viernes, 8 de febrero de 2019

Porque xogando, tamén se aprende!

Na escola da Granxa, temos moi claro que o xogo e a aprendizaxe van da man e que resulta moito máis doado aprender novos contidos cando os mesturamos cos aspectos máis lúdicos.
Así pois, neste caso, dentro de "Protexe os animais", os xogos tamén teñen cabida e empregamos aqueles máis cotiás xunto cos máis modernos:

MEMORY:
A un lado as imaxes e ao outro o seu nome. Seremos capaces de recordar donde está cada un para conseguir formar a parexa? 
O obxectivos deste xogo son repasar os animais que fomos aprendendo, asociar imaxe e palabra e fixar a atención:


PUZZLES:

A través dos puzzles o alumnado non só pon en práctica a asociación senón que tamén pon a traballar a súa imaxinación, pois podemos crear un "pato" ou un "patoruga" unha rá ou un "ragato":



XOGOS INTERACTIVOS:

Como nos gusta a tecnoloxía! Outro xeito de traballar os contidos de sempre pero dende un punto moito máis atractivo. Neste caso, buscamos as diferencias entre dúas láminas aparentemente iguais, identificamos os animais según as súas características, respostamos preguntas...






ROBÓTICA:

E que tal un pouquiño de robótica? Cunhas simples pistas debemos atopar o animal e facer chegar ao noso rato robótico ata él. Este xogo podémolo ir complicando pouco a pouco e aínda así, segue a resultar divertidísimo!





Deica o venres amig@s!






No hay comentarios:

Publicar un comentario