viernes, 22 de febrero de 2019

Imos máis alá...

Na nosa escola levamos xa un tempo investigando e aprendendo cousas sobre os animais domésticos e esta vez, demos un pasiño máis alá.
Seguramente todos sabedes que os animais domésticos son aqueles que conviven connosco nun fogar e cos que compartimos moitos momentos do noso día a día: xogamos, coidámolos, alimentámolos, paseamos...etc.
Pero algunha vez nos paramos a pensar nas cousas que fan eles por nós?
Pois hoxe ese foi o noso obxectivo! Fixemos unha gran asamblea sobre o tema e empregamos as TICS para buscar información sobre todo o que falamos e polo camiño descubrimos moitas cousiñas MOI importantes:

1- SOIDADE

 

Son moitas as veces en que tod@s nos sentimos tristes, e un bo remedio para sanar esa dor que temos no corazón pode ser a compañía dunha mascota. E o mesmo pasa, cando por diferentes circunstancias, nos sentimos sos. 
A súa presenza, fai que nos sintamos moito mellor. Falamos con elas, agarimámolas e na maioría dos casos tamén recibimos unha carantoña da súa parte (a modo de lingüetazo) e todos estivemos dacordo en que, cando isto sucede, o noso corazón empeza a sorrir.

2- PROBLEMAS DE SAÚDE


Sabiades que hai moitos animais que poden axudarnos si temos algún problema de saúde? Pois si, hai moitos casos e tamén hai moitos animais que nos poden axudar: cabalos, coellos, gatos... Pero sin dúbida, un moi bo exemplo son os cans guía. Sabedes cal é a súa labor? Estos cans, están adiestrados para  axudar as persoas con deficiencia visual grave nos seus desplazamentos, mellorando así, a súa autonomía!  

3- PROFESIÓNS:


Ahora igual alucinades un pouco, pero....hai animais que axudan as persoas nas súas profesións! Por exemplo: os cans policía. Non, non...eles non levan esposas, pero o seu olfacto é moi mellor que o noso e son capaces de rastrear lugares ata atopar o que está agochado. Como nos gustaría ter un can profe! para que nos axudara a aprender máis cousiñas na escola! 😋

Son tantas as cousas boas que unha mascota pode facer por nós que non entendemos como as veces, hai xente que se porta mal con elas, algo ao que lle chaman: MALTRATO ANIMAL. Para rematar o día e entender mellor o que é isto, vimos unha curtametraxe que nos encantou. 

Aquí a deixamos:


Nos, non podíamos quitar ollo..



Agardamos que vos guste tanto coma a nós!

Deica a semana!




No hay comentarios:

Publicar un comentario