jueves, 14 de febrero de 2019

Eu "love" a miña escola!


Na nosa escola sabemos que o amor é algo que debe manifestarse cando un o sinte, independientemente do día do ano que nos atopemos. Aínda que ben certo é que ese tal "Valentín" faise notar cada 14 de febreiro.

O que temos clarísimo é que o amor pódese repartir entre todo aquelo que nos fai sentirnos ben: amor polas nosas familias, @s nos@s compañeir@s, as nosas mascotas, o noso pobo, @s nos@s mestres e incluso amor por nós mesmos!

Por iso non quixemos deixar pasar a ocasión de elaborar un agasallo para aquela persoa que cada un elixiu: un papá, unha mamá, un avó, un irmán, unha curmá....etc.

Este foi o resultado:

As nosas flores con mensaxe



Cada un foi o encargado de elaborar o seu propio diseño, escribir a mensaxe, recortar con moito coidadiño e facer o tan fermoso packaging....Polos sorrisos dos destinatarios: todo un éxito!

Esperamos que vos gusten tanto como a nós!


No hay comentarios:

Publicar un comentario