O noso destino? O centro de interpretación dos ecosistemas litorais de Galicia (CIELGA).
O primeiro que fixemos foi ver un pequeno vídeo resumo do sitio no que nos atopábamos e de todo o que alí íamos a poder ver.
A continuación, un dos guías levounos ata o museo e alí aprendemos moitas cousiñas:
- Nunha maqueta pudemos observar, a vista de paxaro, a espectacular paisaxe na que nos atopamos.
- A través de pistas, fomos descubrindo os animais que habitan no lugar:
Anda! Como son as cousas...será esta a curuxa Maruxa que nos visitou a semana pasada con Fran?
- Observamos tódalas cousas que podemos atoparnos na area das praias, moitas delas xa as coñecíamos como por exemplo: os cangrexos e as cunchas pero hai outras que nos chamaron moito a atención:
Vedes os ovos? Resulta que son dun paxariño chamado "píllara".Este paxariño fai o seu niño na area e alí deposita os seus oviños. Pero claro, isto é un pouco perigoso xa que outros animais poden ir roubarllos.. Cómo non queremos que iso pase, a solución é poñerlle unha pequena rede arredor para así protexer o niño, así que ollo si ides á praia! mirade ben onde pisades!
- Tamén fomos paseando pola beira da praia e ao longo de todo o camiño, descubrimos a diferente flora: árbores, toxos, cardos, maios, silveiras... En cada paso que dábamos, facíamos un novo descubrimento. Ata atopamos piñas roidas por esquíos!
Para rematar a visita é como premio ao noso bo comportamento, recibimos un agasallo que nos vai a axudar a seguir ampliando os nosos coñecementos sobre a natureza.
Cada vez temos máis clara a importancia de coidar o medio no que vivimos, pois nel habitan infinidade de seres vivos, e si queremos que isto continúe a ser así.....
abre ben as orellas porque todo depende de ti!
Ata a semana!
No hay comentarios:
Publicar un comentario