En inglés continuamos o percorrido polo mundo animal, esta vez cos
animais da granxa. Como é o nome do noso cole e non podía ser doutra forma,
neste tema somos todos uns expertos e saíron moitos nomes! Só nos quedaba
sabelos en inglés (aínda que xa sabiamos algún). Estivemos falando deles e
sobre todo xogando moito, que é como nos gusta aprender!
Empregamos a ruleta máxica, xogamos a imitalos, a adivinar…
Tamén nos gusta
moito cantar… Deixámosvos con máis vídeos para que tamén vós aprendades os
nomes e os sonidos dos animais da granxa (algúns son moi diferentes e o noso
preferido é, sen dúbida algunha, o do rooster!)
Bye bye,butterfly!
No hay comentarios:
Publicar un comentario