lunes, 23 de marzo de 2020

Nova proposta!



Un día máis é un día menos! Ánimo familias! 💪🍀

Hoxe traiovos unha proposta para comezar esta segunda semana de confinamento, preparados? Imos aló!

Nas aulas de Educación Infantil, estamos acostumados a comezar o día ca elección dx encargadx. Un papel moi importante, xa que as funcións maís importantes do día, recaen sobre a súa figura e polo tanto, ten que ser un modelo a seguir.

- Para levar a cabo a súa primeira tarefa, precisará un calendario (estou segura de que todxs contades con un). Con él traballamos contidos tales como a secuenciacións, a recta numérica, os conceptos de onte-hoxe-mañá, os días da semana, os meses, as estacións...etc.
Que vos parece si esta vez o empregades para facer unha conta atrás? Podemos ir riscando os días que faltan para que todo isto pase...de momento falan do 11 de abril, pois marquemos ese obxectivo.

- Por outra banda, recordádelle que xa cambiamos de estación, ahora atopámonos na primavera, ensinádelle diferentes imaxes da nova estación (flores, paxariños, froitas...) xunto con outras que se relacionen cas estacións que xa pasaron (paraugas, choiva, bufanda...). A tarefa será, relacionar cada imaxe coa estación correspondente.


- Seguinte tarefa: Hoxe x encargadx pon a mesa! 


Sodes conscientes de todo o que estamos traballando con esta sinxela tarefa? Vocabulario, reconto, orientación espacial, reparto, autonomía...
Por suposto ao acabar de xantar, pode axudar a recoller e a colocar cada cousa no seu lugar... De seguro mentres o fai canta esa cancionciña que tanto empregamos no cole que dí:
🎵🎵 A recoller, a ordear,cada cousiña ao seu lugar.... 🎵🎵


- Continuamos: Hoxe podemos facer unha composición artística empregando elementos do contorno (si tendes xardín ou horta: follas, flores, algunha pluma que se lle caera a algún paxariño, pedriñas, paus...)  ou da vida cotiá (palillos, algodóns, a tona dunha laranxa, tapóns de botellas...). Deixade que cada quen deixe voar a súa imaxinación. As composicións serán espectaculares.



- Seguinte tarefa: Creamos a nosa propia: 


Qué vos parece na hora da merenda? Podedes plantexalo con algo así como:

 Si a merenda queres papar, as pistas antes terás que atopar!

Escribide varias notas e agochadeas pola casa. Cada unha terá anotada unha pista ou unha proba que xs nenxs terán que pasar para conseguir atopar a merenda.
Deixovos algúns exemplos:

Pista1: Atopa 5 zapatos diferentes.
Pista 2: A seguinte pista atoparás si nunha maceta vas mirar.
Pista 3: Nomea 6 cousas de cor verde.
Pista4: A seguinte pista conseguirás si unha canción sabes entonar.
Pista5: Entre os peluches atoparás a pista6, corre e verás.
Pista 6: 20segundos saltando a pata coxa.

(E así, todas as que queirades...A última delas, indicará donde está a merenda: na neveira, nun caixón, dentro da mochila do cole...).

Pasaredes un moi bo rato e de seguro vos reiredes.


-Última tarefa:  Hoxe a cena fagoa eu! 

Si hai algo que por excelencia soe gustarlle aos máis pequenos é....a pizza! 
Agora que temos tempo, preparade a masa e deixade que eles mesmos fagan a súa pizza cos seus ingredientes favoritos.
Sentiranse super maiores!


Isto é todo por hoxe!
Agardo pasedes un día entretido! 😊
Un saúdo!






jueves, 19 de marzo de 2020

Especial coronavirus


Hoxe o avoíño Rancañán asoma polo blog para falarvos a todxs do coronavirus.

Como ben sabedes, o avoíño está dentro dese grupo ao que chaman "persoas de risco" e ao igual que todxs vos, él tamén queda na casa.

Nestes día estase a enterar de que moitxs nenxs da comarca tendes un montón de dúbidas acerca do que está pasando e por iso vos quere axudar.

Fai uns días deixei por aquí o enlace a un conto sobre o coronavirus (por si non víchedes, aquí o tendes de novo):



Pero hoxe traio outro diferente. Neste explícase o motivo de por qué temos que ficar na casa.
 Tanto o avoíño como eu, estamos seguros de que moitos non entendedes esta medida, enfadadesvos con mami e con papi porque non vos levan ao parque e de seguro que aínda que preguntedes...non vos contan demasiado.
Pois, pinchade aquí, que con este CONTO titulado "Misión quedarse en casa", seguro que resolvedes todas as dúbidas:


(Papis e mamis podedes imprimir o conto para que xs nenxs o pinten e para recortar a medalla do final).

Xa sabemos que é iso do coronavirus, tamén coñecemos o motivo polo que temos que ficar na casa, pero...qué máis podemos facer? 

Qué vos parece un XOGO? Aquí tendes as instruccións:


Con este xogo concienciaremos axs nenxs da importancia de lavarse as mans durante este confinamento (Ollo! despois tamén 😅).

Máis cousiñas...

Todo se aprende mellor con... MÚSICA!! E hoxe traiovos unha canción moi axeitada:

"Quédate en casa".


Ademáis de cantala tamén podemos bailala! 
Que divertido bailar en familia!! E que bo para xs nenxs traballar a coordinación de movementos e o ritmo 😉.

Xa como última recomendación para hoxe...
Non deixedes de visitar en youtube os VIDEOS deste mestre: Diego Ricón.

Como si dunha misión científica se tratara, Diego propón unha serie de actividades (capítulos diarios) para facer na casa, que nos axudarán a conseguir unha serie de "corona puntos" e así poder efectuar unha cura para volver a saír á rúa, voltar ao cole, xogar no parque...

Aquí vos deixo o primeiro:




Agardamos vos resulten prácticas as propostas de hoxe!


Un saudiño e a coidarse!! 😘











martes, 17 de marzo de 2020

Sorpresa dende a antártica!


Esta vez na nosa aula recibimos unha moi grata sorpresa da man do noso amigo Pepe.
Pepe, que hoxe estaba xoguetón, propúxonos un xogo para descubrir quen é o seu mellor amigo e contounos o seguinte:

- Vive na antártica, un lugar no que hai moitos bloques de xeo e q no que fai un frío terrible. Está cuberto de plumiñas brancas e negras pero non pode voar, só planear. Encántalle nadar e bucear e o que máis lle gusta comer son os peixiños e os calamares...
Sabedes xa de que animal está a falar?

Efectivamente, un pingüín! Concretamente Skipper!
Skipper vive ca súa familia pero últimamente andan un pouco preocupados xa que a contaminación está ameazando o seu fogar.  Co fin de que o axudemos, a Skipper ocurréuselle algo....que xs nenxs da nosa aula apdriñemos/amadriñemos a un dos seus familiares....e nós que somos moi de axudar...que pensades que fixemos???
 Mans a obra!

Foi tan doado....Entre todxs pensamos un nome, fixemos propostas e unha votación. Rexistramos todos os datos e sabedes cal foi o nome elexido?

BENITO.



Despois solicitamos o noso apadriñamento (unha proposta do exército de terra-ministerio de defensa para que todxs nos comprometamos a coidar o planeta e así os pingüíns podian voltar a súa illa de orixe):



Skipper púxose tan contento que nos mandou algo:



Unha caixa con fotos da súa vida na Antártica (nunha ata sae Pepe cando viaxou ata alá), plumas de pingüín, neve e...un anaquiño de iceberg metido nunha botella!).
Para explicarlle aos nenos o que fai a contaminación na Antártica empregamos a botella:


Primeiro tocárona para notar o xeo e puderon comprobar que está moi pero que moi frío e moi duro. Despois deixámola nunha mesa ata o día seguinte e cando chegamos...o xeo derretírase! Non quedaba nada.
 Este experimento axudounos a concenciarnos do importante que é coidar o planeta. Por iso, na nosa clase levamos a cabo medidas como o reciclaxe, o aforro de auga...etc.

Unha das cousas que máis nos chamou a atención no paquete recibido, foi a neve. Pois no nosos pobo aínda que as veces fai moito frío, nunca chega a nevar. Skipper debeu de enterarse disto, porque uns días despois.....:


Recibimos unha caixa chea de neve. Xogamos a facer, bonecos, bolas... Foi moi divertido, eso sí de vez en cando tíñamos que descansar porque conxelábansenos as mans.

A mestra agasallounos cunha bolsiña chea de neve que puidemos levar para casaxunto co noso diploma de apadriñamento:


Como este tema nos gustou tanto, a profe púxonos un video para saber máis cousiñas sobre eles:


(Como nacen, que comen,como camiñan....)

Ademáis de todo isto, tamén tivemos tempo para ler un conto:


(Con este conto traballamos a confianza e a seguridade nun mesmo e o compañeirismo).

-Recitar poemas:



- Escoitar e aprender cancións:
(Repasamos os números, recoñecemos as partes dos pingüinos, camiñamos coma eles, bailamos e cantamos).








- E coñecer a Pingu! Un pingüino moi peculiar.



Ata a próxima entrada! 👋





lunes, 16 de marzo de 2020

En tempo de confinamento...eu quedo na casa.

Son moitas as familias que nos últimos días estannos a pedir axuda para coñecer o tipo de actividades que poden levar a cabo na casa cos nenos e nenas.
Pois ben, ahí van unha serie de propostas que de seguro vos poden axudar:

- Marcar un horario:
É moi importante que o alumnado non perda as súas rutinas diarias, por iso o máis axeitado e que fagades un horario (similar ao do cole) onde apuntar as actividades que tendes para cada día xunto co tempo que adicaredes a cada unha. Isto vailles axudar a estructurar a súa mente.

- Actividades relacionadas ca autonomía:
Este confinamento, convírtese no momento perfecto para ensinarlle aos máis pequenos as actividades da vida cotiá: lavar a louza, varrer, limpar os cristais, emparellar calcetíns.. deixade que o fagan eles mesmos! 
Isto implica tamén o feito de vestirse,cepillar os dentes, peitearse...Á diferenza de fai tan só uns días, agora non temos prisa! Non pasa nada si en vez de 5, lles leva 15 minutos.



- Conteo, comparación, clasificación:
Practicar estos conceptos na casa é moi doado: froitas, pinzas da roupa, fotos, ceras de cores, patacas....todo vale! 
Podemos contalas e anotar o número nun papel ao lado, ordealas de maior a menor, clasificalas por cores ou tamaños...




- Lectoescritura:
O mesmo pasa ca lectoescritura...Podemos buscar as letras do noso nome nos periódicos e revistas, botar fariña nun prato e escribir co dedo, empregar plastilina para facer letras...


                                                        




              

- Manualidades:
Empregade material de refugallo: botellas de plástico, cartóns, papeis de agasallo...e por suposto rolos de papel hixiénico (eses que estos días están tan  "de moda"). 

              



- Expresión plástica:
Debuxar é algo que por norma xeral,gusta. Podemos deixar que xs nenxs debuxen libremente ou proporlle o seguinte: mirar pola fiestra e debuxar o que ben, escoller algún elemento do xardín e recrealo, representar o xarrón con flores que hai no salón...
Para facelos poden empregar ceras, rotuladores, acuarelas...Con todas as súas creacións podemos montar un pequeno museo no corredor.

       


- Lectura de contos:
Podemos empregar os que temos na casa ou buscalos en youtube, onde podemos atopar contacontos de todo tipo e en diversos idiomas.
Gustaríame deixar o enlace a unha páxina onde podedes atopar e descargar un conto creado especialmente para que os máis pequenos entendan o que é o coronavirus:


Ademáis, en cada páxina, conta cunha serie de preguntas que nos van a axudar a conversar do tema cxs nenxs.

- Experimentos:
Mesturar potingues é o noso! Que vos parece levar a cabo unha sesión de ciencias na casa? Mestura de cores, slime caseiro,botellas sensoriais...

                


 

- Obradoiros:
Existen infinidade deles pero dous que soen gustar moito son o de COCIÑA: biscoitos, galletas, emplatados divertidos, bocadillos con diferentes formas... 



E o de XARDINERÍA: facer un pequeno horto, plantar diferentes sementes en botellas, facer un "crecepelos"..



- Xogos de mesa:
Un clásico! De seguro na casa tendes  un parchís, a oca, cartas, o 3 en raia, o dominó...Todos eles son unha opción estupenda xa que implican a búsqueda de estratexias, fomentan a atención, o conteo, a relación....



- Xogos de creatividade:
Por qué non facemos un concerto na casa? Podemos elaborar os nosos propios instrumentos, disfrazarnos coma os nosos artistas favoritos e cantar e bailar ata quedar esgotados.
Quedaredes abraiados si lles dades un caixón cheo de retais e complementos aos vosos fillxs..a creatividade non ten límites!

- Deporte:
Non esquezades que é importante practicar tamén algo de deporte, tanto si tendes un xardín, horta ou terraza,coma si non. Só temos que adaptarnos ao espazo.

- Xardín ou horta: Gincanas onde teñamos que ler pistas e atopar o que se pide, xogar a pilla, carreiras de sacos, o xogo do pano...
- Terraza ou interior: Ioga, pilates...







- Tecnoloxías:

Ollo con isto! Xs nenxs xa usan demasiado as tecnoloxías en situacións normais, polo tanto o meu consello é que agora,durante o confinamento, aproivetando que non dependemos de prisas nin dehorarios pechados, limitedes o seu uso, empregade só as tecnoloxías con fins educativos e non como mero entretemento. Aquí vos deixo unha opción:



Ata aquí as miñas propostas. 
Lembrade! A parte positiva de todo isto é o tempo que podedes pasar cos vosos fillxs! Ese do que a veces nos queixamos e que botamos en falta....Agora é o momento: xogos, conversas, risas.....en definitiva: momentos para o recordo!

Un saúdo! 🙋



















jueves, 9 de enero de 2020

O polo Pepe



Este ano o avoíño Rancañán foise de expedición, pois como sabedes é un avó moi intrépido que ten paixón polas aventuras. De seguro a súa volta, traerá mil e unha historias que contarnos. Como o seu fiel compañeiro, non podía viaxar con él, deixouno ao noso coidado. 
Preséntovos así, ao polo Pepe.


 Un poliño que ao igual que nós, este ano comezou á escola. 



Queredes ver todas as cousiñas que fixemos xuntos?


- Rutinas de encargadx:


Todxs somos poliños e poliñas. Os que están na escola colocarémolos no capoeiro e os que non, no niño.

- Ilustramos o noso propio conto de "O polo Pepe vai á escola":

 

En cada páxina, levamos a cabo unha actividade diferente e traballamos contidos relacionados coas texturas, as formas, os sabores, o conteo...

- Elaboramos unha guía sobre polos e galiñas:




Agora somos uns expertos na materia!

- Libro viaxeiro:

O polo Pepe cada venres vaise de excursión cun dos nosos compañeiros e compañeiras. Pasan xuntos toda a fin de semana e deben plasmar neste caderno todas as aventuras que viven xuntos.


O luns é un día moi importante, todxs estamos moi impacientes por saber o que fixeron, a que xogaron, que aprenderon.... Por iso abrimos moi ben as orellas e escoitamos o que teñen que contarnos (se queremos tamén podemos facer preguntas! Iso sí, sempre temos que levantar a man e gardar o turno).


A bolsa na que viaxa o polo Pepe, estase enchendo de agasallos. As familias pasárono tan ben con él e senten tanta estima que técenlle mantas de lá, fanlle disfraces de superhéroe e superheroína...

Xa para rematar..
Nun proxecto sempre está ben incluir contos e cancións, aquí vos deixamos algunhas das que máis nos gustaron: