viernes, 10 de mayo de 2019

Imaxinación


Esta vez tocou deixar voar a imaxinación.

A actividade é moi sinxela, só precisamos pintura, as nosas mans e moita imaxinación!

Comezamos enchendo as nosas mans de pintura de dedos (cada un elixe a cor que prefira e si non a temos...mesturámolas e conseguímolas).


Despois, deixamos a nosa pegada nunha lámina.

E xa só nos queda usar a nosa imaxinación para  transformar esas pegadas en animais!


Esta vez decantámonos por animais que viven ou aos que lles gusta moito o mar, as lagoas, as charcas...O resultado foron peixes de cores, cisnes, flamencos, polbos....


Quedaron moi chulos!

Agora poñémoslle o noso nome e.....temos novos identificativos para os nosos casilleiros!


Imaxinade e soñade, nunca o esquezades!! ;)




No hay comentarios:

Publicar un comentario