Finalmente fixemos o conteo do noso botín.




Tamén estivemos repasando todas as fruits que sabemos ata o de agora, e clasificámolas por cores.



Rematamos como nos gusta: cunha canción! Esta é dunha "fruit party" moi animada! 
Esperemos que vos guste tanto como a nós!




Bye, bye, butterfly!



Imaxinación


Esta vez tocou deixar voar a imaxinación.

A actividade é moi sinxela, só precisamos pintura, as nosas mans e moita imaxinación!

Comezamos enchendo as nosas mans de pintura de dedos (cada un elixe a cor que prefira e si non a temos...mesturámolas e conseguímolas).


Despois, deixamos a nosa pegada nunha lámina.

E xa só nos queda usar a nosa imaxinación para  transformar esas pegadas en animais!


Esta vez decantámonos por animais que viven ou aos que lles gusta moito o mar, as lagoas, as charcas...O resultado foron peixes de cores, cisnes, flamencos, polbos....


Quedaron moi chulos!

Agora poñémoslle o noso nome e.....temos novos identificativos para os nosos casilleiros!


Imaxinade e soñade, nunca o esquezades!! ;)




viernes, 3 de mayo de 2019

Indagando na natureza


Esta semana continuamos indagando na natureza e para ilo fomos de excursión.
O noso destino? O centro de interpretación dos ecosistemas litorais de Galicia (CIELGA).

O primeiro que fixemos foi ver un pequeno vídeo resumo do sitio no que nos atopábamos e de todo o que alí íamos a poder ver.

A continuación, un dos guías levounos ata o museo e alí aprendemos moitas cousiñas:

- Nunha maqueta pudemos observar, a vista de paxaro, a espectacular paisaxe na que nos atopamos.


 A través de pistas, fomos descubrindo os animais que habitan no lugar:


Anda! Como son as cousas...será esta a curuxa Maruxa que nos visitou  a semana pasada con Fran?


- Observamos tódalas cousas que podemos atoparnos na area das praias, moitas delas xa as coñecíamos como por exemplo: os cangrexos e as cunchas pero hai outras que nos chamaron moito a atención:


Vedes os ovos? Resulta que son dun paxariño chamado "píllara".Este paxariño fai o seu niño na area e alí deposita os seus oviños. Pero claro, isto é un pouco perigoso xa que outros animais poden ir roubarllos.. Cómo non queremos que iso pase, a solución é poñerlle unha pequena rede arredor para así protexer o niño, así que ollo si ides á praia! mirade ben onde pisades!

Tamén fomos paseando pola beira da praia e ao longo de todo o camiño, descubrimos a diferente flora: árbores, toxos, cardos, maios, silveiras... En cada paso que dábamos, facíamos un novo descubrimento. Ata atopamos piñas roidas por esquíos!


Para rematar a visita é como premio ao noso bo comportamento, recibimos un agasallo que nos vai a axudar a seguir ampliando os nosos coñecementos sobre a natureza.


Cada vez temos máis clara a  importancia de coidar o medio no que vivimos, pois nel habitan infinidade de seres vivos, e si queremos que isto continúe a ser así.....

abre ben as orellas porque todo depende de ti!


Ata a semana!

The rainbow fish


Esta semana en protexe os animais seguimos mergullándonos no fondo do mar. 
A teacher contounos un conto no que o protagonista é un peixiño. Coñecedes o conto do Rainbow fish?

Encantounos!

E con él aprendemos algo moi importante: "A felicidade é dobre cando a compartimos".

Que fermosa mensaxe.


Deixámosvos un video por si queredes velo na casa:



Blow a kiss, goldfish!