domingo, 26 de mayo de 2019

"Ioga animal"


Na nosa escola gústanos moito relacionar conceptos e quen pense que entre ioga e animais non hai relación....estache ben equivocado!
Vémolo?

Antes de nada, gustaríame contarvos o motivo polo que o practicamos. Os beneficios son moitísimos:

A nivel físico desenvólvense os músculos motores, adquírese maior flexibilidade, mellóranse os hábitos posturais, estimúlase a circulación...
A nivel psíquico disminúe o estrés acadando calma e tranquilidade,  mellora  a concentración e a atención, foméntase o desenvolvemento da imaxinación...

Como vedes, todo son aspectos moi positivos.

E indagando na historia do ioga, podemos atopar centos de posturas diferentes, moitas delas relacionadas cos animais, sendo este o motivo polo que o incluímos no noso proxecto de "Protexe os animais".
Imos alá!

Cada semana, ao rematar a nosa clase de psicomotricidade, adicamos uns 20 minutos ao ioga. Esta semana, aproveitando o bo tempo que tivemos, saímos a dar a clase fora.
T
Tocábanos un ioga moi animal! 

Comezamos facendo a mariposa:
xuntamos as plantas dos pés e axitamos as pernas como si foran as súas ás. 


O gato: Víchedes algunha vez a un gato enfurruñado? Arquean a súa espalda que parece que en calquera momento vaiselles a dobrar.


O can: si dende a posición do gato, apoiamos os pés na esterilla elevamos o cú, xa o temos!


A cobra: Si agora apoiamos a nosa panza na esterilla e coas mans tentamos separarnos dela...seremos auténticas cobras.



O camelo: esta é ben díficil...hai quen nos pode confundir con lagartos tomando o sol.


A : moi sinxela. Rebotamos sobre os nosos xeonllos pero sin levantar os pés do chan.


E para rematar... a abella. Sentados coma indios, ollos pechados, mans nas orellas e....



dádelle ao play!


Unha palabra máxica e que cosquilleo tan gustosiño nos oídos 😊

E despois desta gran dosis de relaxación e o corpo desentumecido... xa estamos listos para continuar coas nosas aventuras na Granxa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario